"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden--Württemberg, Alemaña, que está situada no sector occidental da Selva Negra, entre os ríos Kinzig e Rench (52.700 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor en Colonia, Nuremberg e Múnic, proporcionoulle á ciencia a lei fundamental da corrente eléctrica que leva o seu nome. Estudou tamén a polarización das pilas e a interferencia dos raios polarizados nos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(O Barco de Valdeorras 1919 - 8.2.2004) Empresario da hostalaría e alimentación, promotor inmobiliario e filántropo. Deu a coñecer e sufragou a rehabilitación do cadoiro da Pincheira e do Santuario de Nosa Señora das Dores, en Fervenza e a construción da estrada que a comunica coa capital municipal.
-
PERSOEIRO
Químico. Estudou Física na Universidade de Budapest onde se doutourou en 1949, ocupou diversos cargos universitarios (1949-1954) e foi director do centro para a investigación química da Academia das Ciencias húngara (1954-1956). En 1956 emigrou a Canadá onde traballou en laboratorios e universidades (1957-1965) e, posteriormente (1965), a EE UU, onde foi profesor na University of Southern California (1977). Desde 1991 ocupa o cargo de director do Hydrocarbon Research Institute. Recibiu o Premio Nobel de Química (1994) por demostrar a existencia dos carbocatións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora rusa. Naturalizada francesa, iniciouse na literatura coas novelas Argile et cendres (1946) e La pierre angulaire (Prix Femina 1953). Moi interesada pola época das cruzadas, a herexía dos cátaros e a historia medieval en xeral, escribiu Le Bûcher de Montségur (1959), Les Croissades (1963) e L épopée des cathédrales (1973). Cómpre salientar tamén os seus libros de memorias, Le procès du rêve (1982), e os seus dramas, Aliénor (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, situada no punto de unión do canal Weser-Ems co Hunte (154.125 h [2000]). É un porto fluvial e centro comercial, con industrias mecánicas, téxtiles e de conservas cárnicas (as máis importantes de Alemaña). Foi centro do antigo estado de Oldenburg. Conserva a catedral gótica e o palacio ducal do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado alemán. Foi un condado que dependeu do ducado de Saxonia ata que se liberou e os descendentes do conde Elimar se converteron en príncipes do imperio (1180). Cristián VII de Dinamarca cedeuno a Paulo de Holstein-Göttorp, gran duque de Rusia en 1773. Transmitido ao seu curmán Federico Augusto, bispo de Lübeck, en 1803, transformouno en principado hereditario. Converteuse en gran ducado, formou parte da Confederación de Alemaña do Norte (1866) e integrouse no Imperio Alemán (1871). En 1918 converteuse en land da República de Weimar. Forma parte de Baixa Saxonia.
-
PERSOEIRO
Artista plástico. Naturalizado estadounidense (1953), mostrou as súas tendencias pop e foi habitual do ambiente cultural de Nova York, onde entrou en contacto con experimentos teatrais influídos polo grupo Gutai. En 1963 expuxo o Bedroom Ensemble, unha reprodución a escala natural dun dormitorio, e en 1966 comezou as Soft Scultures, reproducións ampliadas e en materiais brandos de obxectos industriais e estandarizados, como pantalóns ou xeados, cos que acadou unha sátira mordaz da sociedade contemporánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto líquido que resulta de fundir sebo e deixalo arrefecer a 35°C. Emprégase para facer margarina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Margaret Wilson.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Paradela e Requeixo (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.057 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Astorga (1061-1065). Foi monxe nun mosteiro de Sahagún. Fernando I confioulle a misión de traer de Sevilla a León as reliquias de santo Isidoro. Está soterrado na igrexa de Santa Marta de Astorga. A súa festividade celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada á beira do río Ural (531.000 h [1997]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e na industria alimentaria e lixeira. Entre 1938 e 1957 denominouse Čkalov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (124.000 km2; 2.225.800 h [estim 1999]). A súa capital é Orenburg.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Republicana Galega Autónoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón con ligamento de tafetá, moito máis fino e transparente ca a muselina de algodón, cunha gran rixidez e transparencia, que se emprega especialmente na confección de vestidos, blusas e cortinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica ou arranxa órganos musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera parte da célula que ten unha función determinada.
-
-
Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.
-
Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
-
Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.
-
Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.
-