"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
PERSOEIRO
Escritora alemá. Recibiu unha grande influencia de A. W. Schlegel, con quen estaba casada, e tivo moita importancia na creación do concepto romántico da arte figurativa. Da súa obra, destacan Die Germälde (1798) e o seu epistolario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Especializouse en filoloxía románica, xermánica e socioloxía, o que influíu nas súas respostas sobre a lingua e a cultura galegas. Publicou Alfonso Rodríguez Castelao. Eine Untersuchung des erzälerischen Werkes unter dem Aspekt von Literatur und Politik (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora francesa, irmá de Georges de Scudéry. Coñecida como Safo, dirixiu un importante salón literario e foi coautora da maior parte das obras publicadas co nome do seu irmán. Escribiu, ademais, as novelas Clélie (1654) e Célinte (1661) e as célebres Conversations morales (1680-1692).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Autor de dramas históricos e musicais, entre outros xéneros, da súa obra destacan Le philosophe sans le savoir (1765) e La Gageure imprévue (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Île-de-France, Francia (5.915 km2; 1.193.767 h [1999]). A súa capital é Melun (35.695 [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Île-de-France, Francia (236 km2; 1.382.861 h [1999]). A súa capital é Bobigny.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Provenza-Alpes-Costa Azul, Occitania, situada no departamento de Var, Francia (59.968 h [1990]). Situada na costa mediterránea, forma parte da aglomeración de Toulon, ao SO desta cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos, da familia das selaxineláceas, con talos prostrados ou erectos, con follas simples, pequenas, ordenadas en espiral, e con esporanxios situados no estróbilos terminais. Na Península Ibérica están presentes especies como S. denticulata, na rexión mediterránea, e S. selaginoides nos Pireneos.
-
-
Relativo ou pertencente ás selaxineláceas.
-
Planta da familia das selaxineláceas.
-
Familia de plantas da orde das selaxinais, integrada por plantas herbáceas, de talos decumbentes ou dereitos, de follas pequenas, dispostas en espiral ou en filas, e provistas dunha lígula. Comprende unhas 700 especies, do xénero Selaginella, a maioría, propias das zonas cálidas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás selaxinelais.
-
Planta da orde das selaxinelais.
-
Orde de plantas, da clase dos licopodiatos, que comprende unicamente a familia das selaxineláceas e que apareceu no período Carbonífero.
-
-
-
Soldado armado situado por un tempo determinado nun lugar para vixialo ou defendelo.
-
Persoa que vixía algo.
-
-
PERSOEIRO
Humanista. Cronista de Carlos V (De rebus gestis Caroli V) e de Filipe II (De rebus gestis Philippi II), traduciu a Aristóteles e Alexandre de Afrodisia. Antierasmista, combateu a Bartolomé de Las Casas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Serafino Aquilano, é un dos máis destacados representantes da poesía cortesá da segunda metade do s XV. Compuxo estrambotes, églogas e diversas representacións teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao soro e ao sangue.
-
Que contén soro e sangue á vez.
-
-
SERRAS
Serra situada na parroquia de Cambás (Aranga). Cunha altitude media de 640 m e unha orientación NO- SL, separa os vales de Cambás e Labrada. O seu cumio acada os 740 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación correspondente á memoria de actividades da sección de Cinematografía da facultade de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinada por Ángel L. Hueso e Xosé Mª Folgar, incluíu referencias e estudos sobre filmes españois e estranxeiros, ademais de numerosas fotografías. A partir do curso 1983-1984 titulouse Aula de cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luca Marineo.
-
GALICIA
Sindicalista. Canteiro de profesión e militante da UGT desde 1907, dirixiu o periódico Lucha Social (1919). En 1921 integrouse no Partido Comunista de España e, baixo a súa presidencia, a Sociedad de Canteros integrouse na CNT. Na Segunda República colaborou en Mundo Obrero e Bolchevismo, e durante a Guerra Civil Española foi secretario xeral do Instituto de Reforma Agraria. Ao termo da contenda, logo de pasar por un campo de concentración francés, o PCE enviouno como organizador e propagandista á República Dominicana, Colombia e Venezuela. Escribiu La revolución popular en el campo: colectividades agrícolas (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Manipulador de monicreques. Coñecido como Xosé o dos Monecos e Traga Estopa, foi o creador do teatro ambulante Melodías de España, co que popularizou por toda Galicia o personaxe Barriga Verde. Destacado acróbata de circo, co tempo estableceu a súa propia compañía. Pódese considerar o fundador do teatro popular galego dos monicreques. Constituíu unha das atraccións características das festas celebradas na Praza de María Pita na Coruña, no San Froilán de Lugo, nas da Peregrina de Pontevedra, nas do Corpus de Ourense e nas festas da Ascensión en Santiago de Compostela. Retirouse en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento involuntario que se produce nunha parte do corpo e que está asociado a un movemento voluntario de outra.