"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Aplícase á zona onde están unidos o íleo e o intestino cego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica pola que se crea una nova vexiga partindo dunha parte do intestino delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao íleo e ao colon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao íleo e á espiña ilíaca.

    2. Aplícase ao punto somático lateral situado no punto máis baixo da espiña ilíaca anterosuperior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación cirúrxica da última parte do intestino delgado coa parede abdominal, que crea un ano artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aquifoliáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que no está dotado de corpo, sin consistencia material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos incurvarioideos.

    2. Insecto da superfamilia dos incurvarioideos.

    3. Superfamilia de insectos da orde dos lepidópteros que se dividiu nas familias dos prodóxidos, dos adélidos, dos heliocélidos e dos incurváridos. Son microlepidópteros pouco evolucionados, pero con morfoloxía completa e característica da orde. Xunta medio milleiro de especies,  das que un cento delas son europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos indoeuropeos ou ao indoeuropeo.

    2. Individuo do pobo indoeuropeo.

    3. Pobo de orixe indeterminada, malia que algúns autores o consideran orixinario das estepas asiáticas. Efectuou diversas migracións cara ao Danubio, o val do Rin, o altiplano de Irán e o N da península indostánica (s XIII a C). Posteriormente, produciuse un segundo movemento de poboación, arredor do s XI a C, cara ao N de Alemaña, Illas Británicas, Francia, Península Ibérica e Italia. En todas estas zonas falábanse linguas denominadas indoeuropeas, que presentaban importantes afinidades.

    4. Lingua que se falaba nunha rexión ben determinada da chaira europea (costas do Mar Báltico, val do Danubio, Ucraína) a finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce (3000-2000? a C). Gracias á lingüística comparada (F. Bopp) e aos neogramáticos (K. Brugmann, B. Delbrück, H. Osthoff e G. Ascoli) puido coñecerse, en gran parte, a estrutura fónica e gramatical, así como o vocabulario. O indoeuropeo só puido ser reconstruído coa axuda do método comparativo. Establecéronse, a partir dun vocabulario fundamental, series de correspondencias que definen o parentesco entre as diversas linguas e que permiten o coñecemento dos principais trazos da estrutura e do vocabulario da lingua orixinaria. Desta maneira puido demostrarse que a maioría das linguas coñecidas en Europa (agás o éuscaro, o húngaro e o finlandés), do SL de Asia e de India están emparentadas e derivan dunha mesma lingua. Resta establecer un phylum indoeuropeo que comprende diversas familias lingüísticas: xermánica, celta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. De formación autodidacta, visitou Roma (1851) e París (1854). Coas súas paisaxes suaves, influenciadas por C. Corot, representou en América un realismo rural semellante ao da escola de Barbizon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura só un instante.

    2. Que se produce ou desenvolve nun instante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo monetario con sede en Frankfurt creado por disposición do Tratado de Maastricht, en xaneiro de 1994, coincidindo co principio da segunda fase da Unión Económica e Monetaria, co obxecto de crear un foro de cooperación monetaria entre os bancos centrais da Comunidade Europea. Desapareceu en 1998 coa posta en marcha do Banco Central Europeo e do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo estatal encargado da intermediación laboral; é dicir, de poñer en contacto as empresas e os traballadores co obxecto de conseguir un contrato de traballo para o traballador e axudar as empresas a cubrir as súas necesidades de cadros de persoal. Fundouse en aplicación do Real Decreto Lei 36/1978, do 16 de novembro, froito dos acordos entre o goberno e a oposición parlamentaria coñecidos como Pactos de la Moncloa. O INEM ofrécelles aos desempregados con dificultades para acceder ao mercado laboral un conxunto de servicios dirixidos á mellora das súas condicións profesionais, tales como orientación, formación e acompañamento na busca de emprego. Ademais, o INEM é a entidade xestora de todo o sistema de protección por desemprego, que asegura ao traballador que cumpra os requisitos, uns ingresos substitutivos da renda salarial deixada de percibir, e unha protección económico-asistencial para determinados colectivos que se consideran especialmente necesitados da devandita protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de estudios teolóxicos adscrito á facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca. Herdeiro da Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1897-1932), creouse por iniciativa do arcebispo A. Suquía; en 1978 obtivo a vinculación provisional á universidade salmantina coa facultade de impartir as clases do grao de bacharel en Teoloxía. En 1980 a Sagrada Congregación para a Educación Cristiana aprobou os seus estatutos, de xeito que en 1981 comezou a funcionar como Instituto Teológico Compostelano, baixo a supervisión dunha xunta integrada polos bispos de Galicia e presidida polo arcebispo de Santiago. En 1986 o arcebispo A. Rouco Varela inaugurou as instalacións do ITC no mosteiro de San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado entre pel e pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano que nace entre follas opostas ou verticiladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao que está situado entre os ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado entre as capas da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao interior da raque.

    VER O DETALLE DO TERMO