"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Político. Fomentou a Encyclopédie, traballou pola liberalización da censura e adheriuse ás queixas contra o aumento dos impostos. En 1792 defendeu a Luís XVI diante da Convención e foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás malesherbiáceas.
-
Planta da familia das malesherbiáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou subarbustivas, da orde das parietais, de flores actinomorfas e hermafroditas e froito en cápsula pechada. Comprende unhas 25 especies propias dos Andes.
-
-
-
Estado ou sensación de quen non se atopa ben física ou moralmente.
-
Sensación de desagrado, inquietude ou desgusto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa ríxida ou flexible, de diferentes materiais, con asa e peche, destinada a levar roupa ou outros efectos nas viaxes.
-
-
Persoa que se encarga de transportar maletas, especialmente nas estacións ou nos hoteis.
-
Persoa que fabrica ou vende maletas.
-
Lugar dunha casa onde se gardan as maletas.
-
Compartimento dun vehículo destinado para as maletas ou equipaxes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maleta pequena con asa e diversos compartimentos, que se usa para transportar documentos ou outros obxectos persoais.
-
PERSOEIRO
Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desexo ou intención de causar algún mal a alguén de palabra ou de obra.
-
-
Que actúa con maldade.
-
Que demostra mala intención.
-
-
-
Conxunto de arbustos e plantas silvestres que nacen nun lugar de xeito espontáneo.
-
Conxunto de malas herbas que nacen nun lugar e que prexudican os cultivos.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo e economista ruso. Coñecido como Bogdanov, desenvolveu un sistema propio chamado empiriomonismo, influído por W. Ostwald e E. Mach. Substituíu a teoría dialéctica marxista por unha transformación creadora da realidade e a idea da revolución pola dunha constante elevación da cultura proletaria. Das súas obras destacan Empirjomonizm (1904-1906) e Tektologija (1913-1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Caldas, Colombia, situada preto do río Cauca, ao O da Cordillera Central e a 2.153 m de altitude (337.580 h [1999]). É un importante mercado de café.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1391-1425), fillo de Xoán V Paleólogo de Bizancio. Acudiu a Occidente (1399) para solicitar axuda contra os turcos de Baiaceto I, pero non a conseguiu. Amigo do sultán Mehmet, conseguiu a recuperación dalgúns territorios e restableceu a orde do Imperio Bizantino. Coa chegada ao poder do fillo de Mehmet I, Murat II, a paz perigou e tivo que someterse ao novo sultán, ademais de pagar un importante tributo. Pouco despois de asinar este tratado retirouse a un convento, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Manzaneda. Puido erixirse cara ao s XII e pertenceu aos condes de Lemos. Despois de que fora destruída nas Guerras Irmandiñas, no s XVI recuperou a súa forma. Do conxunto orixinal consérvanse restos da muralla, tamén coñecida como A Cerca e onde destaca o arco da Porta da Vila e parte da torre da homenaxe. A muralla presenta unha anchura media na base de 5 m e na coroación de 2’5 m. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
PERSOEIRO
Escritor. Formado no ambiente da ilustración lombarda, adoptou os principios da cultura romántica a través da ideoloxía dos críticos e escritores franceses dos primeiros anos do s XIX. A súa formación intelectual concluíu coa súa adhesión ao catolicismo de orientación xansenista. A súa obra énchese de modelos esquemáticos da tradición literaria anterior e exprésase co italiano falado pola burguesía, como mostra da funcionalidade social da literatura e a súa orientación a un público non especializado. Da súa produción destacan Inni sacri (1812-1822), as Odi (Cinque maggio, Marzo 1821), e varias traxedias que representan a parte máis significativa da súa produción, e a novela I promessi sposi (1825-1827), a súa obra máis importante que narra a historia das desventuras de dous campesiños contra os que se manifesta a mala vontade dos poderosos, no s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Orixinario da Tarraconense, foi un dos últimos clásicos da poesía latina. Escribiu quince libros baixo o nome de Epigrammata, en que denunciou a retórica do seu tempo, a ampulosidade dos poemas mitolóxicos e infundiulle á poesía naturalidade, sobriedade e realismo. Con todo, non se pode considerar como unha voz de denuncia social; o epigrama é sinónimo da nota mordaz en verso que amosa o aculeus ou aguillón na súa parte final.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os concellos de Laza, Cualedro e Sarreaus. O seu cumio acada os 873 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ecólogo e naturalista. Director do Institut d’Investigacions Pesqueres (1951), destacou no eido da aplicación da teoría da información ao estudo das comunidades e na formulación de modelos matemáticos para o estudo do plancto. Estudiou tamén aspectos prácticos como os de eutrofización dos pantanos e a produtividade e contaminación das augas. Publicou Ecología (1974), La biosfera entre la termodinámica y el juego (1980), Limnologia (1983) e Teoría de los sistemas ecológicos (1991). Recibiu o Premio Ramón y Cajal (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Xerusalén (1205-1212), filla de Isabel I de Xerusalén e de Conrado I de Monferrato. En 1206 pactouse o seu matrimonio con Pedro I de Aragón, se realizaba unha expedición a Terra Santa antes do día de Todos os Santos de 1207, e se conseguía a nulidade con María de Montpellier, pero o Papa Inocencio III non a concedeu. Finalmente casou en 1210 con Xoán de Brienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Florencia 1566 - 25.5.1607) Relixiosa carmelita. Mestra de novicias, tiña estigmas e acadou un alto grao de misticismo. A súa festividade celébrase o 25 de maio.