"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme II de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme III de Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (1086-1127), fillo de Guillerme VIII de Aquitania. Participou na Cruzada de 1101, onde o seu exército foi derrotado polos turcos. Ao seu regreso a Francia invadiu sen éxito e en varias ocasións o condado de Toulouse. Entre 1120 e 1123 axudou a Afonso I de Aragón na loita contra os musulmáns. É o trobador máis antigo coñecido. Consérvanse da súa autoría once poemas amorosos, ademais doutros de tipo tabernario e obsceno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.
-
PERSOEIRO
Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (1127-1137), fillo de Guillerme IX de Aquitania. Mecenas de numerosos trobadores, antes de morrer durante a súa peregrinación a Santiago de Compostela, cedeu o seu ducado a Luís VI de Francia e casou a súa filla, Leonor de Aquitania, co herdeiro ao trono francés, Luís Plantagenet.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Mamede de Ribadulla (Vedra). Ten planta en forma de L. No corpo principal atópase a porta de arco de medio punto enmarcado por pilastras rematadas en bólas. O escudo alude aos Abraldes, Galos, Feixoo, Moscoso, Caamaño, Soutomaior e Varela. Do seu alzado destacan tres chemineas. Conserva a capela.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Friol. Ten planta de nave única cuberta con bóveda de canón. O arco de triunfo é de medio punto e apóiase en pilastras. A ábsida cóbrese con bóveda estrelada con terceletes. A fachada está franqueada por dous contrafortes. A porta é de arco de medio punto e sobre ela sitúase un rosetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da costa da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, situado fronte á praia de Barrañán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres faixas de ouro, bordo de prata, con cinco roeis de azul, un en xefe e dous en cada flanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Seteventos (Sarria). Foi refundado por Diego, abade de Samos, en 1026.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo guineano.
-
Individuo do pobo guineano.
-
Pobo africano que se estendeu polo golfo de Guinea e Camerún. Os seus principais grupos son os kissi, os assimi, os ashanti e os yoruba.
-
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Ampliou os estudios con C. Taltabull e P. Wissmer en París. Fundador, xunto con J. Panyella, do grupo instrumental Diabolus in Musica, exerceu a crítica musical no Diario de Barcelona e foi fundador e director do Centre de Documentaciò i Difusiò de la Música Contemporània (1986-1994). Da súa produción destaca Punts cardinals (1967), Cinc continents (1969), Jondo (1979), Vectorial (1985) e Gaudí (1992). En 1981 foi nomeado Chevalier des Arts et des Lettres polo goberno francés. Recibiu o Premi Ciutat de Barcelona (1972, 1978 e 1983), o Premio de Composición Musical Reina Sofía (1983), o Premio Nacional de Música (1990) e a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou no taller familiar como pintor de paredes. Estudiou na Escola de Mestres Pintores a na Escola d’Arts e Oficis, e asistiu ás clases da FAD. Recibiu unha bolsa do goberno francés e ampliou a súa formación en París. Colaborou con Dau al Set e realizou o mural do edifico da Barceloneta de J. A. Coderch. En 1955 fundou o Grupo Taüll con M. Cuixart e A. Tapies entre outros. Na súa primeira etapa pintou cunha extraordinara calidade do debuxo e un sentido sorprendente da cor. Despois deixou a representación pola valoración da materia. En etapas sucesivas valorou cada vez máis os materiais extrapitóricos e recuperou o trazo do debuxo. Ademais da pintura, cultivou a escultura, o cartelismo e as realizacións tridimensionais. Doou a súa obra ao Espai Guinovart, en Agramunt. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Gipuzkoa, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Gipuzkoa.
-
Dialecto do éuscaro.
-
-
GALICIA
Filósofa. Doutorada en Filosofía, foi catedrática de Ética da Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora de Télos, Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas. Desenvolveu investigacións tanto no ámbito da meta-ética como no da ética normativa. Investigou sobre a ética na filosofía clásica, centrándose en autores como T. Hobbes e os empiristas, e nas cuestións que a ética presenta nos tempos actuais. O seu interese primordial céntrase na elaboración dunha síntese das achegas de I. Kant e S. Mill, así como do neokantismo e do utilitarismo. Das súas obras destacan Los presupuestos de la falacia naturalista (1981), Cómo ser un buen empirista en ética (1985), Razón y Pasión en ética. Los dilemas de la ética contemporánea (1986), Esplendor y miseria de la ética kantiana (1988) e Manifiesto Hedonista (1990). Foi presidenta da Sociedad Iberoamericana de Estudios Utilitaristas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e mestra. Estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde se graduou en Artes Aplicadas, na especialidade de deseño de interiores (1968). En 1977 especializouse en esmalte ao lume e posteriormente realizou cursos de cerámica e gravado. En 1986 creou o Estudio Arco para a formación artística e divulgación das artes. Preside o colectivo artístico Mistura, do que é socia fundadora, e o Grupo Arco. Realizou os murais do pavimento da rúa da Franxa (1998) e da rúa A. Senra (2000) e o calendario Celta do parque de San Diego (2000). Presentou as súas obras en exposicións individuais na Coruña e Barcelona e participou, entre outras colectivas, no Encontro Internacional de Artistas Plásticos de Porto (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Rodríguez Guisán.