"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Tecido claro e sutil de algodón que se emprega principalmente para facer mosquiteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador ucraíno. Profesor na Universidade de Petrogrado desde 1918, escribiu numerosas obras, entre outras, A clase obreira na Revolución Francesa (1909-1911) e Europa na época do imperialismo, 1871-1919 (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Fundador do Instituto Superior de Arte Dramática, que co tempo adoptou o seu nome, comezou a súa produción cun poemario, Verzen (1900). Escribiu dramas teatrais, como De vertraagde film (O filme retardado, 1922); e novelas, como María Speermalie (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Da súa filmografía salientan What s to Do? (1932), Poor Little Rich Girl (1936), Heidi (1937), The Little Princess (1939) e A Kiss for Corliss (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Foi abade de Fleury e arcebispo de Orléans (798 -821?). Protexido polos emperadores Carlomagno e Luís I, foi acusado despois de ter participado no complot do Rei Bernaldo de Italia contra Luís I. Na prisión compuxo o Gloria Laus, que entrou na liturxia do día de Ramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Deuse a coñecer con 18 Poemas (1934). A súa sona consolidouse con Twenty Five Poems (1936) e The Map of Love (1939), volume que inclúe tamén unha serie de narracións que reflicten o concepto de si mesmo como poeta e anticipan o volume autobiográfico Portrait of the Artist as a Young Dog (1940). Durante a Segunda Guerra Mundial escribiu un bo número de guións radiofónicos para a BBC. En 1946 publicou Deaths and Entrances, o seu libro definitivo. Autor dunha obra teatral, Under the Milk Wood (1954), Thomas popularizou a figura do poeta-profeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Presidente da comisión de climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), estruturou unha clasificación dos climas e interesouse pola evapotranspiración das plantas para delimitar as achegas de auga necesarias do solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana de banqueiros de Auvernia de onde era orixinario Benoit Tourlonias (s XVII). Giovanni Torlonia (? - 1829) fundou a banca Torlonia, adquiriu o ducado de Bracciano, o condado de Pisciarelli do príncipe Odescalchi (1803) e o principado de Civitella-Cessi do príncipe Palavicini (1813). Os seus dous fillos orixinaron dúas liñas: a liña ducal, formada por Marino Torlonia (? - 1860), primeiro duque papal de Pola e Guadagnolo (1847); e a liña principesca, comezada por Alessandro Torlonia (? - 1886), segundo príncipe de Civitella-Cessi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador e director dos xornais El Republicano, La Opinión Pública e El Nuevo Tiempo, cultivou a poesía e o drama. Da súa obra destacan Obra poética (1906), Estudios ingleses-estudios varios (1907) e Idola Fori (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudou electrónica cuántica, a estrutura molecular e nuclear, e radioastronomía. En 1954 inventou o máser, feito polo que recibiu o Premio Nobel de Física (1964), compartido con N. G. Basov e A. M. Prokhorov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e agrónomo inglés, vizconde de Townshend. Formou parte dos whigs, foi embaixador nas Provincias Unidas (1709-1711) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1721-1730). En1730 abandonou a política e retirouse ás súas posesións en Norfolk, onde aplicou os novos sistemas agrarios holandeses como a rotación de cultivos, a utilización de fertilizantes, o peche de campos ou a supresión do barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de transporte aéreo. Foi fundada en 1930 mediante a fusión da Western Air Express e a Trans Continental Air Transport. Participou directamente na construción do Douglas DC3 e do Constellation, primeiro avión de transporte intercontinental. A súa rede internacional cobre os cinco continentes. A partir de 1967 diversificou as súas actividades (absorción da cadea de hoteis Hilton e da de restaurantes Canteen Corp) e, despois dunha importante crise financeira, foi adquirida por American Airlines en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Minas Gerais, Brasil (570.042 h [estim 2004]). É un centro gandeiro e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante lírico. En 1866 conseguiu a praza de baixo na catedral de Santiago. Debutou en Florencia coa ópera La Africana. Destacou a súa interpretación nas óperas Norma, Hernani, Moisés ou Fausto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político letón. Xefe do consello nacional que proclamou a República de Letonia, foi primeiro ministro en tres ocasións (1919, 1925-1926, 1930-1932). Mediante un golpe de estado (1934), proclamouse dirixente e fíxose elixir presidente (1936). Ao ocupar Letonia as tropas soviéticas (1940), foi deportado á URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Audidacta de formación, comezou na fotografía de xeito casual na década de 1950. Crítico fotográfico nas revistas Arte Fotográfico e Nueva Lente, foi membro da Agrupación Fotográfica Lucense. A súa obra moveuse en tres eixes: a paisaxe galega, os tipos populares (oficios desaparecidos, a vida urbana/rural) e o retrato, tanto anónimo como de artistas recoñecidos, en que captou os momentos máis críticos do home. Participou no I Salón Galaico-Portugués e na I Fotobienal de Vigo (1984). Da súa obra destaca As viúvas do mar (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e asesor técnico en incendios e conservación da natureza da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Escribiu Forgoselo: espazo natural (1992), As Fragas do Eume (1993) e O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre conservación (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutorouse coa tese Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval. Filiación directa: el siglo XII (1981). Director do Museo de Pontevedra desde 1986, especializouse no estudo da arte medieval. Comisario de numerosas exposicións e colaborador de diversas publicacións, das súas obras destacan El monasterio de Armenteira (1977), La arquitectura cisterciense en Galicia (1982), Les Fondaments de l’architecture de l’ordre de Citeaux (1982) e Castelao e as cruces de pedra (1999). Ademais coordinou Imaxes da arte en Galicia (1991), Do tardogótico ao manierismo (1995) e Desde el cielo a Pontevedra (2003). Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, pertence a diversas academias e sociedades artísticas e históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor, irmán de Ramón Mª del Valle-Inclán. Licenciado en Dereito, foi avogado do Estado en Pontevedra (1892) e notario. Colaborou, xunto co seu irmán, na redacción de La Voz de Arosa e noutros xornais de Pontevedra e Santiago de Compostela. Adscrito ao movemento rexionalista, publicou Escenas gallegas (1894), chea de trazos costumistas e realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO