"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

      1. Relativo ou pertencente a Holanda ou aos seus habitantes.

      2. Habitante ou natural de Holanda.

    1. neerlandés.

    2. Aplícase a diversas razas bovinas, orixinarias de Holanda, especializadas na produción de leite e, secundariamente, de carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de papel máis pequeno ca un folio, duns 22 x 28 cm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao carácter que pasa directamente de macho a macho pola transmisión do cromosoma Y.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e debuxante alemán. Coñecido como o Novo, frecuentou o círculo humanista de Basilea, onde ilustrou libros e pintou, entre outros retratos, B. Amerbach (1519), Cristo no sepulcro (1521), Erasmo (1523) e Virxe da familia Meyer (1526). En 1532 estableceuse en Inglaterra e converteuse en pintor de Enrique VIII, onde realizou ademais doutras obras, Os embaixadores (1533), Enrique VIII, O duque de Norfolk (1538) e Catherine Howard. Identificado co espírito humanista, relacionouse co grupo de Erasmo e de Thomas More. O seu pai e mestre, Hans Holbein o Vello (Augsburgo 1465-Isenheim 1524), realizou obras influenciadas polo Renacemento italiano, das que destacan o retablo para a igrexa dos dominicanos de Frankfurt (1500-1501), algúns retratos e numerosos debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado con Mies van der Rohe, as súas obras tratan de integrar algunhas das formas da Sezession vienesa co racionalismo, resultando o que se definiu como arquitectura conceptual. Das súas obras destacan os edificios para a empresa Siemens en Múnic (1969-1972), o proxecto do Museo de Arte Moderna de Frankfurt (1983) e as dependencias culturais da embaixada de EE UU en Moscova. Recibiu o Premio Pritzker (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto constituído por especies que realizan todo o ciclo biolóxico integramente na zona planctónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Amiens. Segundo unha lenda do s XI, traballaba nunha panadería e un día a pa coa que quitaba o pan do forno floreceu. Por esta razón é patrón dos panadeiros, pero tamén é avogoso de floristas e muiñeiros. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa, mitra sobre a cabeza; e, como atributos, a palma do martirio e, ás veces, a pa dos panadeiros con pans. A súa festividade celébrase o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (426). De liñaxe galorromana, peregrinou a Grecia e coñeceu a vida dos monxes orientais. Ao volver, fíxose eremita na costa occitana do Estérel, e despois na illa de Lérins (futura illa de santo Honorato). Arredor del foise xuntando un grupo, co que creou a primeira comunidade monástica da Galia e un gran centro cultural. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa e mitra sobre a cabeza. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico alemán. Coñecido como Justinus Febronius, foi consagrado bispo axudante de Trier (1748). Defendeu as teses galicanas e deu orixe ao febronianismo. O seu Liber singularis foi condenado pola Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Gherardo della Notte, estivo en Italia (1620) e foi retratista da Corte. Marcado polo coñecemento de Caravaggio, pintou algunhas obras en claroscuro, que influíron na escola holandesa e, sobre todo, en Rembrandt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afeccionado dun club de fútbol que se distingue polo seu comportamento violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico inglés. Illou por primeira vez o aminoácido triptófano a partir de proteínas (1902) e o tripéptido glutatión en tecidos vivos (1921). Foi un dos descubridores da existencia de factores cualitativamente mínimos (vitaminas), a súa ausencia na dieta determinaba enfermidades como o raquitismo e o escorbuto. Foi o primeiro en demostrar que o ácido láctico é un produto de refugallo da contracción muscular. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1929) xunto con Ch. Eijkman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Achegou orixinalidade á produción poética vitoriana. O seu poemario máis importante é The Wreck of the Deutschland (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Influído por Richard Burton, debutou en Broadway con Equus (1975). Da súa filmografía destacan The silence of the lambs (1991, Oscar ao mellor actor), Bram Stoker’s Drácula (1992), Amistad (1997), The Mask of Zorro (1998), Hannibal (2001), Red Dragon (2002) e The Human Stain (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual de crítica, ensaio e poesía, editada en València (xaneiro-decembro de 1937) e Barcelona (xaneiro-novembro de 1938) por un grupo de intelectuais; entre eles, R. Alberti, Luis Cernuda, María Zambrano, Pere Bosch i Gimpera e Rafael Dieste. Incluía numerosas composicións poéticas, recensións de obras e unha antoloxía poética. Constituíu o expoñente máis importante da coalición de escritores ao carón da causa republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Quinto Horacio Flaco e á súa poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, drenado polo río Riánsares (3.440 h [2001]). A súa economía está ligada ao sector primario: a agricultura (cereais, oliveiras, legumes e melóns) e á gandería (gando ovino). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Inmaculada Concepción (ss XVI-XVII) e a casa da Cadena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FYLKE

    Fylke de Noruega (15.634 km2; 441.100 h [2001]). A capital é Bergen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena. Dirixiu o Teatro de Cámara de Zaragoza (1966-1969), foi profesor da Real Escuela Superior de Arte Dramático (desde 1976) e catedrático de Dirección de Escena (desde 1989). Como director de escena cómpre salientar os espectáculos La vengadora de las mujeres, Los veraneantes ou La Mojigata. Como investigador ten publicado diversos estudios sobre R.M. Valle-Inclán, B. Brecht, F. García Lorca, V.E. Meyerhold, ademais de traballos sobre política teatral, como o volume Teatro, realismo y cultura de masas (1974), ou de estudios colectivos, como Autoras en la Historia del Teatro Español e Directoras en la Historia del Teatro Español. Foi un dos fundadores da Asociación de Directores de Escena de España e impulsou proxectos, como a celebración de congresos e seminarios ou a edición de estudios e textos dramáticos, así como a revista ADE/teatro. Ten colaborado con publicacións como Triunfo, Cuadernos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (514-523). Estableceu a professio fidei, denominada tamén fórmula de Hormisdas (519), que propuña unha volta á doutrina dos concilios de Nicea e Calcedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO