"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
-
Ave da familia dos anátidos, que presenta pico longo e afiado cos bordos en forma de serra, que poden habitar en augas doces, aínda que prefiren as salgadas.
-
Ave de aproximadamente 58 cm de lonxitude, que presenta patas e peteiro vermellos. As femias teñen a plumaxe marrón e branca, e os machos negra e branca, a cabeza verde e o papo dourado. Aniña no N de Europa, pero na Península Ibérica é unha invernante frecuente entre os meses de novembro a marzo, e pódese atopar ao longo de toda a costa galega.
-
Anátido de aproximadamente 40 cm de lonxitude. A plumaxe é branca e negra, pero a femia diferénciase do macho porque ten a parte superior da cabeza castaña e dorso cinsento. En Galicia, aínda que é excepcional a súa presenza, pode observarse no litoral e en encoros e lagoas do interior.
-
Ave de aproximadamente 66 cm de lonxitude, que presenta cabeza verdosa e plumaxe gris na parte posterior do lombo e negra e branca o resto no macho, e cabeza castaña e plumaxe agrisada na femia. Aniña no N de Europa, aínda que é raro que inverne en Galicia.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilamor (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.024 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar de Andaman, situado no golfo de Bengala e que pertence a Myanmar (25.450 km2). Consta dunhas 200 illas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se mergulla.
-
Persoa que, coa vestimenta e os equipos de respiración axeitados, se mergulla na auga para realizar unha actividade.
-
-
-
Meter algo ou alguén nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.
-
Facer que alguén se concentre por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.
-
Meterse nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.
-
Concentrarse por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.
-
-
-
Acción e efecto de mergullar ou mergullarse.
-
Especialidade deportiva de submarinismo que consiste en somerxerse na auga ata a máxima profundidade posible sen axuda de escafandro nin de equipo de osíxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
somorgullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter técnico aparecida en Valladolid en 1937. En xaneiro de 1938 trasladou a súa redacción á Coruña, onde se editou nos obradoiros tipográficos de Roel. Ao finalizar a Guerra Civil instalouse en Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que só pode ser visto mediante unha lupa ou un microscopio.
-
PERSOEIRO
Patriarca de Moscova. Coñecido como Pimen, foi consagrado bispo en 1957 e ocupou as sés de Odessa, Dimitrovgrad e Tula. Membro do Santo Sínodo, foi elixido metropolita de Leningrado e Ladoga (1961) e posteriormente (1963) de Kruticij e Kolomna. Representante oficial do Patriarca Aleixo (1970), en 1971 o sínodo da Igrexa rusa elixiuno patriarca de Moscova e de todas as Rusias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Pai de Andrej e Nikita Mikhalkov-Končalovskij, destacou polas súas poesías para nenos, ademais de por ser autor de obras de teatro e narracións (Tótágas, 1978) e da letra do himno da Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e actor cinematográfico. Coñecido como Nikita Mikhalkov e irmán de Andrej Mikhalkov-Končalovskij, compaxinou a dirección e a interpretación durante toda a súa carreira. Como director destacan Raba l’ubvi (A escrava do amor, 1976), Neokončennaja piesa dija mehamicskogo pianino (Peza incompleta para teatro mecánico, 1977, Concha de Oro no Festival de Donostia), Ochi chyornye (Ollos negros, 1987), Urga (1991, Leone d’Oro de Venecia e Premio Felix do cine europeo 1993) e Utoml’onnye solntsem (Queimado polo sol, 1994, Oscar á mellor película estranxeira 1995); e como actor participou en Solnste svetit vsem (O sol sae para todos, 1959), Vokzal dlya dvoikh (Estación de tren para dous, 1982) e Vera, nadezhda, krov’ (Crenza, esperanza, sangue, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Numismático. Foi historiador, orientalista e conservador da American Numismatic Society (Nova York). Desenvolveu un importante labor en numismática e arqueoloxía. Publicou os traballos fundamentais para a numismática medieval da Península Ibérica The Coinage of the Umayyads of Spain (1950) e The Coinage of the Visigoths of Spain Leovigild to Achila II (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de San Martiño de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts, no hospital da Harvard University e dirixiu o Laboratorio Thorndike do hospital de Boston. Das súas obras destacan Treatment of pernicious anemia by special diet e Pathological physiology and clinical description of anemias. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1934), xunto con Murphy e Whipe, polos seus estudos sobre o tratamento da anemia perniciosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. De nome Modesto Llosas i Rosell, foi o arquetipo de galán. Traballou con actrices de renome como María Félix, Sara Montiel, Sofía Loren ou Jacqueline Andere, sempre amosando o seu perfil de sedutor. Da súa filmografía destacan El emigrado (1946), Deseada (1951), Carmen la de Ronda (1959) e Diamantes, oro y amor (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Trasestrada (Riós). O seu cumio acada os 1.666 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. Nun primeiro momento, as súas novelas recolleron unha visión do tránsito da xente do campo a zonas industrializadas. En anos posteriores, o seu interese centrouse no fenómeno da emigración sueca cara a América. Destacan a súa triloxía sobre Knut Toring (1935-1939), onde analiza o sentido da liberdade, e as obras Rid i natt (Cabalgade esta noite, 1941), en que manifesta o seu sentimento antinazi; e Soldat med brutet gevär (Cando era un rapaz, 1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).
VER O DETALLE DO TERMO