"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Acción e efecto de nevar.

    2. Cantidade de neve que cae dunha soa vez e sen interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (286.352 km2; 1.998.257 h [2000]). A súa capital é Carson City. Atravesado polas Montañas Rochosas, forma parte de Gran Conca, moi accidentada e coa altitude máxima no cumio Jefferson (3.599 m), no centro do estado. O clima é de tipo continental. As dúas áreas urbanas máis importantes son Las Vegas e Reno, que concentran máis do 75% da poboación total. O turismo é a principal fonte de ingresos grazas ao xogo (Las Vegas) e á simplificación dos trámites nos matrimonios e divorcios (Reno). A agricultura é de regadío, sobre todo cerealística, e a gandaría, bovina. Posúe importantes recursos minerais, como cobre, cinc, ouro, prata e mercurio. Habitado por algunhas tribos indias, non foi colonizada ata finais de 1845. En 1848 o Tratado de Guadalupe Hidalgo pasouno de México a EE UU. Convertido en territorio desde 1861, en 1864 converteuse no 36 estado da Unión pola importancia que cobrou como fornededor de prata e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de nicar.

    2. Picada de ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de crías, de ave ou de réptil, que nacen no mesmo niño.

    2. Conxunto de crías que naceron nun mesmo parto.

    3. Conxunto dos órganos sexuais femininos ou masculinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa feita con noces e especias que se emprega nalgúns guisos de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de tempo que dura unha noite.

    2. Festa ou diversión que dura toda a noite.

    3. Feito de pasar unha persoa a noite en vela sen poder durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome que se lle pon a unha persoa ou a unha familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Cultivou o retrato, a pintura de xénero e a relixiosa. Despois dunha curta estadía en Italia, exerceu de mestre en Anveres. Tivo por discípulos a Jacob Jordaens e Peter Paul Rubens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento fresco e persistente do nordés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento áspero e forte que sopra do norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensaio escrito por Vicente Risco e publicado na revista Nós en 1933. Nel reflíctese o proceso seguido por un grupo de intelectuais que, partindo dun marcado individualismo, avanzan no compromiso coa súa terra. Ademais, polo feito de considerarse “inadaptados”, pasaron a concibir a arte como unha forma de evasión da realidade social. Este ensaio está considerado, xunto con Arredor de si, de R. Otero Pedrayo, e “Dos nosos tempos”, de Florentino L. Cuevillas, como unha das máis claras definicións do significado que tivo o grupo Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michel de Nostre-Dame.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molestia ou broma pesada que se lle gasta aos novatos.

    2. Dificultade ou erro que provén da inexperiencia nunha materia ou actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • icerreinado dependente da monarquía hispánica que comprendía o territorio dos actuais estados de Colombia, Ecuador, Venezuela e Panamá e unha parte de Perú e de Brasil. Establecido en 1717, tras a loita pola independencia formouse, en 1819, a República da Gran Colombia, ata que se desintegrou para constituír as Repúblicas de Venezuela (1829), Ecuador (1830) e Nueva Granada (1831), que en 1889 tomou o nome de República de Colombia, da que se separou, en 1903, a República de Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae por armas escudo cortado: primeira partición, en campo de prata un aguia de sable; en segunda partición, tamén de prata, con catro bandas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe perciforme, de ata 30 cm de lonxitude, que presenta o corpo alto e comprimido, os ollos grandes e unha mancha preto da aleta caudal. É un nadador activo que vaga preto das costas rochosas en pequenos grupos, na procura dos invertebrados plantónicos dos que se alimenta e de insectos que caza saltando fóra da auga. É moi común no Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofrenda de pan que acostumaban facer os familiares dun defunto en ocasión do funeral ou dun aniversario no momento do ofertorio da misa.

    VER O DETALLE DO TERMO