"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

    1. Cantar ou berrar as grallas ou aves semellantes.

    2. Choromicar ou emitir sons o neno que aínda non fala.

    3. Berrar moito unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica (s XII), reformouse en épocas posteriores. Ten nave única, capela maior de planta cuadrangular e unha sancristía pegada no N. A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas baquetonadas e tímpano con dúas estrelas incisas. No muro S consérvase outra porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior baquetonada e erixida sobre columnas con fustes lisos e capiteis vexetais, e a interior de sección recta. No tímpano hai dous pequenos arcos cegos con motivos cruciformes incisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica, foi catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio. Desde os dezaoito anos formou parte, xunto con Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba e durante a súa etapa de estudante en Salamanca (1955-1957) foi un dos impulsores da revista Clavero e da tertulia Marabunta, organizadora de encontros culturais e diversos recitais poéticos na universidade salmantina ao lado de Rafael Laínez Alcalá. En 1958 participou en Madrid na fundación do grupo Brais Pinto e colaborou en diversas publicacións. Incluído na Xeración das Festas Minervais, da súa produción destaca, Poema do home que quixo vivir (1958), Vinte mil pesos crime (1962), Contos populares da provincia de Lugo (1963), Profecía do mar (1966), O león e o paxaro rebelde (Premio O Facho 1969), Fins do mundo (1974), Sinfarainín contra don Perfeuto (1975), Non vexo Vigo nin Cangas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao S de Las Cañadas (18.508 h [1996]). Cultívase tabaco e tomate, e destaca a gandería caprina e porcina. Posúe industrias alimentarias derivadas e unha central eólica. Fundada no s XVI, non se constituíu como municipio ata o s XIX. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as covas con necrópoles de Chiñama, La Jaquita e Tagoror del Rey, a igrexa de San Antonio Abad (s XVIII) e o convento franciscano (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Metal reducido a partículas máis ou menos esféricas que se obten por proxección do metal fundido contra un chorro de auga.

    2. Gran pequeno de ouro ou de prata que serve para facilitar o afinamento nos traballos de pratería.

    3. efecto granular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar unha granallaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de superficies metálicas que consiste en proxectar granalla a unha velocidade determinada para arrancar as partículas de óxido. Aplícase como operación previa ao recubrimento con substancias protectoras da superficie tratada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 13 de xullo de 1558 preto da cidade francesa de Gravelines, departamento do Nord, entre o exército de Filipe II, apoiado pola escuadra inglesa do conde de Egmont, e as tropas francesas, ao mando do duque de Guise. Trala vitoria do exército angloespañol, os franceses víronse obrigados a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (22.4.1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Iniciou a súa carreira no Teatro Nacional de Zagreb en 1922 e participou no desenvolvemento do teatro croata e iugoslavo. En 1926 ocupou o posto de director do Teatro Nacional de Belgrado, que tivo que abandonar en 1929 debido á súa orientación política progresista, momento no que decidiu traballar en teatros de vilas e cidades. Entre 1947 e 1949 estableceu o Teatro Nacional esloveno de Ljubljana, e entre 1949 e 1953 volveu ao Teatro Nacional de Croacia para rematar a súa carreira no Teatro Dramático de Zagreb, que dirixiu entre 1954 e 1961. A súa obra abrangue todos os rexistros, desde a traxedia á ópera, e co seu traballo contribuíu á promoción de diversas xeracións de intérpretes e creadores teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio residencial de Manhattan, Nova York. Vila independente durante o período colonial, a comezos do s XX converteuse no centro da vida artística norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e dramaturga irlandesa. Con Yeats, Synge e Moore, fundou en 1899 o Irish Literary Theatre, e despois o Abbey Theatre (1904). Publicou estudios folclóricos, obras dramáticas e Our Irish Theatre (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio que se fai con barras de ferro ou aceiro a xeito de reixa, que se pon sobre as brasas ou o lume para asar alimentos.

      2. á grella

        Forma de facer distintos alimentos directamente sobre o lume ou as brasas.

    1. Armazón composta por barras de ferro dispostas en forma vertical e horizontal que ten distintos usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asar un alimento na grella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave de rapina que leva cascabeis nas patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘longaínza (de porco)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andazo de gripe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pintura executada só con diversas tonalidades do gris, imitando a miúdo o efecto do baixorrelevo en pedra. Propia dos reversos dos polípticos da Baixa Idade Media, empregouse posteriormente na pintura mural.

    2. Primeiro esbozo que se realiza dun cadro en que as partes brancas quedan sen pintar e as sombras teñen un só ton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito da groselleira en forma de baga pequena globosa de color vermella, de sabor acedo moi grato. Dela extráese un xarope que se emprega na fabricación de marmeladas e bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

    VER O DETALLE DO TERMO