"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
-
Relativo ou pertencente á silicose.
-
Que ou quen padece silicose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito capsular característico das brasicáceas, alongado e sincárpico, con dous carpelos de placentación marxinal e parietal, con dous lóculos separados por un tabique fino. Ábrese por dehiscencia en dúas valvas que empezan a separarse pola parte inferior do froito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sílicua curta de lonxitude non superior a tres veces a súa anchura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á silícula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sílicua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda romana de prata acuñada desde a época de Constantino I o Grande. Foi acuñada tamén por algúns pobos bárbaros, ata o s VI, e polos bizantinos.
-
-
Relativo ou pertencente aos sílidos.
-
Anélido da familia dos sílidos.
-
Familia de anélidos, da clase dos poliquetos, co corpo pequeno, de 2 a 6 cm, con dous palpos robustos, tres antenas e numerosos dentes pequenos na farinxe. Habitan na costa entre algas, ectoproctos e hidroideos.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao O do río Mahāmanda (226.677 h [1991]). É un centro comercial debido ao tráfico entre Darjeeling e Sikkim. Desde a partición entre India e Paquistán (1947) e a creación de Bangladesh (1971), converteuse en centro de refuxiados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se introduce na estrutura dunha molécula orgánica un radical trialquisililo, xeralmente o trimetilsililo (-Si(CH3)3)). Aplícase tanto na análise química, na formación de derivados volátiles que poden ser estudados por cromatografía, coma na síntese orgánica, por constituír un método de protección de diversos grupos funcionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical univalente H3Si-, que deriva formalmente do silano pola perda dun dos seus átomos de hidróxeno.
-
-
Relativo ou pertencente aos silingos.
-
Individuo do pobo silingo.
-
Pobo vándalo establecido en Silesia que a comezos do s V emigrou a Galia e a Hispania. Asentados na Bética, foron derrotados (418?) polo rei visigodo Walia.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu o poema épico Punica, en 17 libros, unha narración chea de gusto retórico e de exaltación do sentimento da antiga grandeza romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote, irmán de Carlos E. Silva Castro. Foi decano da facultade de Dereito da Universidade de Gama Filho e catedrático nas universidades de Rio de Janeiro e Pontificia Universidade Católica. Cóengo honorario do cabido metropolitano de Rio de Janeiro, especializouse na investigación metafísica, dogmática e ética. Escribiu Variações sobre a pena de morte (1961), En torno a unos inéditos de Amor Ruibal (1969) e El magisterio espiritual de Santa Teresa (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que consiste en rematar dúas ou máis frases ou membros do período coa mesma forma de caso ou terminación verbal, ou simplemente con palabras dun son semellante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é semellante.
-
PERSOEIRO
Comezou a súa penitencia de estilita aos sete anos, sobre unha columna situada nunha montaña coñecida co nome de Monte Admirable, preto de Antioquía. A súa festividade celébrase o 3 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Asceta sirio. Anacoreta nun convento abandonado de Antioquía e finalmente viviu durante corenta anos sobre unha columna, da que lle veu o sobrenome, e na que non se podía sentar nin deitarse. Con sona de taumaturgo, exerceu unha considerable influencia na causa da ortodoxia de Calcedonia. Representouse como un vello demacrado, esfarrapado e colocado de pé sobre o capitel dunha columna. A súa festividade celébrase o 5 de xaneiro para os latinos e o 2 de setembro para os orientais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de sindáctilo.
-
Malformación conxénita que está determinada por un xene dominante que consiste en ter algúns dos dedos unidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atresia de orixe cicatricial do orificio bucal, con perda de substancia dos labios e das meixelas, e adherencias destas á beira alveolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burkina Faso (13.736 km2; 153.560 h [estim 1997]). A súa capital é Léo (10.012 h [1985]).