"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Pietro Falca. Coñecido como Alessandro Longhi, destacou como retratista. As súas obras, entre as que destaca Domenico Cimarosa, reflectiron a caracterización individual e psicolóxica do retratado. Publicou Compendio della vita dei pittori veneziani istorici (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista italiano. Viviu en Sicilia durante os reinados de Guillerme I e Guillerme II e foi autor do Liber do Regno Siciliae (1154-1169).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Golfista inglés. Gañou en tres ocasións o Open británico (1987, 1990 e 1992) e noutras tres o Master’s de Augusta (1989, 1990 e 1996). Xogador profesional dende 1976, no seu palmarés figuran tamén 6 títulos da Ryder Cup (1985, 1987, 1989, 1995 e 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Vizconde de Falkland. Membro do Parlamento desde 1640, opúxose ao establecemento do Ship Money e á abolición do episcopado antes de converterse en 1642 no conselleiro do Rei Carlos I. Participou no sitio da cidade de Gloucester e na Batalla de Newbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político francés. Militante da esquerda republicana, foi elixido deputado en 1876 e, tras formar parte de varios gabinetes ministeriais, ocupou a Presidencia da República entre 1906 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asunto enleado e difícil.

    2. Cousa de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza cantada hispánica de parella que ten diversas modalidades: malagueña, granadina, murciana, asturiana, valenciana, etc, segundo o lugar de orixe. Cun movemento forte e cun compás de 3/4 ou 6/8, acompáñase de guitarra, castañolas ou pandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa amante das festas e as troulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘burrada’, ‘parvada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘burro’ e ‘torpe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas un escudo cortado medio partido: primeiro, en campo de prata, unha torre de pedra, aclarada de sable, arrimada dunha espada, da súa cor, no flanco destro, coa punta achegada á porta da torre, e a súa empuñadura, ao cantón destro do xefe; segundo, en campo de prata, catro faixas ondeadas de azul; terceiro, en campo de prata, seis roeis de azul, postos en dous paos (armas dos Castro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador de televisión. Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo, xefe de realización e edición de informativos e deportes da TVG e coordinador do departamento creativo de deseño gráfico da TVG. Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (1995) e doutorouse en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid (2000). Ademais da realización de diferentes eventos electorais, informativos, musicais e deportivos, encargouse da produción publicitaria da TVG, da Radio Galega, do grupo R, e da firma de moda Roberto Verino. Galardoado cos premios Op-Art ao mellor programa da TVG por A tumba aberta (1987); TP ao mellor programa musical por A toda máquina (1988); e Agapi á mellor produción de televisión por Chambo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou o pintado e dourado do baldaquino do altar maior do mosteiro de Santa María de Oseira (1690).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e militante anarcosindicalista. Secretario dunha Federación Local de Sindicatos (CNT) en Santiago o 18 de xullo de 1936, artellou a resistencia dos obreiros coruñeses. Trala derrota, fuxiu dende Muros cara a Francia e dende alí retornou á zona republicana e converteuse no artífice da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, radicada en València. Estivo exiliado en Francia e nos anos sesenta defendeu na Coruña a volta da CNT, sindicato no que militou ata a súa morte nos anos noventa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo e militante anarcosindicalista. No ano 1946 formou parte do Comité da CRG na clandestinidade; detido trala desarticulación do comité en 1947 pasou varios anos na cadea. Liberado a comezos dos anos 50, morreu pouco despois a causa dos malos tratos sufridos na prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e militante anarcosindicalista. Foi un dos responsables, xunto con Ezequiel Rey, da masiva afiliación a partir de 1919 das sociedades de oficio santiaguesas á CNT e da conformación da Federación Local de Sindicatos. Asumiu a secretaría da CRG-CNT entre 1925 e 1930. Durante a Segunda República foi secretario liberado pola Federación Regional de Industria Pesquera, domiciliada en Vigo, cargo que exerceu durante todo período. Agochado no seu domicilio compostelán entre 1936 e 1945, retornou á militancia cenetista e, un ano máis tarde, volveu aceptar o cargo de secretario da CRG. Detido en 1947, pasou cinco anos na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor e director da Gran Enciclopedia Gallega, desenvolve o seu labor profesional no eido cultural e editorial no Instituto Galego de Información do grupo Sargadelos. Colaborou na Radio Galega e elaborou guións para televisión: Ayer, emitida por TVE-2; Gallaecia Fulget, para a TVG; e Memoria con figuras. Como tradutor, realizou a versión castelá das novelas Os prisioneiros e Lucía Mc Cartney, de Rubem Fonseca, e a adaptación ao galego dos libros A catedral de Santiago e o Barroco, O patrimonio histórico da Universidade e Historia de Santiago de Compostela. Acadou o Premio de Xornalismo V Centenario da Universidade de Santiago polo seu programa radiofónico Galicia Universitaria, realizado entre 1994 e 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou, entre outras obras, na restauración dos claustros da catedral de Mondoñedo (1620) e na reforma da capela maior da igrexa de Santa Marta de Ortigueira (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO