"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Relativo ou pertencente aos équidos.

    2. Mamífero da familia dos équidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos perisodáctilos, que comprende o xénero Equus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas caras de aspecto ou estrutura igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á figura ou ao corpo xeométrico que ten os seus lados ou arestas iguais.

    2. Aplicase ao escudo que ten o campo totalmente ocupado por tres pezas iguais, dúas delas parelalas, en punta, e a terceira separada, en xefe, formando así un triángulo equilátero. Cando estas pezas están colocadas en orde inversa, dúas arriba e unha embaixo, dise que están “mal ordenadas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de equilibrar.

    2. Que ten ou está en equilibrio.

    3. Que posúe equilibrio psíquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen garda ou mantén o equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.

    2. Acción e efecto de anular nun corpo, como unha roda ou unha hélice, ou nun mecanismo, como un motor ou unha máquina rotatoria, a resultante das forzas centrífugas (equilibramento estático) e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación (equilibramento dinámico) para evitar que se produzan vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio.

    2. Efectuar un equilibramento.

    3. Estar algo equilibrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.

      2. equilibrio dinámico

        Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.

      3. equilibrio electrostático

        Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior. As cargas eléctricas libres distribúense pola superficie.

      4. equilibrio estático

        Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática. Pode ser estable, se ao separar o corpo da posición inicial o sistema de forzas ao que está sometido o devolve á posición primitiva; inestable, se o corpo non recupera a posición inicial senón que pasa a outra posición de equilibrio máis estable; e indiferente, se o corpo queda en equilibrio en calquera posición. No equilibrio estable, o centro de gravidade do corpo queda por debaixo do punto de suspensión da base de sustentación, no inestable queda por enriba e no indiferente coinciden. Hai outro tipo de equilibrio, o metastable, que se produce cando o estado de equilibrio é estable para pequenas accións exteriores, pero que se volve inestable cando estas accións exteriores son suficientemente grandes.

      5. equilibrio radioactivo

        Estado dun corpo radioactivo que se desintegra emitindo átomos radioactivos, de maneira que o número de átomos emitidos coincide co número de átomos que se volven desintegrar.

      6. equilibrio termodinámico

        Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema. O criterio fundamental do equilibrio termodinámico nun sistema, o volume e enerxía constantes, é o da entropía total máxima. O movemento dun sistema cara ao equilibrio componse de dúas partes: o acadamento da posición de enerxía mínima e, despois, o da posición de entropía máxima.

    1. Posición vertical dun corpo.

      1. Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da arte circense que consiste en manter en equilibrio diversos obxectos ou o propio corpo, normalmente en situacións anómalas ou de inestabilidade complexa. Cómpre destacar o equilibrio corporal con obxectos, como no caso do uso de zancos, recurso moi empregado no teatro de rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acróbata especializado en exercicios de equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á solución ou mestura que contén diversas substancias en iguais proporcións moleculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha na pel de cor morada que se produce por extravasación de sangue aos tecidos. Con frecuencia aparece despois dunha contusión. Tamén se denomina hematoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos produtos de dous ou máis números multiplicados polo mesmo número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular das plantas do xénero Echinacea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisto de espiñas ou pugas semellantes ás do ourizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equínidos.

    2. Equinídeos que pertencen á familia dos equínidos.

    3. Familia de equinodermos equinoideos equinídeos que está formada por ourizos cun par de placas ambulacrais trixemiadas ou multiperforadas, cos poros estendidos nunha zona vertical estreita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcha semellante á do cabalo, causada por unha lesión que afecta á musculatura inervada polo ciático poplíteo externo.

    2. Estado patolóxico do pé, que está en tensión forzada e só descansa sobre os dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do capitel dórico situado entre o ábaco e o colariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinos.

    2. Équido da subfamilia dos equinos.

    3. Subfamilia de équidos que comprende o xénero Equus.

    4. Gando integrado por cabalos, eguas, poldros, asnos, mulas e cebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘duro’, ‘espiñoso’.

    VER O DETALLE DO TERMO