"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Substancia química orgánica que pode trastornar procesos fisiolóxicos, nos que se sintetizan compostos químicos que inducen á produción de mutacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autolesión que comporta a mutilación dalgún membro, órgano, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movementos das plantas causados exclusivamente por estímulos internos, polo tanto sen a intervención de estímulos de fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome real, en oposición a pseudónimo.

      2. Libro ou obra publicada co nome real do autor.

    1. Nome que se dá a si mesmo un pobo ou unha tribo, diferente do que lle dan os outros pobos e tribos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de autónomo.

    2. Facultade de gobernarse polas leis propias.

      1. autonomía administrativa

        Autonomía da que gozan os concellos, as provincias e outras entidades territoriais, recoñecida e garantida pola constitución ou polo Estatuto de Autonomía. Comporta a potestade regulamentaria e a función executiva no ámbito das competencias previamente determinadas pola lei. É unha forma de descentralización.

      2. autonomía política

        Condición xurídico-política daquelas entidades ou daqueles organismos que, dentro da estrutura constitucional dun estado, teñen facultades para dotarse de leis propias. Permite exercer unhas facultades de plena liberdade lexislativa dentro do marco establecido por unha lei do estado, xeralmente de orde constitucional, dentro do cal actúa a entidade autónoma. Esta disposición da potestade lexislativa e a de carácter regulamentario exércense sen tutela nin vixilancia dos órganos do estado, pois de ser así trataríase dunha simple descentralización. A autonomía non implica, sen embargo, a facultade de declarar normas sen limitación; neste caso equivalería á autodeterminación constituínte, e a súa manifestación sería a plena soberanía e a creación dun estado. Historicamente, a autonomía concedida a distintas porcións do territorio, dentro do marco do estado unitario, responde á necesidade de dotar dun estatuto xurídico-político diferenciado a aquelas entidades que presenten fortes particularidades...

    3. Calidade do suxeito que está determinada por el mesmo, independentemente de toda constitución externa. Unha moral é autónoma cando se basea en fundamentos e criterios intrínsecos ao suxeito da moral e non impostos dende fóra.

    4. Tempo no que pode funcionar un aparello informático con baterías sen estar conectado á corrente eléctrica.

    5. Relación que se dá entre dous termos dun paradigma, cando a existencia dun deles non presupón a do outro (Hjelmslev).

    6. Independencia política e social dunha lingua con respecto a outra.

    7. Capacidade máxima dun vehículo aéreo, marítimo ou terrestre de facer un percorrido sen ter que parar nin recibir combustible nunhas condicións dadas; a velocidade á que o vehículo obtén a máxima autonomía chámase velocidade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en 1894 en Ferrol, que desapareceu en breve tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á autonomía.

    2. Motivado por causas internas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que está a favor da concesión da autonomía política ou administrativa, ou as dúas á vez, nun determinado territorio ou comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que defende as normas e os ideais autonómicos.

    2. Defensor, partidario dos principios autonómicos.

    3. Partidario da autonomía lingüística. Corrente que, dende unha perspectiva sociolingüística, considera que o galego e o portugués son linguas afíns pero distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se goberna polas súas propias leis, que ten o dereito ou a facultade de gobernarse a si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autodesprezo lingüístico e desvalorización social que provoca, no interior dunha comunidade lingüística bilingüe, un incremento da diglosia conflitiva. Neste sentido, xa no s XVIII o Padre Sarmiento denunciou un certo complexo de inferioridade e de odio contra a lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración non encimática oxidativa das graxas insaturadas coa formación de compostos carbonílicos, ácidos e polímeros, que alteran as propiedades sensoriais físicas (viscosidade, consistencia, etc) dos alimentos. Nas reaccións de autooxidación interveñen o osíxeno e as radiacións, e son catalizadas por metais (cobre e ferro). Contrólase mediante aditivos antioxidantes, reactivos secuestradores, desaireación ou protección da claridade.

    2. oxidación autocatalítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrada de catro ou máis vías con sentidos de circulación separados por unha mediana central, con control total de acceso e proxectada para poder circular a velocidades elevadas. Os cruzamentos con outras vías de comunicación fanse con pasos a distintos niveis, e ás veces co emprego de viadutos para sortear zonas urbanas, depresións importantes, etc. Ao proxectar unha autoestrada téñense en conta, entre outros factores, a intensidade do tránsito, as velocidades previstas desexadas, as características dos vehículos, as do terreo e especialmente as posibles variacións destes factores no futuro. O radio das curvas en planta, os peraltes e a distancia de visibilidade dependen da velocidade específica do proxecto, que se adoita considerar de 120 km/h en terreo chan, de 100 km/h noutros tipos de terreo, e de 80 km/h en zonas urbanas. Nas autoestradas de campo aberto e de terreos chans acostúmanse a limitar as pendentes ao 3%, e a adoptar curvas verticais dunha lonxitude mínima de 150 m e radios...

    2. Concepto ideado polo vicepresidente dos EE UU Albert Gore para referirse ás redes de comunicación de gran capacidade para a transmisión de datos. Popularmente chámaselle autoestrada da información á Internet, posto que a través dela é posible mandar e recibir todo tipo de datos. A diferenza estaría en que a súa capacidade tecnolóxica é moi limitada en numerosos aspectos; e por esa razón en 1999 se inaugurou a rede Abilene, primeira das que integrarán Internet 2. Aínda que esta nova rede non será accesible para os usuarios finais, senón para universidades, investigadores e empresas implicadas no seu desenvolvemento, servirá para probar novas tecnoloxías IP (Internet Protocol), aplicacións de seguridade para o comercio electrónico e a telemedicina, transmisión de vídeo en tempo real e outros servicios. Incluirá asemade unha nova versión do IP coa que se superará a falta de identificativos numéricos no sistema de dominios vixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica na que se substitúe unha rexión destruída por un tecido semellante, procedente do mesmo individuo. O tecido substituído é habitualmente pel ou mucosa. Recórrese a ela sobre todo na cura de ulceracións, queimaduras, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto no que un autor literario enuncia os principios creativos que rexen as súas propostas estéticas, acompañado ou non doutro tipo de declaracións éticas, ideolóxicas, sociais, etc, que o autor desexa facer públicas. Por exemplo: “Con palabras gastadas polo uso / como eses vellos naipes das familias, / coas palabras do amor ou das conversas, / sentámonos de novo na partida. / Cazadores nas vellas edicións, / rebuscamos tesouros, melodías / para sermos antigos e modernos, / para non traizoar a poesía.” (“Poética”, Ramiro Fonte, O cazador de libros, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da célula ou do organismo que presenta autopoliploidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliploide estable producido por unha multiplicación da dotación cromosómica dunha especie determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dun tipo de bóveda, xeralmente de formigón armado, cunha estabilidade que está asegurada pola súa propia rixidez, sen necesidade de reforzos.

    2. Aplícase á carrocería ou á estrutura dun vehículo que constitúe un todo ríxido e que repousa directamente sobre a suspensión e as rodas sen necesidade de bastidor.

    VER O DETALLE DO TERMO