"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora. Teñen a propiedade de producir unha ou máis substancias de tipo xeralmente hormonal ou enzimático que actúan fóra delas. Existen dous tipos de glándulas, con capacidade para sintetizar as súas propias secrecións: as glándulas endócrinas ou de secreción interna, carentes de canle excretora, pola que os produtos da súa secreción van parar directamente ao medio interno do organismo, normalmente ao sistema circulatorio do animal; e as glándulas exócrinas ou de secreción externa que posúen unha canle ou unha rede de canles a través das que verten as secrecións a unha cavidade corporal ou ben ao exterior do corpo do animal. Son exemplos de glándulas endócrinas a glándula suprarrenal ou a glándula tiroide e, de glándulas exócrinas, as glándulas sudoríparas ou as mamarias.

    2. glándula apócrina

      Cada unha das glándulas que secretan en gran cantidade substancias propias da célula, como a glándula apócrina a glándula mamaria ou a sudo-rípara da axila.

    3. glándula calcífera

      Conxunto de células que se sitúan no peritoneo do intestino dos oligoquetos e que extraen residuos do sangue para vertelos ao celoma.

    4. glándula ceruminosa/da cera

      Cada unha das glándulas cutáneas da abella que se sitúan en posición ventral no abdome e que secretan a cera para edificar a colmea.

    5. glándula da cuncha

      Divertículo do oviduto de moitos animais ovíparos, como insectos, condroitios, réptiles e mamíferos monotremas, que secreta a cuncha dura do ovo destes animais.

    6. glándula da muda

      Cada unha das glándulas propias dos insectos e dos crustáceos que secretan unha hormona, a ecdisona, indispensable para o inicio da muda nestes animais.

    7. glándula do biso

      Glándula propia dos moluscos que secretan uns filamentos cos que estes animais se adhiren a unha superficie coma a das rochas ou a das cordas.

    8. glándula do seno

      Glándula endócrina dos crustáceos que se sitúa na base do ollo, na que se almacena; a continuación libérase unha hormona inhibidora da muda.

    9. glándula do uropixio

      Glándula de gran tamaño que se sitúa na base da cola (uropixio) da maioría das aves e que secreta un aceite co que impermeabilizan as plumas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición das glándulas secretoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás glándulas.

    2. Estrutura que presentan certas rochas, consistente nun conxunto de nódulos que se forman xeralmente de feldespato, de granate ou dunha reunión de diferentes minerais, que se separan entre eles por capas de mica. É frecuente en rochas metamórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén glándulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a unha glándula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • glandulífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Galia Narbonense, preto da actual Saint-Rémy-de-Provence. As escavacións descubriron tres cidades sucesivas: a primeira helenística (finais do s III a C), destacou como centro cultural e relixioso; a segunda grecolatina (100-40 a C) e a terceira romana (40 a C-finais do s III).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Pódese considerar en función da numerosa bibliografía que elaborou (Furni novi philosophici, Miraculum Mundi, etc) coma unha ponte entre a antiga tradición alquímica e a nova teoría química que comezaba a facerse camiño. Traballou na formación de sales e descubriu o sal mirabile ou sal de Glauber [NaSO4·10H6O]. Obtivo mediante técnicas de laboratorio numerosas substancias cun alto grao de pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicoaluminato de magnesio e de sodio, de fórmula Na2Mg3Al2Si8O22. Pertence ao grupo dos anfíbolo e cristaliza no sistema monoclínico. É de hábito prismático ou, ás veces, fibroso. É de cor azul clara, pero escurece coa proporción de ferro. Ten unha dureza de 6, e unha densidade de 3-3,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou con Rimskij-Korsakov e foi profesor e director do Conservatorio de San Petersburgo. Foi considerado como o continuador do Grupo dos Cinco. É autor de ballets, sinfonías e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido que se forma pola unión de diversos monosacáridos mediante enlaces glicosídicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Glimes de Brabante e do Sacro Imperio. Durante a Guerra de Sucesión serviu a Filipe V e loitou en Xibraltar (1704-1705), Almansa e Tortosa (1711), onde acadou o grao de tenente xeneral e foi gobernador (1715). Capitán xeneral de Castela a Vella (1727) e de Catalunya (1735-1737 e 1738-1742), no 1746 concedéronlle o título de Grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Discípulo de S. Dehn en Berlín, está considerado o pai do nacionalismo ruso musical. Da súa produción destacan as óperas Unha vida polo tsar ou Ivan Susanin (1836) e Russlan e Ludmilla (1842) e as pezas orquestrais, Kamarinskaja (1848), Jota aragonesa e Noites de verán en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto sonoro producido nun instrumento musical que consiste nunha sucesión sonora moi rápida dunha serie de notas contiguas dunha escala, que se obtén por procedementos mecánicos, deixando esvarar o dedo polo teclado ou polas cordas do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Foi director de Courrier de l’Unesco e publicou La lézarde (Premio Théophraste Renaudot 1958), Le Quatrième siècle (Premio Charles Veillon 1965), L’intention poéthique (1969), Malemort (1975), Le discours antillais (1981), Poétique de la relation (Premio Roger Caillois 1991) e Sartorius: le roman des Batoutos (1999). Membro da orde de francófonos de América, en Québec, (1986) e presidente honorario do Parlamento Internacional de Escritores (1993), foi nomeado doutor honoris causa pola York University de Toronto (1989) e pola West Indies University de Trinidad (1993). Entre outros galardóns recibiu o Premio Puterbaugh Foundation Biennial (1989) e o Premio de Poésie du Mont Saint-Michel (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se dá de xeito global.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Foi director do Centre for Medical Law and Ethics na University of Oxford. Desenvolveu a súa investigación filosófica no eido da ética aplicada e creou unha concepción da maldade do acto de matar que apela ao valor intrínseco da vida que é digna de ser vivida, o respecto á autonomía e aos efectos colaterais. Das súas obras destacan Causing Death and Saving Lives (1977) e Humanity: A Moral History of The 20th Century (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo social. Realizou traballos de campo en Sudáfrica (1936-1944) e dirixiu o Rhodes-Livingstone Institute (1942-1947) en África central. Considerado o fundador da escola de Manchester de antropoloxía social, os seus estudios centráronse nos sistemas políticos dos pobos africanos e analizaron o papel do conflito para manter a cohesión social. Das súas obras destacan Custom and Conflits in Africa (1956), Order and Rebellion in Tribal Africa (1963) e Politics, Law and Ritual in Tribal Society (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Membro do grupo de Les nouveaux philosophes, centrou os seus intereses analíticos en cuestións como a violencia. Consideraba que a razón de ser da democracia é defenderse contra o mal e que só desde esta idea é posible resistirse á guerra. Das súas obras destacan Le discours de la guerre (1967), Strategie de la révolution (1968) e Dostoievski en Manhattan (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Goa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Goa.

    VER O DETALLE DO TERMO