"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Manuel Martínez i Hugué.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador holandés. Centrou os seus estudios na elaboración dunha historia da cultura que analizase os cambios nas mentalidades do pasado que permitiron o desenvolvemento de novos tempos. Entre as súas obras destacan Herfsttij der Middleeuwn (O outono da Idade Media, 1919), Erasmus (1924) e Homo Ludens (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Madrid, ao S de Móstoles e Getafe (10.219 h [2001]). A industria é a base da súa economía. Destacan os sectores da construción, a metalurxia, a peletería e o moble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de todos os seres humanos.

    2. Condición ou natureza humana.

    3. Calidade de humano.

    4. Corpulencia dunha persoa.

    5. Conxunto de estudios relacionados coas letras e con todas as outras actividades do espírito que exaltan os valores humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento cultural que se desenvolveu en Europa ao longo de toda a Idade Moderna e que se caracterizou pola renovoación do home e do seu papel no mundo e polo redescubrimento dos autores clásicos e a aplicación dos seus valores a todos os campos do saber. En 1428, o florentino Leonardo Bruni (1370?-1444) compuxo unha oración fúnebre para Nanni degli Strozzi onde aparecía, nun contexto revelador, a palabra humanitas; a historia e o sentido desta constitúe un dato imprescindible para a comprensión do humanismo renacentista. Humanitas é unha palabra latina traducida do grego φιλανθπωπία, ‘amor á condición humana’ e que foi utilizada por primeira vez por Esquilo (525 a C-456 a C), quen a aplicou á benevolencia de Prometeo cara aos seus homes. Na época helenística e romana era unha calidade desexable nun monarca e que o mesmo san Paulo lle atribuía a Cristo. L. Bruni tomou o termo humanitas de Cicerón (106 a C-43...

    2. Corrente de pensamento que colocou o home no centro do seu interese. Algúns dos seus pensadores prescindiron da idea de divindade, ben ao negar a súa existencia, ben ao cuestionar o seu coñecemento mentres que a gran maioría fomentaron un humanismo en que non se excluía a existencia da divindade nin as súas relacións co ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio do humanismo ou dos humanistas.

    2. Que ou quen é partidario do humanismo.

    3. Persoa instruída en humanidades.

    4. Erudito que cultivaba, durante o Renacemento, o estudo das linguas e literaturas clásicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás humanidades ou ao humanismo.

    2. Tipo de escritura latina propia do Renacemento, promovida polos humanistas italianos. Xurdiu en Florencia ao comezo do s XV como resultado dunha reacción contra e escritura gótica complicada, e, pouco a pouco, pasou a outros países da Europa Occidental. A escritura humanística, nas súas formas redonda e cursiva, pasou aos tipos de imprenta modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se interesa polo ben da humanidade.

      1. Que é solidario e bondadoso.

      2. Que é propio deste tipo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude humanitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen avoga polo humanitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de humanizar ou humanizarse.

    2. Acción humana que altera unha paisaxe ou un ecosistema, correntemente no sentido de degradalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que humaniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que algo ou alguén adquira carácter ou natureza humana.

      2. Facer a algo ou alguén máis humano, menos cruel menos difícil para os homes.

    1. Transformar unha paisaxe ou un ecosistema por vía da humanización.

    2. Tomar algo ou alguén carácter ou natureza humana.

    3. Facerse algo ou alguén máis humano, menos cruel menos difícil para os homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen pertence á especie Homo. OBS: Como substantivo, adoita empregarse en plural.

      1. Relativo ou pertencente ao home, ser animado racional, ou aos homes.

      2. Que é propio do home.

      1. Que se sente solidario cos outros e mostra humanidade.

      2. Que é propio deste tipo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que o quen ten características propias do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Maastricht e Liexa e evanxelizador das Ardenas. Patrón dos cazadores, dos cans de caza e dos gardas forestais, é avogoso contra a rabia, enfermidade tamén chamada “mal de santo Humberto”, e contra as serpes velenosas. Na iconografía viste hábito monacal negro e leva como atributo persoal: unha cruz na fronte. Ás veces pode ir acompañado por un cervo cunha cruz entre a cornamenta, un oso, amais dun cabalo, cans de caza, un falcón ou de cornos de caza. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que humecta.

    2. Substancia higroscópica que se engade a certos produtos alimentarios para reter auga, retardar o seu resecamento e manter a súa textura inicial. Son axentes humectantes certos polímeros hidrófilos así como algunhas proteínas e determinados monómeros como o glicerol, o propilenglicol e o sorbitol.

    3. Substancia que diminúe a tensión superficial e aumenta a capilaridade da auga e que se emprega para facilitar a humectación, especialmente de tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa humillación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Centro-Sur (210.000 km2; 64.400.000 h [2000]). A súa capital é Changsha.

    VER O DETALLE DO TERMO