"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico. Discípulo e xenro de Marie Curie, foi alto comisario francés de Enerxía Atómica e presidente do Consello Mundial da Paz. Descubriu a radioactividade artificial e os primeiros radiosótopos non naturais. Traballou na fisión do uranio e contribuíu ao descubrimento dos neutróns. Recibiu o Premio Nobel de Química (1935), xunto coa súa muller Irène Joliot-Curie, polo descubrimento da radioactividade artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e farmacéutico. Profesor de ciencias biolóxicas e químicas. Publicou El Montseny parque natural (1953), La vida maravillosa de los animales (1961), El mundo viviente (1967) e El zoo de Barcelona, educació e esplai (1982). Foi director do parque zoolóxico de Barcelona (1955-1985) e do museo de Granollers, fundador do Centro de Bioloxía Animal e Aplicada e Primatoloxía, secretario xeral da Unión Iberoamericana de Parques Zoolóxicos (1958-1986) e membro da Unión Internacional de Parques Zoolóxicos (1961-1986). Dedicóuselle o nome dun novo parasito do gorila (Brodenia jonchi).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Formouse na Haia e en París (1846), onde recibiu a influencia de Monet. Seguindo a tradición paisaxística holandesa, atopou un camiño propio na representación aparente da realidade. En 1864 pintou dúas versións de Notre Dame de Paris, con luz matinal e ao atardecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Activo en Urbino en 1468, traballou para Federico de Montefeltro. O seu estilo, aínda gótico, humanizouse co contacto cos renacentistas italianos. Da súa obra destaca A comuñón dos apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de blues estadounidense. En 1966 formou parte, como solista, do grupo Big Brother & the Holding Company. Posteriormente, na súa carreira como solista, gravou só dous discos, Kozmic Blues (1969) e Pearl (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do Mont Blanc, na fronteira franco-italiana. A súa maior altitude acádase no monte Walker, de 4.209 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco ou conxunto de puntos do que é homeomorfo cun intervalo real. Intuitivamente é o resultado de estirar e torcer un fío elástico, sen rompelo e sen que coincidan dous dos seus puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador e pintor. Membro dunha familia de orixe italiana, asistiu a clases de debuxo na escola patrocinada polo conde de Ximonde. Na capela do Hospital Real de Santiago (1829) realizou os cadros sobre bronce situados no altar, e na igrexa de Santa María do Camiño pintou o arco toural e a sancristía (1830). Como gravador formouse en Santiago. Nas súas obras recolleu a influencia académica e os gustos populares da época. No ámbito técnico empregou o trazo, curto ou longo, pero non o punteado para acadar as sombras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Profesor no College de France, fixo traballos de xeometría seguindo as directrices de Riemann e de topoloxía sobre as deformacións das superficies. Completou a teoría de grupos esbozada por Galois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva pechada que está formada por un conxunto de puntos que é homeomorfo cunha circunferencia. Intuitivamente é o resultado de deformar unha circunferencia elástica sen rompela e sen que coincidan dous dos seus puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Valladolid, foi autor do retablo da igrexa de Santa María de Medina de Rioseco e do altar maior e do sepulcro do bispo Pedro de Gasca na igrexa da Magdalena de Valladolid. Non se conservan os retablos que fixo para o convento das Descalzas Reales de Madrid e para o mosteiro de Montserrat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Considerado o mellor xogador de baloncesto da historia, gañou seis títulos da NBA cos Chicago Bulls (1991, 1992, 1993, 1996, 1997 e 1998), foi dúas veces campión olímpico (Los Angeles 1984 e Barcelona 1992), foi elixido cinco veces xogador máis valioso (MVP) da NBA (1988, 1991, 1992, 1996 e 1998), amais de acadar moitas marcas persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que toda curva pechada e plana determina no resto do seu plano unha partición en dúas rexións, unha delas (interior) é finita, mentres que a outra (exterior) non é finita. Ambas as dúas rexións están separadas pola curva e son conexas, é dicir, é posible unir dous puntos dunha rexión por medio dun arco que non corte a curva dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedad Anatómica Española e decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de anatomía. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid (1931). Foi profesor, investigador e decano da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou numerosos traballos sobre anatomía e outros temas relacionados coa medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e escritor danés. Iniciado baixo o signo do simbolismo, a súa conversión ao catolicismo (1896) levouno a un misticismo relixioso, como en Bekendelse (Confesións, 1894), Digte (Poemas, 1898) e Mit Livs Legende (Lenda da miña vida, 1916-1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico galés. Estudiou en Cambridge e, sendo aínda estudiante, descubriu en 1962 o efecto que leva o seu nome sobre as propiedades supercondutoras dos metais a baixa temperatura. Recibiu o Premio Nobel de Física (1973), compartido por L. Esaki e L. Giaever.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral sueco. A súa traxectoria está ligada basicamente á obra de Ingmar Bergman, con obras como Nara Livet (1957), Vargtimmen (1967), Em passion (1970), Scenner ur ett aktenskap (1973) e Fanny och Alexander (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e moralista francés. O seu ciclo de Chaminadour revelouno como un gran estilista e, sobre todo, un renovador da inspiración novelesca. Está considerado como un dos precursores da nouveau roman.

    VER O DETALLE DO TERMO