"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘chourizo’.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi precursor do surrealismo cos seus particulares versos sen sentido. Da súa produción destacan Galgenlieder (Cantos do patíbulo, 1905), Einkehr (Parada, 1910) e Stufen (Chanzos, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Naturalizado estadounidense, especializouse no estudo do comportamento dos suxeitos económicos nun mercado oligopolístico e elaborou, xunto co matemático Von Neumann, Theory Games and Economic Behaviour (1944), un modelo de comportamento baseado na teoría do xogo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Combinou a paisaxe, influído pola escola holandesa do s XVII, e a escena de xénero na maior parte das súas obras, aínda que tamén cultivou o retrato. Destaca Interior of a stable (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e cantante irlandés. Coñecido como Van Morrison, comezou a súa carreira na banda The Monarchs, de onde pasaría a Them. Formado no jazz e no blues, en 1967 comezou a súa carreira en solitario. Da súa discografía destacan Blowin’ Your Mind! (1967), Moondance (1970), A Sense of Wonder (1985), Back on Top (1999) e What’s Wrong With This Picture? (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que pertence á serra de Queixa, situado entre as parroquias de Pradoalbar (Vilariño de Conso) e Requeixo (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.491 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giuseppe Mustacchi.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. En 1737 estableceuse en Salzburgo, onde foi compositor da corte do arcebispo. Inventou un método para violín que foi utilizado durante medio século e decidiu abandonar a música para dedicarse enteiramente á formación do seu fillo Wolfgang. Das súas obras destacan un concerto para trompeta e orquestra e unha casación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista austríaca, irmá de W. A. Mozart. Coñecida como Nannerl, viaxou polas cortes europeas exhibindo o seu talento e foi mestra de piano en Salzburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. realizou obras para instrumentos de teclado dunha grande orixinalidade, como a colección de sonatas Armonico tributo. O seu fillo Gottlieb Muffat (Passau 1960-Viena 1770) foi organista de cámara do Emperador Carlos VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do land de Brandenburgo, Alemaña, situada na ribeira dereita do Elba (3.600 h [1982]). Foi fundada no s XIII, ao amparo dun castelo e dun mosteiro cisterciense. É coñecida pola Batalla de Mühlberg (24 de abril de 1547), na que se enfrontaron as tropas do Emperador Carlos V e as da Liga de Esmalcalda. Os exércitos imperiais, xunto co futuro Fernando I, Mauricio de Saxonia e Xoán de Brandenburgo, atacaron ao elector de Saxonia, Xoán, un dos xefes da Liga de Esmalcada, que recuou ata Mühlberg, onde foi vencido por sorpresa polas forzas de Carlos V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo alemán. Director do centro de investigacións psicolóxicas da Universidade de Göttingen (1881-1921), foi un dos fundadores da psicoloxía experimental e traballou nos campos da psicofísica, a percepción visual, a aprendizaxe e a memoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e filósofo alemán. Foi un dos primeiros que empregou métodos psicométricos en psicoloxía. Como psicólogo intentou unha síntese entre a psicoloxía científica e a doutrina de Fichte. Entre as súas obras destacan Der Ursprung der Sittlichkeit (A orixe da moral, 1889), Beiträge zur experimentellen Psychologie (Contribucións á psicoloxía experimental, 1889-1892) e Psychology and Life (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo estadounidense. Fundador da revista Ethnology, realizou estudos comparativos da cultura de diversos pobos e sociedades. Expuxo as súas achegas en On Social Struture (1949), Outline of World Cultures (1954) e, a súa obra principal, Ethnographic Atlas (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de prata, cinco panelas de sinople, colocadas en aspa; bordo de goles cargado de trece estrelas de ouro, de oito raios.
-
RIOS
Río de Afganistán, de 852 km (350 km pasan por Turkmenistán), que desaparece en cinco lagoas no deserto de Karakumy.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión xeográfica de Puglia, Italia, que constitúe un vasto altiplano que se estende ao longo da costa do Mar Adriático, cara a onde descende, entre o val do Ofanto, ao N, e o istmo de Tarento-Brindisi, ao S. Está pouco poboada e os seus principais cultivos son as amendoeiras, viñas e oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Profundo coñecedor da vida dos artistas e escritores pobres de París a mediados do s XIX, foi o autor de Scènes de la vie bohème (1847-1849), obra en que se basea o libreto da ópera La bohème de Pucini. Tamén destacan as súas obras Scènes de la vie jeunesse (1851) e Le roman de toutes les femmes (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Antonio Martínez Murguía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ovidio Martínez de Castro.