"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • automatización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina que copia a figura e os movementos dun ser animado.

    2. Persoa que obra dun xeito mecánico e involuntario, levada por unha rutina.

    3. Persoa sen vontade, que se deixa manipular por outros sen opoñer resistencia.

    4. Máquina que por medio de dispositivos mecánicos, hidráulicos, pneumáticos, eléctricos, etc, é capaz de reproducir movementos semellantes aos dos seres animados. Coñecidos dende hai moito tempo, os autómatas foron presentando diferentes formas construtivas e tiveron principios de funcionamento moi diversos a través dos tempos. Cómpre mencionar os diferentes obxectos animados, estatuíñas, figuras, etc, utilizadas xa antigamente. Máis tarde comezáronse a construír verdadeiros autómatas movidos por mecanismos de reloxería de precisión e dunha gran complexidade. A miúdo eran obxectos decorativos e dun gran valor artístico, pero tamén houbo outros, como o xogador de xadrez de Kempelen, mecánico, ou o de Torres Quevedo, eléctrico, que son capaces de xogar unha partida. Entre os autómatas atópanse os robots, que poden efectuar operacións e manipulacións con gran precisión, e poden suplir os movementos humanos.

    5. Na gramática xenerativa, mecanismo análogo a unha máquina calculadora que permite enumerar todas as frases gramaticais dunha linguaxe; esta enumeración faise por medio de instrucións equivalentes ás regras da gramática desta linguaxe.

    6. Modelo matemático dun sistema que ten un número finito de estados de entrada e de saída -que representan as diferentes configuracións de signos (e estados internos) que sinalan a capacidade que ten o sistema para rexistrar os acontecementos pasados-, e onde o estado de saída depende en calquera momento da entrada presente e dos estados internos. Un autómata finito está definido polo conxunto finito dos estados de entrada, de saída e internos posibles; as relacións entre estes estados veñen dadas pola táboa de estados ou polo diagrama de estados, semellante a un ordinograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia e técnica dos sistemas automáticos. Este termo foi utilizado por primeira vez por Torres Quevedo, quen clasificou os elementos que compuñan os sistemas automáticos en órganos de acción, de medida, de goberno e de transmisión. A automática teórica, estudo do comportamento dos sistemas automáticos, ten relación coas matemáticas, coa teoría da información, a informática e a enxeñería. A automática práctica ocúpase dos diferentes tipos de sistemas automáticos. Os máis simples son os sistemas con programa cronométrico (por exemplo, o torno automático dirixido por levas). Cando o ciclo comeza, non é posible modificalo; ademais carece da posibilidade de autocorrección. O segundo tipo en canto a complexidade está formado polos sistemas de conmutación por secuencias (por exemplo, os ascensores con memoria, pero sen programa); posúen funcionamento automático, pero non autocorrección. O deseño destes sistemas utiliza a álxebra de Boole ou álxebra lóxica. Un terceiro tipo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que funciona ou actúa mecanicamente sen a intervención do home. Aplícase a unha operación ou proceso mecánico cando, ao recibir un estímulo para comezar, se desenvolve de seu ata o final.

    2. Non voluntario, que non depende da vontade.

    3. Que se produce como consecuencia directa dun feito determinado.

    4. Mecanismo que teñen algunhas máquinas de coser e que fai que estas funcionen en parte por si soas.

    5. Especie de corchete que se pecha suxeitando o macho cos dentes da femia e que actúa como un resorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automático.

    2. Elemento ou conxunto de elementos que, debidamente aplicados a unha operación, a unha máquina ou a un proceso, teñen a propiedade de automatizalo.

    3. Técnica literaria defendida polos escritores surrealistas que consiste en escribir maquinalmente, evitando a intervención da vontade, para tentar reproducir o funcionamento real do pensamento.

    4. Execución de diferentes actos sen a intervención da vontade. Os actos efectuados dunha maneira automática poden ser consecuencia dos reflexos ou dunha aprendizaxe.

    5. Propiedade pola que o corazón se contrae segundo un ritmo regular que non depende da inervación nin de ningunha influencia exterior.

    6. Teoría que quere explicar os movementos dos animais por medio de principios mecánicos, a diferenza do home, que se move pola súa propia vontade. R. Descartes foi o filósofo máis destacado desta teoría.

    7. Síndrome caracterizada pola produción espontánea e involuntaria de impresións, ideas, recordos, etc, que se impoñen á consciencia do enfermo, quen os atribúe a unha acción estraña a el. Constitúe o nó das psicoses delirantes e alucinatorias crónicas, aínda que tamén se pode presentar noutras situacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de automatizar.

    2. Aplicación dos automatismos para conseguir que partes importantes, e mesmo a totalidade, dun proceso de produción aumenten a súa rendibilidade facendo que se manteña un nivel uniforme de calidade. A automatización, posible grazas ao gran desenvolvemento da Automática durante a primeira metade do s XX, é aplicable en todos aqueles procesos continuos que presentan un programa único de elaboración. Apareceu por primeira vez no ano 1947 na industria do automóbil, cando por medio das máquinas de transferencia se puideron aplicar os principios de montaxe en cadea aos procesos de mecanización. A automatización produciu profundas transformacións dentro da organización da división técnica e social do traballo: o efecto inmediato foi o de elevar a produtividade e reducir os custos. Non obstante , malia que o traballo automatizado elimina as tarefas perigosas e o esforzo físico, non afecta exclusivamente ao mundo laboral, senón que incide en todas as esferas da sociedade.

    3. Termo proposto polo lingüísta checo Bohulav Havránek para indicar certas tendencias que presentan as linguas ao facer convencionais determinadas construcións, illadas ou integradas nun conxunto superior, que van collendo un sentido cada vez máis independente da situación ou do contexto que as determinara inicialmente. No galego atopamos automatizacións en expresións do tipo “mira que se...”, “a ver se...”, “que queres que che diga?” e moitas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo funcione de xeito automático, ou prover a unha industria dos mecanismos precisos para que a produción sexa automática.

    2. Establecer un conxunto de instrucións informáticas para que un ordenador, un periférico ou unha aplicación funcione mecanicamente de acordo con elas, de maneira que cunha simple orde se realice todo o proceso, sen necesidade de repetir todas elas de cada vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medicación realizada por un mesmo, sen prescrición médica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administrarse un mesmo unha medicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado a todos os cnidarios que non existen senón en forma de medusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evocación espontánea de recordos propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do enxeño capaz de producir a súa propia forza motriz e que pode desprazarse e ser guiado segundo os desexos do seu condutor.

    2. ehículo terrestre, xeralmente montado sobre catro ou máis rodas. O automóbil naceu da aplicación dun motor térmico -de vapor primeiro, de gasolina despois-, se ben tamén hai exemplos de motor eléctrico movido por baterías, sobre un vehículo directamente derivado dun coche de cabalos. Os automóbiles teñen características diferentes segundo o uso ao que sexan destinados: o automóbil de turismo, o automóbil de transporte colectivo de pasaxeiros, o automóbil de transporte de mercadorías, o automóbil de competición (ou de carreiras). Os principais elementos que constitúen un automóbil son o motor, a transmisión, a suspensión, a dirección, a carrocería, os freos, o circuíto eléctrico e os accesorios. O motor transforma a enerxía interna dun combustible ou a enerxía eléctrica -subministrada habitualmente por baterías-, en enerxía mecánica. Os motores alternativos de combustión interna, que son os máis correntes, están definidos polo tipo de ciclo termodinámico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización deportiva do automóbil. O automobilismo desenvolveuse a partir do 1895, cando se percorreu por vez primeira o traxecto París-Bordeos-París. Esta data significou o comezo dun progreso rapidísimo do deporte do automobilismo e popularizou as carreiras por estrada. Despois da tráxica carreira París-Madrid (1903), as competicións empezaron a ser organizadas en circuítos pechados ou autódromos, nos que foron aparecendo as medidas de seguridade que hoxe son regulamentarias. Actualmente se poden clasificar as diferentes probas automobilísticas en: carreiras de velocidade, de resistencia, de montaña, rallyes e autocross. A FIA (Federación Internacional de Automobilismo) organiza anualmente varias probas que puntúan para os campionatos de cada especialidade, entre os cales destacan o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e o Campionato do Mundo de Rallye. Na modalidade de rallyes, o coruñés Luís Rodríguez Moya proclamouse Campión do Mundo en dúas ocasións (1990 e 1992) como copiloto do madrileño...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o automobilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao automobilismo ou aos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automotor.

    2. Estudio ou descrición dos aparellos automóbiles ou aqueles que se desprazan pola acción dun motor.

    3. Sector da industria dedicado ao automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Isomorfismo establecido entre un conxunto e el mesmo.

    2. Tendencia a proxectar o propio psiquismo no psiquismo doutro, mesmo nos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: idiomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se move de seu, sen a intervención de ningunha acción exterior.

    2. ehículo ferroviario lixeiro de tracción autónoma. O automotor é moi utilizado no servizo ferroviario de proximidade e no transporte urbano (ferrocarrís metropolitanos e tranvías). Pode circular só ou ben levar encaixados outros automotores ou vagóns-remolque sen máquina motriz propia. Segundo o sistema de tracción empregado, os automotores poden ser clasificados en eléctricos ou térmicos. De entre estes últimos cómpre distinguir os de vapor -practicamente desaparecidos-, os de motor diesel e os de turbina de gas.

    VER O DETALLE DO TERMO