"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CONDADOS
Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos han.
-
Membro da dinastía chinesa que reinou do 202 a C ao 220 d C, cun breve interregno de 23 anos, e que se caracterizaron por sentar as bases do futuro mandarinato.
-
-
CIDADES
Cidade do land de Hessen, Alemaña (86.300 h [1990]). Porto fluvial do Main, é un centro comercial de xoiería e de talla de diamantes, actividade que se remonta ao s XVI. Fundada polos romanos, recibiu o nome de Hanau en 1234 e incorporouse ao landgraviato de Hessen--Kassel en 1736.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escola xurídica fundada por A ḥ mad ibn Ḥ anbal no s XI, unha das catro ortodoxias do Islam. Admite recorrer ao xuízo persoal só en casos de absoluta necesidade.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. A súa obra é de corte vangardista e experimental, centrada na análise da linguaxe como instrumento de comunicación e dominación e no tratamento de temas como a soidade, a incomunicación ou a angustia vital. Entre as súas pezas podemos destacar Profecía (1966), Gaspar (1968), Os insensatos (1973), O xogo das preguntas (1900) ou Xustiza para Serbia (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. En 1703 foi a Hamburgo, onde actuou como violinista e clavecinista no teatro. Despois trasladouse a Italia e alí relacionouse con Lotti, os Scarlatti, Corelli e Pasquine. Foi mestre de capela da corte de Hannover. Durante unha estadía en Londres estreou Rinaldo (1711), Il Pastor Fido (1712) e Te Deum. Cando o elector de Hannover se converteu en Xurxo I de Inglaterra (1714), Händel continuou ao seu servicio. Posteriormente dedicouse á oratoria con Athalia (1753), Israel in Egypt (1739) e Saul (1739); en 1742 estreou en Dublín a obra máis célebre de todas, Messiah. A esta seguíronlle Aamson (1743), Belshazzar (1745), Judas Maccabaeus (1747), Joshua (1748), Solomon (1749) e Jephtha (1752). Nas décadas de 1730 e 1740, escribiu os orixinais concertos para órgano e as dúas series de concerti grossi; en 1749 consolidou a súa vinculación a Inglaterra con...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desvantaxe imposta, nunha proba deportiva, a un competidor que se supón superior aos demais, para igualar as posibilidades de gañar de todos.
-
Calquera circunstancia que causa unha desvantaxe nunha competición deportiva a un dos seus competidores.
-
Circunstancia ou feito desfavorable.
-
-
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Entre as súas obras destacan as novelas Die Hornissen (As avespas, 1966), Kaspar (1968), Die Angst der Tormanns beim Elfmeter (O medo do porteiro ao penalti, 1970), Falsche Beweung (Falso movemento, 1975), Die linkshändige Frau (A muller zurda, 1976), levada ao cine e dirixida por el en 1977, Das Gewicht der Welt (O peso do mundo, 1977), Die Lehdre der Sainte-Victorie (A lección de santa Victoria, 1980), Die Abwesenheit (A ausencia, 1987), Nachmigtag eines Schriftstellers (A tarde dun escritor, 1987), Mein Jahr in der Niemandsbucht (O ano que pasei na baía de ninguén, 1999), ademais de ensaio e teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor esloveno. Empregou a miúdo o nome latinizado Jacobus Gallus, compuxo misas e moitos motetes. As súas obras son unha síntese de escritura contrapuntística dos franco-flamengos coa escola policoral veneciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escola xurídica fundada por Abū Ḥ anīfa e aos seus membros. A doutrina desta escola foi seguida polos abásidas e os aglábidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arkhangaj.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recinto cuberto, pechado ou non, que se emprega para gardar especialmente aeronaves, mercadorías ou vehículos.
-
CAPITAIS
Capital do sheng de Zhejiang, China, na rexión do Leste (1.099.660 h [1990]). Está situada na costa oriental, no fondo da baía de Hangzhou, no extremo meridional do Gran Canal. É un porto moi activo e un importante núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Aníbal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funcións de Bessel de terceira clase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de China, integrada na aglomeración urbana de Wuhan, no sheng de Hubei, rexión do Centro-Sur. Situada na beira esquerda do Hanshui, tributario de Iang-Tsé, é a máis grande das tres cidades da conurbación de Wuhan. Foi unha das primeiras cidades chinesas abertas ao comercio exterior (1861). A súa industria siderometalúrxica convértea no segundo foco industrial do país; produce metal, maquinaria, ferramentas, maquinaria pesada, vagóns de tren e camións.
-
PERSOEIRO
Actor estadounidense. Coñecido como Tom Hanks, debutou en televisión en 1980. Entre outras películas destacan Joe versus Volcano (1990), The Bonfire of the Vanities (1990), A League of Their Own (1992), Philadelphia (1993, Oscar 1994), Forrest Gump (1994, Oscar 1995), Cast Away (2000), The Green Mile (1999) e Catch me if you Can (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Thomas J. Hanks
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfocarbonato de potasio e sodio, de fórmula Na22 K(SO4)9 (CO3)2 CI. Cristaliza no sistema hexagonal. É incoloro, amarelento ou agrisado. Ten dureza 3-3,5 e o seu peso específico é 2,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o arquitecto Hannequin Egas, membro da familia de orixe flamenga Egas, activa na Coroa de Castela nos ss XV e XVI.