"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • (Moscova 1842 - Dmitrov, Moscova 1921) Teórico do anarquismo e xeógrafo ruso. De familia aristocrática, serviu no exército ruso (1862-1867) e dirixiu expedicións xeográficas a Siberia e Manchuria. Participou en Suíza na Primeira Internacional (1872), na que adoptou posturas bakuninistas. Regresou a Rusia e foi encarcerado durante dous anos, tralos que conseguiu escapar e residiu exiliado en Suíza, Francia e Reino Unido. En 1917 volveu a Rusia e colaborou cos soviets, sen aceptar sen embargo ningún cargo oficial. Escribiu Paroles d’un révolté (1885) e La conquéte du pain (1892). Na súa obra Axuda mutua (1902), argumentaba, en contra do concepto darwinista, que a cooperación en lugar da competencia fora o factor fundamental da evolución das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Olevka, Crimea 1886 -? 1968) Poeta ruso. Foi un dos asinantes do manifesto futurista Poščočina obsčestvennomu Vskusu (Unha labazada ao gusto do público), do manifesto Slovo kak takovoje (A palabra como tal), do manifesto Sadok Sudei (Vivir dos xuízos) e doutras declaracións vangardistas entre 1912 e 1915. É o inventor da linguaxe “transmental” (zaumnyj jazyk), na que o léxico poético se converte nunha creación de palabras inventadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Los Angeles 1912 - Connecticut 3.10.1996) Historiador da arte estadounidense. Profesor da Yale University (1938-1983), especializouse en arquitectura moderna española. Publicou, entre outras obras, Arquitectura de los siglos XVII e XVIII, na colección Ars Hispaniae, Art and Architecture in Spain and Portugal and their American Dominions, 1500-1800 (1959), con Martín S. Soria, Studies in Classic Maya Iconography (1962) e Building the Escorial (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bialogard, Koszalin 15.11.1954) Político polaco. En 1978 integrouse no Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado de Polonia, PZPR) e foi ministro de Deportes (1984) baixo a presidencia de Jaruzelski. En 1990 contribuíu á conversión do PZPR en Sojuszu Lewicy Demokratycznej (Alianza de Esquerda Democrática, SLD), do que foi nomeado o seu secretario xeral. En 1995 gañou as eleccións presidenciais e sucedeu a Lech Waéęsa (1996) como presidente da República, cargo no que foi reelixido en 2000 e desde o que impulsou o proceso de integración de Polonia nas estruturas políticas e económicas de Europa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Titulada en Arte Dramático polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas de Asturias, comezou a súa actividade en colectivos teatrais como Orballo Teatro ou nos talleres do propio Instituto de Teatro, con profesores como Etelvino Vázquez ou Jaroslaw Bielski. Amais dos espectáculos que realizou coa compañía Nove Dous, tamén participou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999), do Centro Dramático Galego, e Ultimamente non durmo nada (1999), de Teatro da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Burgo de Osma (1909-1916) e Tui (1916-1923), e arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925). Doutor en Teoloxía, foi membro da Xunta Rexionalista de Tui e participou nos Xogos Florais celebrados en 1891. Posuía unha boa formación clásica e interese pola investigación histórica e a paleografía. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Escribiu Calabazas e El nombre de Jesús. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Doutor en Filosofía e catedrático de escultura, foi o primeiro decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra ten matices surrealistas, entendida cunha vangarda con reminiscencias barrocas. Escribiu ensaios de arte cunha concepción filosófica, entre outros, Teoría bruta de la forma frágil: escritos adverbiales de arte, estética y enseñanza (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Edra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido polo seu labor xornalístico, poético e narrativo, e incluído na denominada Xeración de 1868, foi un dos autores máis significativos do Rexurdimento galego. Na súa obra destaca sobre todo a súa defensa de Galicia, da súa lingua, das súas xentes e costumes, e o recordo a todas aquelas persoas que loitaron por ela. En 1871 marchou a Santiago de Compostela para iniciar os seus estudios de medicina, cidade en que comezou a súa andaina como xornalista dirixindo a revista La Aurora de Galicia. Aproveitou a súa estadía na capital galega para publicar Flores de ayer (1871), que dedicou á súa nai, e La monja de San Payo (1871), en agradecemento ao seu tío Pedro Carvajal. Ao ano seguinte viu a luz a colección de lendas El Cancionero del Miño. Leyendas y tradiciones de Orense. De regreso a Ourense (1874), comezaron as súas colaboracións no semanario El Heraldo Gallego, que pasou a dirixir meses despois e no que deu a coñecer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi xefe do servizo de cardioloxía, endocrinoloxía e nutrición da Casa Salud Valdecilla e director da Escuela de Enfermería de Valdecilla (Santander) durante 25 anos. Foi un dos fundadores da Sociedad Española de Cardiología. Publicou Trastornos vasculares periféricos (1950) e Cardiopatías congénitas (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ucraíno. Coñecido como Mark Aldanov, escribiu novelas históricas en ruso influídas sobre todo por L. N. Tolstoj. Destaca a tetraloxía Myslitel, sobre a Revolución Francesa e o primeiro imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Protagonizou un intento de golpe de estado contra o réxime de J. D. Perón en 1951. Embaixador na Santa Sé (1956), foi subdirector da Escola Superior de Guerra (1960). Presidente da Junta de Comandantes (1971), foi o presidente virtual da república entre 1971 e 1973. Neste período tentou controlar a espiral inflacionista e convocou eleccións nacionais para restaurar o goberno civil en marzo de 1973, nas que resultou elixido Héctor J. Cámpora. En 1977 foi detido por corrupción, pero finalmente foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Licenciouse en Letras pola Sorbonne de París. Interesado pola filosofía, a literatura francesa e os clásicos latinos, a súa obra caracterízase polo seu europeísmo, epicureísmo e refinamento literario. É autor da novela Journal de A. O. Barnabooth (1913), que xurdiu dunha viaxe por diversos países centroeuropeos e de África do Norte, e de diversas obras poéticas como Les poésies de A. O. Barnabooth (1923). Escribiu tamén as novelas Fermina Marquez (1911) e Amants, hereux amants... (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Maitland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político ruso. Destacou na Guerra de Afganistán e abandonou as forzas armadas para dedicarse á política e formou parte do Congreso das Comunidades Rusas (KRO) en 1995. Ese mesmo ano foi elixido deputado na Duma. Nas eleccións presidenciais de 1996 presentouse como candidato independente pero Boris Jelcin nomeouno asesor e secretario do Consello de Seguridade Nacional. Desde este cargo conseguiu poñer fin á Primeira Guerra de Chechenia, pero foi cesado pouco despois, acusado de preparar un golpe de estado. En 1997 creou o Partido Nacional Republicano e desde 1998 gobernou o territorio siberiano de Krasnojarsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu en Rusia o barroco francés. Proxectou os planos de Peterburgo e edificou o palacio e os xardíns de Peterhof. Escribiu Traité de la théorie et de la pratique du jardinage.

    VER O DETALLE DO TERMO