"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a algún dos papas de nome Gregorio.

    2. calendario gregoriano.

    3. Canto en latín, ao unísono, propio da liturxia da Igrexa Romana, afín ao da sinagoga (salmodia), ao das antigas liturxias cristiás occidentais e ao folclore grecorromano dos primeiros séculos do cristianismo. Algunhas teorías sitúano no país franco na época carolinxia, en parte como a manipulación do canto antigo romano e en gran parte, a máis artística, como creación nova. Outras, cren que se elaborou tecnicamente en Roma (ss V-VII), época de Gregorio I, con material do antigo canto romano. Inicialmente, parece que se transmitiu oralmente a través das Scholae de lectores e cantores, e das comunidades monásticas ou basilicais. Non se conservan notacións musicais anteriores ao s IX, a boa tradición manuscrita é dos ss IX-XII.

    4. Cada unha das misas que, en número de trinta en sufraxio por un defunto, se celebra nunha sucesión ininterrompida de días.

    5. Movemento de reforma da Igrexa Católica, nos ss XI e XII, contra a decadencia moral e institucional (relaxación moral ou dos costumes, politización dos cargos eclesiásticos, etc), orixinada no s X pola desaparición da orde establecida polos carolinxios. A reforma iniciouna o Papa León IX (1048), continuouna Nicolao II, que conseguiu que o papa fose elixido só polos cardeais (1059), e culminouna Gregorio VII, de quen recibe o nome, xunto con Federico de Lorena, Humberto de Moyenmontier e Pere Damià. Nos sínodos romanos de 1074 e 1075 e, sobre todo, nos Ditatus papae, Gregorio VII expuxo o plan reformador. Enfrontouse deseguido co Emperador Enrique IV, co que se iniciou a loita das Investiduras, que durou ata o Concordato de Worms (1122). Os sucesores de Gregorio VII (Urbano II, Pascual II e Calixto II) continuaron, con máis flexibilidade a reforma, que orixinou un reflorecemento da vida eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor da Igrexa, fillo de Gregorio I, bispo de Nazianzo. Formou con Basilio de Cesarea e Gregorio de Nisa o grupo dos tres grandes capadocios que promocionaron a teoloxía trinitaria. Nomeado patriarca de Constantinopla (379), elaborou importantes sermóns, que lle valeron o título de teólogo. Consérvanse 45 discursos da súa autoría. Na iconografía leva vestiduras de bispo grego (ampla casula e palio) e, como atributos, bastón florido. A súa festividade celébrase o 2 de xaneiro, inda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 9 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Padre e doutor da Igrexa Grega, irmán de san Basilio de Cesarea. Ordenado bispo por san Basilio o Grande, foi deposto polo emperador Valente, partidario do arianismo. Participou no I Concilio de Constantinopla (381). Admirador de Oríxenes, levou o platonismo ao seu máximo desenvolvemento no cristianismo. Consérvanse diversas obras esexéticas, dogmáticas e ascéticas, xunto con numerosas cartas. A súa festividade celébrase o 9 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e bispo de Tours (573-594). Enfrontouse aos arianos e escribiu diversos libros de devoción e haxiografías, pero destacou especialmente polo súa Historia Francorum. Na iconografía viste de pontifical e leva como atributos un relicario e un peixe monstruoso. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (590-604). É un dos grandes padres da Igrexa Latina, foi prefecto urbano de Roma (572-574) pero retirouse á vida monástica no monte Celio (Roma). Nuncio de Pelaxio II en Constantinopla (579-586), sucedeuno na sé de Roma. Elixido papa no 590, acadou a paz cos longobardos a través de pactos e concordias (592) e estableceu as bases do Estado Pontificio ao gobernar de xeito autónomo as súas rexións. Denegoulle ao patriarca de Constantinopla o dereito a nomearse patriarca ecuménico e afirmou a primacía da Igrexa de Roma. Apoiou as misións evanxelizadoras entre os anglos (596) e colaborou na conversión dos francos. Esforzouse por reformar os costumes da Igrexa co tratado Regola pastorale. Os seus escritos, homilías, cartas e Diálogos foron moi populares durante a Idade Media. Codificou o canto gregoriano, que se converteu no canto oficial da Igrexa Latina e que substituíu o anterior canto ambrosiano. Na iconografía leva ornamentos papais (casula ancha, palio, tiara papal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (715-731). Favoreceu a evanxelización iniciada por san Bonifacio e consagrouno bispo de Xermania (723). Enfrontouse co emperador bizantino pola iconoclastia (729) e obtivo dos longobardos a doazón de Sutri, primeiro núcleo dos Estados Pontificios. A súa festividade celébrase o 13 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Domingos de Santiago, foi profesor de filosofía e teoloxía en Santiago (1794-1798 e 1800-1805), Oviedo (1798-1800) e Ourense. No 1815 obtivo o título de doutor na Universidade de Santiago feito que lle permitiu, un ano despois, ser designado polo claustro compostelán como substituto da cátedra de Teoloxía. No 1817 foi nomeado moderante da Academia de Teoloxía, da que tamén foi presidente. Finalmente no ano 1833 obtivo a cátedra de Institucións Teolóxicas. Dentro da súa orde relixiosa desempeñou os cargos de calificador do Santo Oficio, prior do convento de Pontevedra (1813-1816), prior do de Santiago (1826-1829) e vicario xeral de Galicia (1825-1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Residente en Italia a maior parte da súa vida, entre as súas obras destacan Historia do Emperador Adriano (1848) e Geschichte der Stadt Rom im Mettelalter (Historia da cidade de Roma na Idade Media, 1855-1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse en Lyon e París (1750) e en 1755 admitírono na Académie Royale de Peinture. Sobresaíu na pintura de xénero moralizante e cultivou, sen éxito, a pintura de historia. Retratista, fixo un tipo de figura feminina doce e sentimental parecida ao da pintura inglesa. Adheriuse á situación revolucionaria para conseguir prestixio. Das súas obras destacan Pére de famille explicant la Biblie à ses enfants, co que obtivo un grande éxito no Salon de 1755, Septime Sévère reprochant à son fils d’avoir voulu le faire, rexeitado no Salon de 1769, Cruche cassée e o retrato de Napoléon Bonaparte (1804-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoana de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta noruegués. Da súa produción destaca Norge i våre hjerter (1929), Nederlaget (1937) e Men Ung må verden ennu vaere (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla da actriz Tippi Hedren. Estudiou no Hollywood Profesional School e debutou como actriz secundaria en varias películas como Night Moves (1975) e The Drowning Pool (1975). Despois dunha etapa irregular, a partir da década de 1980 protagonizou distintos filmes, entre os que destacan Body Double (1984), The Milagro Beanfield War (1988), The Bonfire of the Vanities (1990), Born Yesterday (1993), Two Much (1995), Shadow of Doubt (1998), Crazy in Alabama (1999), Forever Lulu (2000) e The Night We Called It a Day (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa galesa. Compuxo himnos relixiosos de expresión espontánea e intensidade melancólica, e tivo unha grande influencia na lírica galesa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroa tecida con flores e ramas.

    2. Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘longaínza (de porco)’.

    VER O DETALLE DO TERMO