"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • GALICIA

    Comarca situada no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no O da provincia de Lugo. Limita ao N coa comarca de Lugo (Friol), ao S coas comarcas de Deza (Rodeiro) e Chantada (Taboada), ao L, novamente coa comarca de Lugo (Guntín e Portomarín) e ao O coa comarca da Terra de Melide (Toques, Melide e Santiso) e a de Deza (Agolada). Abrangue unha superficie de 417,9 km2, cunha poboación de 11.143 h [2001], distribuída nos concellos de Antas de Ulla (103,6 km2, 2.695 h [2001]), Monterroso (114,6 km2, 4.235 h [2001]) e Palas de Rei (199,7 km2, 4.213 h [2001]). A comarca presenta unha estrutura bipolar arredor de Palas de Rei e Monterroso, que organizan o territorio. Existen tamén relacións con Chantada e con Lugo para actividades relacionadas cos servizos administrativos máis especializados.
    Xeografía física
    A comarca da Ulloa é un espazo onde ten a cabeceira un dos principais ríos galegos, o Ulla. É unha área deprimida desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Reformou a Universidade de Santiago de Compostela a partir dun informe do claustro universitario enviado a Fernando VI. Saneou a economía, reforzou a figura do reitor, creou novas cátedras e impuxo unha maior disciplina. Ademais orientou e impulsou o barroco galego e mandou construír a casa do Deán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta violenta que sufriu o fisco real en Galicia durante os ss XVI-XVIII. Provocouna a supresión dos encabezamentos e o intento, consumado, de gravar gran parte das feiras francas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Baión (Vilanova de Arousa). A edificación componse de dúas torres de tres plantas e distintos tamaños, rematadas en ameas e cubertas a dúas e a catro augas, respectivamente, unidas por un corpo rectangular de dúas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • infravermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade forte dos cadurcos, en Aquitania, foi asediada e expugnada por Xulio César (51 a C). Estaba situada, probablemente, cerca de Vairac, en Quercy (Occitania).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aga moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao S de San Lorenzo de El Escorial, preto do pantano de Valmayor (7.091 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e paleontólogo. Director do Institut de Paléontologie Humaine (1942) e do Musée de l’Homme (1950), de París, das súas obras destacan Traité d’anthropologie (1926), Les races humaines (1944) e La paléontologie et l’origine de l’homme (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vallombrosanos.

    2. Membro da congregación beneditina fundada por san Xoán Gualberto no mosteiro de Vallombrosa (Toscana). Baséase na interpretación ríxida e estrita da regra de San Bieito, coa particularidade de liberar os monxes do traballo manual. Foi aprobada en 1055 e en 1070 e protexida como un dos movementos da reforma romana ou gregoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (4.373 h [2001]). No seu termo atópanse as centrais nucleares de Vandellòs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e especializouse en acuarela. Das súas obras, de corte figurativo destacan as representacións de anciás (Abuela) e nus (La Bella Durmiente), así como as paisaxes mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño, xeógrafo e astrónomo. Trazou as cartas gravadas da costa africana de cabo Espartel a Cabo Verde, que forman parte do Atlas marítimo de España (1787). Determinou a lonxitude e latitude da illa de Trinidad, de São Tomé e Príncipe. En 1782 foi designado para a demarcación dos límites hispanoportugueses en América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista peruano. Deuse a coñecer co libro de contos Los Jefes (1958, Premio Leopoldo Arias), e destacou na novela, traducida a moitas linguas, coa que reflicte diversos aspectos da sociedade peruana, como en La ciudad y los perros (1962, Premio de la Crítica Española), La casa verde (1965, Premio Nacional de Literatura de Perú, Premio de la Crítica Española e Premio Internacional Rómulo Gallegos 1967), Conversación en la catedral (1969), Pantaleón y las visitadoras (1973), La tía Julia y el escribidor (1977), La guerra del fin del mundo (1981), Quién mató a Palomino Molero? (1986), Elogio de la madrastra (1988), Lituma en los Andes (1993, Premio Planeta) e La fiesta del chivo (2000). Realizou tamén crítica literaria e publicou obras de teatro e ensaios, como Gabriel García Márquez: historia de un deicidio (1971) e a autobiografía El pez en el agua (1992). Foi candidato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada do apelido galego Vasalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. vascalleiro.

    2. varredoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Caíno, é autodidacta. Comezou a súa traxectoria artística en Londres (1970-1972). Traballa o óleo, a acuarela e o debuxo e colabora na ilustración de libros e en diversos xornais. Realizou paisaxes do seu redor, tanto de interior como mariñeiros, e centrouse fundamentalmente na figura humana. Nas súas obras combinou elementos cubistas e expresionistas, aínda que evolucionou cara a unha liberdade de estilos. Destacan A noite do cometa, Muller roxa, Nenos xogando, Esmorga e Maternidade gris.

    VER O DETALLE DO TERMO