"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orientalista francés. Profesor en París de filoloxía hebraica e de historia do antigo Oriente, transcribiu e comentou os manuscritos do Mar Morto. Entre as súas obras destacan Livre des hymnes découverts près de la mer Morte (Libro dos himnos descubertos preto do Mar Morto, 1957) e Écrits esséniens découverts près de la mer Morte (Escritos esenios descubertos preto do Mar Morto, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador estadounidense. Cultivou o retrato e a paisaxe. Foi un dos fundadores da Hudson River School. Realizou os gravados Signing of Declaration of Independence (Sinatura da Declaración de Independencia, 1786-1797) de John Trumbull. Entre as súas obras destaca Kindred Spirits (Espíritos xemelgos, 1849). Foi membro fundador da National Academy of Design (1862) e presidente da mesma (1845-1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Coñecido como Carolus-Duran, foi pintor académico e retratista da aristocracia parisiense. Recibiu unha pensión e viaxou por Italia e España en 1861. En 1905 nomeárono director da École Françoise de Rome. Entre as súas obras destaca La Dame au gant (A dama da luva, 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico, liturxista e canonista. Coñecido como Gulielmus Durandus ou Durantis, en 1285 foi nomeado bispo de Mende. Destacan as súas obras Speculum iudiciale e Rationale divinorum officiorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Discípulo de E. L. Boullée, construíu diversos edificios, realizou decoracións para as festas da Revolución Francesa e fixo deseños de edificios públicos durante a Convención. Entre os numerosos textos teóricos que escribiu destaca Précis des leçons d’architecture données à l’École Polytechnique (Leccións de arquitectura dadas na École Polytecnique, 1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor chileno. Director da revista literaria Atenea, a súa obra inscríbese dentro do crioulismo rural. Da súa produción destaca Chabela (1927), Mal de amor (1928), Presencia de Chile (1941) e Don Arturo, biografía do presidente Alessandri.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e feminista. Redactora de La Presse, fundou varios xornais: La Fronde (1897), redactado e dirixido por mulleres, L’Action (1905) e Les Nouvelles (1909), nos que defendeu os dereitos da muller e a igualdade sexual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador inglés. Introduciu o laminado de ferro estampado (latón) como envase para conservar alimentos. Este envase pasou a ser definitivamente popular cos descubrimentos de Appert (appertización), que evitaban os inconvenientes do vidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante e galerista. Foi impulsor da escola de Barbizon e dende 1870 dos impresionistas. Organizou, entre outras, a segunda exposición impresionista na súa galería da rúa Le Peletier e, tralo éxito dunha realizada en Nova York (1886), abriu unha galería filial nesta cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político. Exiliouse en 1831 pola súa participación nunha conxura liberal. Logo do seu retorno, participou na loita contra os austríacos (1848) e accedeu ao cargo de ministro da Guerra (1855). Serviu como embaixador en Istambul (1856-1861) e foi ministro de Asuntos Exteriores dende 1862. Presidiu o Senado entre 1884 e 1887. É autor da obra Della nazionalità italiana (Sobre a nacionalidade italiana, 1846), na que defendeu a centralización política e a abolición do poder do papa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador da literatura. Foi profesor de literatura na Università di Pisa (1860), onde ensinou o método histórico e crítico. Escribiu, entre outras obras, Sacre rappresentazioni dei secoli XIV-XVI (Representacións sacras dos ss XIV-XVI, 1873), Le origini del teatro in Italia (A orixe do teatro en Italia, 1877) e Scritti danteschi (Escritos dantescos, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e restaurador. Comezou a súa andaina artística como pintor e, dende 1871, dedicouse á restauración de monumentos. O ministerio de Instrução Pública nomeouno en 1884 delegado rexio para a conservación dos monumentos do Piemonte e a Liguria. Para a exposición de Turín de 1884 proxectou o burgo medieval do Valentino, onde reproduciu os monumentos da rexión do Piemonte e do Val de Aosta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (11.200 km2; 229.619 h [1990]). A capital é Garoka (17.855 h [1990]).
-
PERSOEIRO
Político e diplomático costarriqueño. Foi secretario xeral do Partido Unión Nacional (1947) e embaixador nos EE UU (1950-1951). Nomeado ministro de Relacións Exteriores (1951-1953), foi presidente da República (1958-1962). Durante o seu mandato traballou pola mellora das infraestruturas e pola extensión do ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado colombiano. Vinculado ao Partido Liberal (PL), ocupou diversos cargos administrativos como ministro de Interior (1934-1935, 1937, 1942 e 1948-1949), de Asuntos Exteriores (1934-1935) e de Educación Nacional (1935-1936). Ocupou interinamente a presidencia da República entre novembro de 1943 e maio de 1944, e foi novamente ministro de Xustiza (1966-1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se educa ou recibe educación.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Rembrandt, as súas obras mostran a influencia do mestre. Cultivou a pintura relixiosa, as escenas de xénero e o retrato. Da súa produción destacan A derradeira cea (1664), A lección de música (1655) e Catro oficiais do gremio de toneleiros e trasegadores do viño de Amsterdam (1657).
VER O DETALLE DO TERMO