"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Tui e Sarria. As súas armas traen unha serea, en ondas de azul e prata, e bordo con oito follas de figueira, entre catro cruces. Algúns levan unha man sumada dun gabián. Outros ostentan, en campo de prata, unha árbore de sinople, con terrazo da mesma cor, e un lobo andante de sable, atravesando o tronco.
-
PERSOEIRO
Estudiou Ciencias Químicas e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Foi investigador, profesor e xefe da Sección de Corrección de Suelos do CSIC, catedrático de Edafoloxía, director do Colexio Universitario de Ourense, decano da Facultade de Farmacia de Santiago e director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na edafoloxía, onde destaca o seu labor como xefe do equipo que levou a cabo o Mapa de Solos do norte de España. Das súas obras destacan Suelos de la zona húmeda española, Técnicas de análisis de suelos. Experimentos de campo, Técnicas de análisis de suelos e Itinerarios de los suelos de Galicia. É membro da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo, presidente da Sección de Química, Física e Ciencias Naturais da Academia Galega de Ciencias e membro do seminario de Estudios Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. Exerceu o sacerdocio e publicou Unha Noite na casa do Tío Farruco do Penedo (1885), obra galardoada nun certame literario de Lugo en 1877.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Licenciado en Belas Artes, na década de 1990 foi o responsable en Lugo do fanzine experimental Kedeké. Colaborou en O Fanzine das Xornadas, Ovo e Semana de Banda Deseñada. En 2001 coordinou a exposición colectiva Microclimas. Dirixe a librería especializada Tótem de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor francés. Profesor nas universidades de Montpellier (1937-1946), Dijon (1948-1954) e París (1955-1968), foi o único laico que asistiu ás primeiras sesións do Concilio Vaticano II. Foi o mediador designado pola Santa Sé no conflito co bispo disidente, monseñor M. Lefebvre (1977). Partidario dun cristianismo conciliador, escribiu La pensée moderne et le catholicisme (1930-1955), L’éternité chez Plotin et saint Augustin (1933) e Profils paralleles: Pascal-Leibniz, Renan-Newman (1970). Foi membro da Académie Française (1961) e da Académie des Sciences Morales et Politiques (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Estableceuse en Santiago de Compostela entre os anos 1620 e 1633, aínda que probablemente as súas edicións esporádicas chegaron a 1660. Tirou do prelo, entre outras obras, De Jubileo (1628), de Méndez, e Constituciones de la Universidad de Santiago (1633).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do sheng de Guizhou, China, na rexión do SO (1.018.619 h [1990]). Está situada na beira do Nanming He, tributario do Iang-Tsé. Ten unha gran planta siderúrxica que subministra aceiros á industria local da fabricación de maquinaria e ferramentas. Ten xacementos de bauxita ao N da cidade e tamén industria química, de fabricación de pneumáticos, de produtos téxtiles, de vidro e de papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Historiador e político francés. En 1812 obtivo a cátedra de Historia Moderna en La Sorbonne. Durante o reinado de Carlos X de Francia encabezou un sector de oposición parlamentaria e contribuíu á entronización de Luís Filipe I de Francia. Durante o seu reinado ocupou os ministerios de Interior e Instrución Pública, desde onde promoveu a lei (1833) que dispuña a creación de escolas primarias en todas as provincias francesas. Evolucionou cara a posicións conservadoras e dimitiu como presidente do consello ao desencadearse a Revolución de 1848. Foi autor de Histoire générale de la civilisation en France (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Punjab, Paquistán, entre os ríos Chenāb e Rāvi (1.124.749 h [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro e mecenas armenio. Magnate do petróleo, comezou a traballar co seu pai en 1888. Nacionalizado británico en 1902, viviu en Londres e París, e en 1942 estableceuse en Lisboa. Coa súa fortuna formou unha coleccion de arte, base da Fundação e do Museu Calouste Gulbenkian.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e antropólogo. Formouse no seminario de Ourense e estudiou teoloxía e antropoloxía no Seminario Nacional de Misiones Extranjeras de Madrid. Investigador do léxico dos canteiros, da arquitectura medieval e de lendas e contos populares, foi un dos impulsores do Museo Etnográfico de Beariz. Da súa produción destacan As marcas da pedra no suroeste de Galicia, Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo, Polos camiños de Beariz de Montes e Dicionario do verbo dos canteiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Soprano. Emigrou a Uruguay, onde comezou os estudios musicais e debutou artisticamente. Posteriormente, trasladouse a Europa e formou parte da Ópera de Düsseldorf. Catalogada como soprano dramática, actuou nos principais teatros do mundo e interpretou óperas e zarzuelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid e debuxo, pintura e modelado na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Colaborou con obra gráfica en El Progreso, La Voz de Galicia e nas revistas Lucus, Can sen dono e Atlántico Exprés. A súa obra, figuración e abstracción, caracterízase pola sinopse representativa e pola síntese de elementos plásticos na procura de valores dominantes e da supresión dos contidos circunstanciais ou anecdóticos. Realizou exposicións individuais por toda Galicia e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oftalmólogo sueco. Estudiou nas universidades de Uppsala, Viena e Estocolmo. Foi profesor da Universidade de Uppsala desde 1894. Son célebres os seus estudios sobre astigmatismo e sobre a córnea. Inventou uns lentes correctores para persoas ás que se lle estirpou o cristalino e unha lámpada de rañura. Investigou o poder de acomodación do cristalino, que permite enfocar os obxectos, que foi o seu principal logro. En 1911 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polas técnicas de biomicroscopia córnea que introduciu e desenvolveu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso mozárabe. Foi sacerdote dunha cidade da diocese de Qurtuba, na Córdoba musulmana, onde tamén foi martirizado (852). Na iconografía viste sotana sacerdotal, ás veces con roquete, e leva como atributos a palma do martirio e un alfanxe. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Judy Garland, era filla de actores de music-hall. Con tres anos debutou como cantante e con cinco anos formou parte do Trío Gumm coas súas irmás Virginia e Mary Jane. Con 14 anos fixo unha proba para a Metro-Goldwyn-Mayer e a partir dese momento comezou a súa traxectoria cinematográfica. Nos primeiros anos fixo parella artística con Mickey Rooney, pero o éxito chegoulle cos musicais da década de 1940. Os problemas co alcohol e as drogas precipitaron o final da súa carreira. Da súa filmografía destacan Every Sunday Afternoon (1936), Broadway Melody of 1938 (1938), The Wizard of Oz (1939, Oscar á mellor actriz xuvenil), Meet Me in Saint Louis (1944), The Pirate (1948), Easter Parade (1948), A Star is Born (1954) e Judgement at Nuremberg (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na Anatolia Oriental (6.748 km2; 157.797 h [1997]). A capital é Gümüşhane (22.775 h [1997]).
-
PERSOEIRO
Economista. Doutorouse en Economía pola University of Chicago en 1957. Neomarxista especializado en economía do subdesenvolvemento, das súas obras destacan Development and Underdevelopment (1966), Capitalism and Underdevelopment in Latin America (1967) e Sociology of Development and Underdevelopment of Sociology (1969).
VER O DETALLE DO TERMO