"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena. Dirixiu o Teatro de Cámara de Zaragoza (1966-1969), foi profesor da Real Escuela Superior de Arte Dramático (desde 1976) e catedrático de Dirección de Escena (desde 1989). Como director de escena cómpre salientar os espectáculos La vengadora de las mujeres, Los veraneantes ou La Mojigata. Como investigador ten publicado diversos estudios sobre R.M. Valle-Inclán, B. Brecht, F. García Lorca, V.E. Meyerhold, ademais de traballos sobre política teatral, como o volume Teatro, realismo y cultura de masas (1974), ou de estudios colectivos, como Autoras en la Historia del Teatro Español e Directoras en la Historia del Teatro Español. Foi un dos fundadores da Asociación de Directores de Escena de España e impulsou proxectos, como a celebración de congresos e seminarios ou a edición de estudios e textos dramáticos, así como a revista ADE/teatro. Ten colaborado con publicacións como Triunfo, Cuadernos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (514-523). Estableceu a professio fidei, denominada tamén fórmula de Hormisdas (519), que propuña unha volta á doutrina dos concilios de Nicea e Calcedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento de tricoma situado entre dous heterocistos, nas esquizoficias, que pode actuar de propágulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia orgánica de diversa natureza de acción inhibidora ou activadora, específica da función de determinados tecidos. Son producidas en pequenas cantidades polas glándulas e segregadas ao medio interno a través do torrente sanguíneo (en animais) ou do zume (en vexetais). As hormonas actúan regulando a actividade dos órganos ou tecidos, sobre o metabolismo duha substancia ou ben interveñen no crecemento ou na diferenciación. Constitúen un sistema de regulación que, xunto coa regulación nerviosa e en relación con ela, mantén o complexo equilibrio que representa as moitas relacións que existen dentro dun organismo formado por moitas células e órganos. Segundo a natureza química das hormonas, pódense clasificar en tres grupos: as hormonas esteroides, as derivadas de aminoácidos e as peptídicas. Nos invertebrados atópanse hormonas que interveñen no crecemento, a metamorfose, a reprodución, etc. Nos cefalópodos e os crustáceos hai hormonas que producen cambios de cor. Nos insectos foron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás hormonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratar con hormonas a unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da terapéutica que trata da administración de hormonas con finalidades terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (71.193 km2; 1.204.388 h [estim 2001]). A súa capital é Bandar ‘Abbās.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reforming catalítico no que a reacción ten lugar en presenza de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos dípteros, da familia dos califóridos, moi semellantes á mosca doméstica, duns 11-13 mm de lonxitude, de cor negra, patas amarelas e boca sen trompa. As femias poñen os ovos sobre a pel dos bois e das vacas, e as larvas, ao nacer, provocan tumores purulentos. Son comúns en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa española fundada en 1880 por cristiáns disidentes da Igrexa de Roma, dirixidos por Joan Baptista Cabrera i Ibarz. Forma parte da Comuñón Anglicana, coa que comparte tradicións, orde e plena comuñón, aínda que ten características propias pola súa condición de española. Rexeita as doutrinas e prácticas alleas á Biblia, mantén a tripla orde do ministerio (bispos, presbíteros, diáconos), segue a liturxia hispánica, administra o Bautismo e a Cea do Señor como sacramentos, e celebra sínodos cada dous anos, formados polos ministros e polos membros das igrexas locais, elixidos nas súas congregacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Académica e profesora. Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, é membro da Real Academia de la Historia (1989) e da Real Academia de la Lengua (2000). Obtivo o Premio Nacional de Periodismo, e o Premio Nacional de Historia de España (2000) pola obra Símbolos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Participou no mundo literario madrileño da época, e colaborou en diferentes xornais e revistas. Da súa obra cómpre salientar Horas trágicas de la historia (1910), Los aventureros del gran mundo (1911), En los campos de batalla e La guerra de las naciones (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de impermeabilizar unha tea para impedir o paso dun fluído a través seu. Pode efectuarse aplicando sobre o tecido unha disolución de caucho, gutapercha ou látex, ou ben con materiais sintéticos, vernices, aceites secantes ou derivados da celulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que impermeabiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer impermeable algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non permite o paso dun fluído a través súa.

    2. Prenda de vestir feita con material impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode permutar.

    2. Aplícase a cada un dos sons que non se manifesta en contextos idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO