"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Técnico forestal alemán. Foi profesor de ciencia forestal da Universidade de Berlín e conselleiro forestal e profesor de ciencia forestal da Escola Carolinum de Brunsvic. É autor de numerosos traballos sobre anatomía e fisioloxía das plantas forestais, particularmente sobre o seu crecemento. Descubriu o tubo criboso e o plasmodesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. A súa produción comprende Canzonette a 4 voces, Cantione sacrae (1590), Madrigali (1596), Simphoniae sacrae (1598), misas de 4 a 8 voces e a obra Venusgarten (1615) de 4 a 6 voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como o barón Haussman, foi prefecto do departamento de Seine (1853-1869) e encargou os traballos da reestruturación urbanística de París: un esquema circular próximo ao urbanismo barroco, que satisfixo as necesidades hixiénicas e de orde pública. Intuíu a necesidade dun poder público forte para organizar as cidades modernas e as súas propostas influíron na formulación urbanística do resto de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Geoffrey De Havilland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Membro do Conservative Party, ocupou diversos ministerios (1959-1965) e a xefatura do partido (1965). Primeiro ministro desde 1970, tentou restaurar as finanzas británicas, pero a hostilidade dos sindicatos fíxolle perder as eleccións (1974) e o liderado do partido (1975), que pasou a mans de M. Thatcher.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua hebrea. 

    2. Individuo do pobo hebreo.

    3. Pobo semita orixinario de Mesopotamia que emigrou cara a Palestina a comezos do II milenio a C. Despois da escravitude en Exipto conquistaron parte de Canaán a comezos do II milenio a C, onde se estableceron e constituíron un reino. No Antigo Testamento a palabra “hebreo” emprégase en boca de estranxeiros para contrapoñer os hebreos a outros pobos. No Novo Testamento aplícase aos que falan arameo, para evitar o termo “xudeu”, reservado aos que non aceptaron a Xesús Cristo. Nas xenealoxías da Xénese, os hebreos e outros pobos semitas están relacionados co epónimo ‘Ibrī, devanceiro de Abrahán, e máis recentemente os eséxetas tenden a relacionar os fillos de ‘Ibrī ou semitas cos ‘Hapiru dos textos exipcios, ugaríticos, acadios e hititas.

    4. Lingua semítica, considerada polos filólogos como unha división do grupo noroccidental. Co fenicio, o púnico e o moabita, constitúe unha rama do antigo cananeo. As manifestacións escritas do hebreo no seu período máis antigo son a Biblia hebraica (1200-200 a C) e a epigrafía da época real. A pesar do predominio crecente do arameo ao inicio do período do exilio (s VII a C), o hebreo continuou a ser o medio de expresión, aínda que non escrito, no período posbíblico. A maioría dos textos rabínicos dos primeiros séculos cristiáns foron tamén escritos en hebreo (Miš, Tosefta, Talmud e Midraš), e a tradición xudía mantivo o uso de “lingua santa” nunha gran parte da súa produción literaria ata os tempos modernos. O hebreo posúe un alfabeto e unha escritura propias. A maioría da poboación xudía do Estado de Israel, onde é lingua oficial, fala e escribe habitualmente hebreo. Esta obra de restauración nacional débese principalmente a Eliezer...

    5. Alfabeto propio da lingua hebrea. Escribiuse con alfabeto fenicio de vinte e dúas consoantes -algunhas empregadas desde o pricipio como semivocais. Entre os ss IV e II a C comezouse a adoptar a escritura cadrada, de orixe aramea. Mentres que en Qumrān aparecen aínda as dúas escrituras, a fenicia ou paleohebraica conservouse só entre os samaritanos. Con tal de preservar a lectura correcta da Biblia, os masoretas idearon (cara aos ss VI-VII d C) dous sistemas principais de puntuación vocálica do texto, un supralineal (babilónico), e outro sublineal (tiberienco).

    6. Literatura cultivada en lingua hebrea, desde a Biblia ata os autores do Estado de Israel. Os libros da Biblia constitúen o legado máis prezado da literatura hebrea antiga. O canon xudeu das Escrituras contén só obras en hebreo, que mostran unha gran variedade de estilos e formas literarias, cun contido moi unitario. Outras obras hebreas dos derradeiros séculos anteriores á era cristiá son didáctico-poéticas (Eclesiástico) e históricas (Macabeos), composicións místico-litúrxicas (himnos e salmos de Qumran) e, particularmente, as do xénero apocalíptico. Os descubrimentos do Mar Morto deron a coñecer tamén unha gran cantidade de obras hebreas de carácter esotérico. A mediados do s II as opinións dos rabinos máis autorizados comezaron a ser rexistradas por escrito, divididas en halaká e haggadá, segundo se eran de carácter legal ou de carácter lendario-histórico ou ético-relixioso. Cara ao ano 200 R. Yehudá ha-Nassí promulgou a...

    7. Arte musical do pobo hebreo. A tradición atribúelle a David e á súa época un grande esplendor musical. Os principais instrumentos da música hebrea son o hazozrá, o nebel, a arpa, a trompeta, o něhilá, o sǒfar, o rinnor e o tof. Despois da destrución do Templo (70 d C), só sobreviviu a música vocal, baseada en textos bíblicos. O canto hebreo tivo un período florecente no s XVI, especialmente en Palestina e en Italia. No s XVIII volvéronse introducir os instrumentos, e xa entrado o s XIX intensificouse a participación do órgano na música de culto. Y. Engel, cara a finais do s XIX, fixo unha recompilación de cantos tradicionais sobre os que se basearon compositores como M. Bruch e E. Bloch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς   ou Περι ή γησις   (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hedra.

    2. hederiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Formado en Filosofía e teoloxía no seminario de Tübingen, foi profesor nas universidades de Jena, Heilderberg e Berlín. Amigo de F. W. J. von Schelling e F. Hölderlin, editou con eles a Gaceta de Bamberg, revista de filosofía crítica onde publicou os seus primeiros traballos. Concibiu a filosofía coa intención de comprender o propio tempo e considerou que a relixión tiña un contido racional que a filosofía debía facer seu. Opúxose, polo tanto, a unha concepción transcendente do absoluto, Deus está aquí e maniféstase progresivamente na historia, a medida que o home consegue a liberdade. Entre as súas obras destacan Phänomenologie des Geistes (Fenomenoloxía do espírito, 1807), Wissenschaft der Logik (Ciencia da lóxica, 1812), Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse (Enciclopedia das ciencias filosóficas en compendio, 1817) e Grundlinien der Philosophie des Rechts oder Naturrecht und Staatswissenschaft im Grundrisse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teorema de Borel-Lebesgue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría segundo a que, cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente, créase unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás helotiáceas.

    2. Fungo da familia das helotiáceas.

    3. Familia de fungos ascomicetos, da orde dos helotiais, con peridio de hifas pálidas e paredes delgadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás helveláceas.

    2. Ascomiceto da familia das helveláceas.

    3. Familia de ascomicetos de carpóforos carnosos e elásticos, cunha parte estéril que corresponde ao talo e unha parte fértil que corresponde ao sombreiro que presenta forma de copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das festas relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo que designa o nome dunha conmemoración, dunha festa, dun día sinalado, tanto relixioso como pagán. O período referido pode abarcar xusto un día ou comprender varios días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego co que foi coñecida a antiga cidade exipcia de Henensu, actualmente Ihnāsiyat al-Madīna, situada a uns 110 km ao SO do Cairo. Foi capital de Exipto durante as dinastías IX e X (2300? a C-2160? a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á herba ou ás herbas.

    2. Que ten aspecto ou características de herba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo británico, quinto conde de Carnarvon. Formado na University of Cambridge, descubriu xunto con Howard Carter a tumba intacta do Faraón Tutankamon. Foi o autor de Five Years’Exploration at Thebes (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Hércules.

      1. Que esixe unha forza extraordinaria.

      2. Que é extrordinariamente forte ou robusto.

    VER O DETALLE DO TERMO