"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Editor alemás. Fundou o grupo editorial Axel Springer Verlag AG (1945), con diversas filiais, dedicado tamén á publicación de diarios e revistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Illinois, EE UU (111.454 h [2000]). É o centro dunha rexión agrícola, gandeira e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, situada na ribeira do río Connecticut (152.082 h [2000]). Ten industrias metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Missouri, EE UU (151.580 h [2000]). Posúe industrias alimentarias, químicas e metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana (700.906 h [1991]). Situada ao L de Johannesburgo, posúe minas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bruce Frederik Joseph Springsteen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista sobre o mundo do motor publicada en Teo a partir de 1996. Dirixida por Xurxo Sobrino, está redactada exclusivamente en galego. Cunha periodicidade mensual, distribuíuse de balde por toda a comarca de Santiago cunha tirada de 7.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento de velocidade que realiza un corredor, especialmente ao final da carreira.

    2. Esforzo final que se realiza nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de verán do estado de Jammu e Kashmir, India, situada no val de Kashmir (594.775 h [1991]). Os parques, as pontes de madeira e as casas flotantes sobre o lago Wular convertérona no principal centro turístico do Himalaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou todos os xéneros, sobre todo o teatro, e revolucionou o uso do idioma sueco. Da súa produción destacan Mäster Olof (1872), Röda rummet (A cámara vermella, 1879), Hemsöborna (A xente de Hemsö, 1887), Giftas (Casade, 1884), Fädren (O pai, 1887), Fröken Julie (A señorita Xulia, 1888), Till Damaskus (Cara a Damasco, 1898-1904), Ett drömspel (Un soño, 1902), Ensam (Solitario, 1903) e Bla Böcker (Libros azuis, 1907-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Concelleiro en 1931 polo Partido Republicano Radical Socialista, foi designado alcalde o 28 de decembro de 1933 e deposto despois dos sucesos de outubro de 1934. Recuperou a alcaldía tras as eleccións de febreiro de 1936. Detido o 21 de xullo de 1936, foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero que está constituído fundamentalmente por oxiácidos grasos, saturados e non saturados, como o ácido felónico (C22H44O3), que se atopa nas paredes de certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas de inmersión e de exploración submarina que se empregan con finalidades científicas, militares ou deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao submarinismo.

    2. Persoa que practica o submarinismo.

    3. Tripulante dun submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está, crece ou actúa baixo a superficie do mar.

      2. relevo submarino

        Conxunto de relevos do fondo mariño. Distínguense tres zonas: o precontinente, do que destacan a plataforma continental, o talude continental e o glacis; os fondos medios, ocupados por concas submarinas en forma de cubeta, separadas entre elas por bordos ou limiares, e polas dorsais ou cadeas montañosas, cuxos cumios ás veces forman illas (chemineas e guyots); e as grandes profundidades, que corresponden ás fosas abisais ou mariñas. Do estudo do fondo mariño ocúpase a oceanografía.

      1. submarino de peto

        Submarino especialmente proxectado e construído para realizar operacións militares especiais ou para a inspección técnica de cascos de embarcacións ou diques, ou para exploracións científicas. Caracterízanse polas súas pequenas dimensións, por ter pouco desprazamento e unha autonomía reducida. Os empregados para finalidades civís adoitan ser de unha ou dúas prazas, e os de operacións militares adoitan ter unha dotación de dous ou seis homes. O seu armamento é de un ou dous torpedos, cunha carga explosiva considerable, e eles mesmos poden converterse en armas ao lanzarse contra o inimigo.

      2. Embarcación de guerra especialmente concibida e construída para poder mergullarse, navegar e combater baixo a auga. Cando o submarino navega pola superficie ten unha flotabilidade positiva, e a inmersión efectúase ao anulala, aumentando o peso da nave ao encher de auga uns tanques provistos de válvulas de inundación na parte inferior e de ventilación na parte superior, que teñen a función de permitir a entrada e saída de auga de mar ou de aire comprimido, respectivamente. O submarino non queda perfectamente equilibrado cando se mergulla e iso fai necesaria a utilización de temóns de profundidade. A propulsión obtense, en superficie ou cando navega mergullado a pouca profundidade (cando se pon en funcionamento o snorkel), mediante os motores diésel de que está provisto, que accionan, á vez, un xerador que carga unha batería de acumuladores, cuxa enerxía eléctrica alimenta os motores que moven as hélices cando navega mergullado. Nesta situación pódese observar desde o interior a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída durante a segunda metade do s XII en estilo románico, leva cuberta a dúas augas. Presenta nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra de medio punto sobre columnas e capiteis decorados con motivos zoomorfos. Os muros son de cachotaría e cantaría. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto, mentres que o arco da portada foi substituído por un lintel. Na fachada destaca a espadana, cun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Índice de menor tamaño que se coloca xeralmente na parte superior dereita dunha letra, palabra ou símbolo para distinguilos doutros semellantes ou con algún valor especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reinfección, especialmente co mesmo microorganismo, dun individuo que aínda non sandou da enfermidade primitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou xurisdición de superintendente.

    2. Oficina onde o superintendente exerce a súa función.

    VER O DETALLE DO TERMO