"ibn" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Segundo Sultán almorábide (1106-43). Fillo do conquistador de Marrocos, Yūsuf ibn Tašfīn, foi proclamado en Marraquex e nomeado amīr al-muslimīn, ben que recoñecía a preeminencia relixiosa do Califa abbássida. Unificou Al-Andalus e tomou as Balears e a cidade de Zaragoza. Afonso I de Aragón e Afonso VII de Galicia e León atacaron os seus dominios. O Reinado de ‘Alī foi turbado pola intransixencia dos intelectuais cara aos estudios filosóficos e do pobo e cara aos xuíces e aos mozárabes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e oculista árabe cristián. A súa obra Tak-Rirat al-ka ḥḥ ālīn (Memorándum de oculistas) tivo unha gran difusión en Occidente, onde ‘Alī foi coñecido co nome de Jesu Haly.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral árabe conquistador de Exipto. Converteuse ao Islam no ano 630. Durante o Califato de Omar emprendeu a conquista do Exipto, derrotou o exército bizantino en Heliopole (640) e entrou en Alexandría no ano 642. Foi nomeado Gobernador do Exipto e principiou a conquista dos portos norteafricanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe preislámico autor dunha das sete casidas que compoñen a antoloxía mu’allaqa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico árabe que acadou sona de asceta. En Basora foi discípulo de Hasan al-Basrī. Foi un dos primeiros mutazilitas, amigo e conselleiro do segundo Califa abásida, Almanzor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sexto Emir de Al-Andalus (721-726), nomeado polo Valí de Ifrīqiya. Despois de ser derrotado por Eudo de Aquitania, dirixiu dende Narbona unha expedición (725) na que conquistou Carcasona, Nimes e Autun, as dúas primeiras por capitulación pactada, polo que permanecían no cargo condal os godos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Abfi (? 525? - 615) Poeta e guerreiro da tribo dos Abs de Arabia central. Fillo dun nobre e dunha escrava abisinia, foi considerado escravo ata que conquistou a liberdade polo seu valor guerreiro na guerra que enfrontou, ao longo de corenta anos, as tribos Abs e Dsobian. Escribiu unha mu‘allaqa e un divan. Figura como heroe central na novela de cabalerías Sīrat‘Antar.
-
PERSOEIRO
Terceiro califa do Islam (644-656), xenro de Mahoma. Membro da familia omeia foi acusado por ‘Ā’iša de nepotismo e malversación dos botíns da guerra e asasinado por un irmán desta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe. Membro da tribo dos quraxitas, escribiu poesía amorosa erótica e urbana, afastada da visión mítica da muller. O seu “Diván de amor” é un dos poemas máis logrados da poesía árabe clásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valí de Al-Andalus (734-741), sucesor de ‘Abd al-Malik ibn Qatan al-Fihrī, baixo o califa Hišām ibn ‘Abd al-Malik. Durante o seu goberno continuaron as incursións musulmás na Galia. Recuperou Narbona (737), asediada polo exército franco de Carlos Martel e de volta, ocupou Pamplona.
VER O DETALLE DO TERMO