"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Unidade menor que resulta da división doutra maior.

    2. Porción breve de tempo.

    3. Porción ou parte pequena dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falto de coherencia gramatical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción gramatical na que a segunda parte non concorda sintacticamente coa primeira e está máis en consonancia co que pensa naquel momento o que fala ou escribe, que coa concordancia sintáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serpe arborícola, a máis grande das actuais, que pode chegar a medir 11 m de lonxitude; de cor verde oliva e cunha liña de círculos escuros no dorso. É propia dos ríos de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana fundada en 1883 que se transformou en 1895 en Anaconda Copper Mining Co co obxecto de explotar a minería e a siderurxia do cobre. Foi a primeira empresa mundial de cobre. No ano 1981 integrouse no grupo Atlantic Richfield Ci.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apartado do mundo, propio dos anacoretas.

    2. Eremitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se retira a un lugar solitario para levar unha vida de silencio, pregaria e mortificación. A figura do anacoreta é común en moitas relixións históricas: Hinduísmo, Budismo, Islamismo, Xudaísmo. No Cristianismo, o termo pode facer referencia tanto aos cenobitas coma aos eremitas, mais na práctica aplícase aos últimos, é dicir, a persoas que viven completamente soas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De anacoreta, relativo ou pertencente ao anacoreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de vida relixiosa propia dos anacoretas.

    2. Eremitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento temporal ou espacial dun personaxe, acción ou escena da súa localización lóxica na historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cangrexo.

    2. queimacasas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Vigo. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anaco de nácara da súa cor natural. Outros apelidos relacionados con esta caste son Nacre e Anacrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de sesenta e dúas odas breves editadas en 1554 polo francés H. Estienne e atribuídas erroneamente a Anacreonte. Tiveron grande influencia durante o Renacemento e foron escritas no período comprendido entre a época alexandrina e os primeiros séculos despois de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ó xeito de Anacreonte.

      2. Na poesía grega e latina, dise de diversos metros, usados por Anacreonte, especialmente o dímetro iámbico cataléctico e o dímetro xónico con anaclase.

    1. Composición poética de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve na que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. As obras deste autor influíron en autores como Teócrito, Catulo e Horacio. O xénero foi representado no Renacemento e coa publicación das Anacreónticas (1554) iniciou unha tradición que callou especialmente na literatura románica. O momento culminante do xénero produciuse no s XVIII con Cadalso, Juan Pablo Forner, e Meléndez Valdés, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa as discordancias existentes entre a orde cronolóxica da historia e a orde do discurso nunha narración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén anacronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erro consistente en supoñer ocorrido un feito nunha data distinta da que sucedeu na realidade; erro de cronoloxía.

    2. Calquera cousa, feito ou costume non propia do tempo ao que se está a facer referencia, incongruente co seu ambiente no sentido de ser propia doutra época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hepáticas foliosas que teñen uns esporogonios que nacen nos costados do caulidio, non no ápice.

    VER O DETALLE DO TERMO