"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Dende 1984 forma equipo con Salvador Fraga Rivas e Manuel Portolés Sanjuán, cos que realizou, entre outras obras, a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) (1998-2002). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 8.10.1909 - Santiago de Compostela 05.08.2003) Escritor, político e médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o premio extraordinario de licenciatura, e acadou o grao de doutor na Universidad de Madrid. Ademais, ampliou a súa formación en Suíza, Francia e Berlín co profesor Von Bergmann, creador da patoloxía funcional. Durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, entre outros moitos. Posteriormente, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estalido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e a súa relación co metabolismo. A chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Garcilaso de la Vega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
garfo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta editada na Coruña a partir de 1906. Subtitulouse “Revista mensual ilustrada” e o seu propietario e editor foi F. García Ybarra. Serviu como promoción dos obradoiros tipográficos do mesmo nome e tivo unha tiraxe media de 3.000 exemplares. Incluíu crónicas, novas da cidade da Coruña e de poboacións da provincia, poesías e referencias a intelectuais galegos. Destaca pola calidade dos seus fotogravados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico inglés. Foi o primeiro en estudar as enfermidades humanas ocasionadas por disfuncións metabólicas determinadas xeneticamente, como a alcaptonuria, a frutosuria ou o albinismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano, marqués de Gattinara. Embaixador de Maximiliano I de Austria fronte a Luís XII de Francia e Fernando o Católico, foi conselleiro de Margarida de Austria, xunto coa que preparou a elección imperial de Carlos I. Primeiro presidente do Parlamento de Borgoña (1508) e gran chanceler imperial desde 1518, realizou, sen éxito, unha reforma da administración de Castela e intentou impor unha moeda única en todos os territorios imperiais. Foi o artífice das sinaturas do Tratado de Windsor (1522) con Inglaterra, da Paz de Cambrai (1529) con Francia, da Paz de Barcelona (1529) co papa, e da de Boloña (1529) cos ducados de Milán e Xénova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación política editada en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1812. Cesou a súa edición o 30 de decembro de 1813. Dirixiuna Xoán Bautista Caamiña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, saía todos os mércores e sábados. Erixiuse no substituto de “El Patriota Compostelano” e “El Cartel”. Incluíu extractos das sesións das Cortes de Cádiz, comunicados e noticias estranxeiras e de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr, ao NL de Essen e ao NO de Bochum (281.979 h [2000]). Esténdese por un val aberto e amplo, preto do canal Herne-Rin, que enlaza con Duisburg. Xurdida a mediados do s XIX dunha aldea agrícola de 1.000 h, desenvolveuse como unha cidade mineira e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Activo no derradeiro cuarto de s XIII, pertencía á liñaxe dos Soutomaior. Na década de 1280 foi privado do infante Sancho, futuro Sancho IV, e desde 1283 desenvolveu os cargos de abade de Valladolid e de notario do antigo Reino de León. Acadou gran relevancia política na corte de Sancho IV, quen lle concedeu a mitra de Mondoñedo (1286). Nesta corte mantivo relacións cos trobadores Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Vasquiz de Talaveira, Pai Gomez Charinho e Rodrigu’Eanes Redondo. Só se conservan dúas cantigas da súa autoría, unha de amor “A vossa mesura, senhor” e outra de amigo “Diz meu amigo que me serve bem”, recollidas nos cancioneiros B e V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Garcia Mendiz d’Eixo. Activo no segundo e terceiro cuartos do s XIII. Casou con Leonor Afonso (1273), filla ilexítima de don Denis, e grazas a esta relación conseguiu o título de conde (1276). Consérvase o escarnio persoal “Levarõ-na Codorniz” recollido no Cancioneiro da Bilioteca Nacional de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo e etnógrafo. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Bases para unha antropoloxía aplicada na Galicia rural (1979), A Morte (1987), Romeiros do alén (1989, Premio da Crítica 1990), Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega (1991), Espiritados. Ensaios de Etnopsiquiatría galega (1992), en colaboración con E. González Fernández, Crítica da razón galega: entre nós-mesmos e nós-outros (1993). É membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Galegos do CSIC, do Padroado do Museo do Pobo Galego, da European Association of Social Anthropology (EASA) e do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi membro do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e dirixiu a Casa da Cultura da Coruña. Pertencente á Xeración de 1936, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destacan El libro y el verso (1958), Alrededor del mar (1961), Bailada dos anxos (1961), Poema ao meu lar (Rosa de Ouro na Festa da Cantiga 1968), Poemas a Albertiño (1970), Nas faíscas do soño (1972), Paso soa de luz (1975), Claridade en que a tentas me persigo (Premio da Crítica 1978), Sede e luz (1986) e Un nome só na néboa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Licenciado en Historia da Arte e diplomado en maxisterio, foi arquiveiro e fabriqueiro da catedral de Ourense, responsable do Patrimonio Artístico e director do Museo da Catedral de Ourense, delegado diocesano do Patrimonio da diocese de Ourense e do Camiño de Santiago e fundador e director do Seminario de Estudios Fontán-Sarmiento e do seu Boletín. Tamán foi director do Archivo Diocesano de Astorga e colaborou en Tuy, Museo y Archivo Diocesano, Rutas Cicloturística del Románico, Abrente, Auria, Porta da Aira e en diversos catálogos de exposicións. Foi coautor, entre outros, de El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1987), A arte galega. Estado da cuestión (1990) e La catedral de Orense (1993). Coordinou e dirixiu El Liceo de Ourense: 1850-2000 (2000). Escribiu La biblioteca capitular de Orense: historia y fondos (1981?), Los otros Caminos de Santiago (1994) e La...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e arqueólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1930). Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, trasladouse a Puerto Rico, onde foi decano da Universidad de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Membro do Seminario de Estudios Gallegos, participou xunto a F. López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Domaio, Santa Tegra, Taboexa e San Cibrán de Las. Colaborou de forma asidua con distintas publicacións O tesouro de Foxados (1933), La Población de Nueva España en el siglo XVI e El colegio de San Clemente de Pasasantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Locutor radiofónico. Desenvolveu o seu labor no departamento de relacións públicas da Cadena SER. Foi delegado en Lugo de La Región e colaborador da Televisión Española en Galicia. A partir de 1968 traballou en Radio Popular de Lugo. Publicou os guións de radio El Dios de Roma que lloró por Lugo (1979), Salou, novia del mar (1980) e Medio cento de galegos e Rosalía (1983). Obtivo o Premio Galicia de Xornalismo (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de príncipes rusos de orixe moscovita. Entre os seus membros destacaron Dmitrevi č Gor č akov (1790-1868), xeneral que participou na campaña contra Napoleón (1812-1813), na guerra contra Turquía (1829) e na de Crimea; Mikhail Dmitrevi č Gor č akov (1793-1861), xeneral que reprimiu a revolta de Polonia (1830-1831), cabeza do estado maior durante a represión da revolución húngara (1849) e lugartenente xeral en Polonia (1856); e Aleksandr Mikhajlovi č Gor č akov (1798-1883), diplomático e ministro de Asuntos Exteriores desde 1856, que foi o artífice da hexemonía rusa no Mar Negro, da Alianza dos Tres Emperadores (1873) e da sinatura do Tratado de San Stefano (1878).
-
GALICIA
Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Discípulo de F. Busoni, destacou como intérprete de música contemporánea. Da súa produción destacan as pezas Molly on the Shore (1921) e Händel in the Strand (1930).
VER O DETALLE DO TERMO