"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstitución do apéndice nasal mediante unha intervención cirúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
epistaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluxo abundante, secreción esaxerada das mucosidades nasais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección infecciosa crónica do nariz e da nasofarinxe, caracterizada pola neoformación dun tecido inflamatorio que fai aumentar o tamaño do nariz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame visual das fosas nasais, ben polo nariz (rinoscopia anterior), ben pola farinxe (rinoscopia posterior).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espéculo nasal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diérese endonasal practicada para descubrir a parte anterior das fosas nasais.
-
PERSOEIRO
Escritora alemá. Considerada o máximo expoñente da novela feminista do s XX en Alemaña, das súas obras destacan Mitte des Lebens (A media vida, 1950), Der Sündenbock (O chibo expiatorio, 1950), Die wollkommene Freude (A ledicia perfecta, 1962), Silberschuld (1987) e Abaelards Liebe (O amor de Abelardo, 1991), ademais de diversos contos, libros de viaxes, diarios e memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor finlandés. De contido moralista, é autor, entre outras novelas, da triloxía Munnoni ja Mannerheim (Miña avoa e Mannerheim, 1960-1962). Moitas das súas obras foron levadas ao cine, como Pojat (1962), Sissit (1963) e Laukaus tehtaalla (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Elaborou unha filosofía dos valores e da historia como proceso de realización destes. Fronte ao finitismo das filosofías contemporáneas, propuxo unha filosofía do espírito, da persoa e da transcendencia. Escribiu Das philosophische Wertproblem (O problema filosófico dos valores, 1932), Dämonie des Willens (O carácter demoníaco da vontade, 1947) e Philosophie der Endlichkeit als Spiegel der Gegenwart (A filosofía da finitude como espello do presente, 1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Foi autor dos libretos das óperas Dafne (1594), Euridice (1600), Arianna (1608) e Il ballo delle Ingrate (1608). En 1622 apareceu o seu volume póstumo de Poesie.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Roberto Mariño Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector téxtil creada por Manuel Roberto Mariño Fernández en 1982. Abriu a primeira tenda en París en 1983, alcanzou o mercado xaponés en 1989 e o luso en 1999. En 1997 presentou a súa primeira colección masculina. Diversificou os produtos que vende baixo a súa marca, como a produción de fragancias, a feminina en 1992 e a masculina en 2000, gafas (1997), viños (1997) e interiorismo (2002).
-
PERSOEIRO
Patinadora. Entre 1969 e 1980 ocupou o primeiro lugar da patinaxe sobre xeo mundial. Primeiro formou parella con Alexei Ulanov co que foi campioa de Europa e do mundo de parellas entre 1969 e 1972, ademais de gañar o título olímpico en Sapporo (1972), e despois con Alexander Zaicev co que obtivo os títulos continentais e mundiais entre 1973 e 1980, e os olímpicos de Innsbruck (1976) e Lake Placid (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Trini Barreiro, realizou bodegóns, paisaxes e motivos florais nos que explorou todas as posibilidades do impresionismo. As súas obras destacan polas cores brillantes que se reflicten nos xogos de luz das mariñas e bodegóns e nas sombras e luces das paisaxes. Ten obra en diversas coleccións privadas e públicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e investigador. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, en Mondariz realizou labores humanitarios como médico. Colaborou na prensa local e publicou o traballo histórico El Santuario de Nuestra Señora de la Franqueira (1941). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista. Coñecido como Prince e desde 1997 como The Artist conxugou o soul e o rock con elementos do jazz, o rap, o reggae e outros estilos. Da súa discografía destacan Purple Rain (1984), Around the World in a Day (1985), Parade (1986), Sign of the Times (1987), Lovesexy (1988), Diamonds and Pearls (1991), Crystal ball (1997), Rave Un2 the Joy Fantastic (1999), The Rainbow Children (2001), One Nite Alone (2002) e Musicology (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Notario e escritor. Formado con Marcelo Macías e Losada Diéguez en Ourense, e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Colaborador de Nós, Lar e Lareira, escribiu a novela curta O Karma de Farruco Filgueira (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Rosal. Orixinalmente de estilo románico, foi reformada en 1847 e déuselle a forma definitiva en estilo neoclásico. No interior, presenta tres naves, onde o máis destacado é o altar maior, de estilo plateresco (s XVI). O edificio complétase cunha bóveda de cruzaría de estilo neogótico. Destaca a fachada, cunha torre cuadrangular de estilo manuelino con reloxo e remate en cúpula piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO