"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Quitar a carapola a unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome de varios peixes da familia dos escorpénidos, caracterizados por ser animais grosos de cabeza de gran tamaño, cubertos de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas. Aliméntanse de peixes, crustáceos e moluscos. Viven nos fondos, onde cazan á espreita gracias á coloración críptica que presentan.

    2. Escarapote que acada os 25 cm de lonxitude, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. Presenta unha liña lateral con máis de 55 escamas alongadas e pequenas. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior. Son animais solitarios e sedentarios, propios dos fondos rochosos ou herbáceos, de ata 800 m de profundidade. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Francia.

    3. Escarapote que acada os 50 cm de lonxitude, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo radio espiñento da aleta dorsal. A liña lateral presenta entre 34 e 46 escamas tan anchas coma longas. Vive en fondos lamacentos ou de area, entre os 15 e 700 m de profundidade. Distribúese no Océano Atlántico, dende Senegal ata o Golfo de Bizkaia, e polo Mar Mediterráneo.

    4. Escarapote de ata 50 cm de lonxitude, de cor rubia ou amarelenta. Caracterízase por presentar unha liña lateral de entre 35 e 45 escamas de gran tamaño. O diámetro do ollo é menor ca a distancia entre o ollo e a punta do fociño, e a mandíbula inferior conta con numerosos apéndices laminares. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo poden inocular veleno. Viven en fondos rochosos ou areosos de entre 20 e 200 m de profundidade. Son animais solitarios, con querencia por lugares concretos do fondo. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escarvar na terra as aves, especialmente as galiñas, para buscar alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde da Madre de Deus das Escolas Pías e aos seus membros.

    2. Relixioso ou relixiosa pertencente á orde da Madre de Deus das Escolas Pías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus da medicina en Roma, identificado co Asclepio grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila da parroquia de Santa María de Salceda que é capital do concello de Salceda de Caselas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está feito farrapos.

    2. Que vai vestido con farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper ou facer anacos unha tea ou unha peza de roupa.

    2. Rachar ou facerse anacos unha tea ou unha peza de roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no lugar de Espaílde, en Santiago de Esperante (Taboada), dedicada á Inmaculada Concepción. Ten planta rectangular e cuberta de madeira a dúas vertentes. No interior destaca un retablo con catro columnas salomónicas e na fachada o campanario dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer ou facer papas algo, xeralmente un alimento.

    2. Desfacerse algo por estar moi maduro ou demasiado cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tira de tea, impregnada cunha substancia adherente por unha das caras, que se usa para fixar vendaxes e apósitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. A súa obra fundamental é Thebais, poema épico, en 12 libros, sobre a expedición dos Sete contra Tebas. Escribiu tamén a escolma Silvae e o poema inacabado Achilleis. Influíu en moitos poetas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do estribo que se realiza en casos de otosclerose en fases avanzadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castigo ou tortura orixinario de Italia, que se estendeu por Europa a partir do s XVI. Consistía en atarlle os brazos por detrás do corpo ao penado, elevalo a unha certa altura, deixalo caer e interromper bruscamente a caída moi preto do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que práctica o estraperlo ou comercio ilegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de ruleta trucada que orixinou o escándalo do Estraperlo (1935).

      1. Comercio ilegal, clandestino, e con prezos superiores aos establecidos sobre artigos suxeitos a taxa ou intervidos polo Estado. Despois da Guerra Civil e ata 1955, aproximadamente, aplicouse ao comercio extralegal ou á adulteración de alimentos, medicamentos, combustible e obxectos manufacturados, que xurdiu a consecuencia da escaseza e da penuria económica da posguerra.

      2. Mercadoría obxecto de estraperlo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asunto de corrupción política que provocou a fin do goberno de coalición entre o Partido Radical e a CEDA durante a Segunda República Española. En maio de 1934 Strauss e Perlowitz intentaron obter das autoridades republicanas a legalización dunha ruleta trucada que inventaran. En setembro de 1934 conseguiron introducila en casinos de Donostia e Palma de Mallorca, aínda que foi inmediatamente prohibida pola policía. Strauss esixiu unha compensación económica a diversos políticos, sen éxito, motivo polo que remitiu toda a documentación do asunto a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República. O 20 de setembro de 1935 Alejandro Lerroux dimitiu como presidente do goberno porque moitos dos seus partidarios estaban relacionados coa obtención da concesión. O Partido Radical quedou totalmente desprestixiado, o que precipitou a fin do goberno radical-cedista. Durante o período franquista as actividades de estraperlo constituíron un amplo mercado negro nacido a raíz da situación de racionamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traxecto de camiño que percorre alguén entre dous puntos.

    2. Cada unha das distintas fases ou períodos en que se desenvolve unha acción ou un proceso.

      1. Localidade ou lugar en que se deteñen as tropas en marcha para pasar a noite.

      2. Distancia que percorren as tropas entre cada un dos lugares de parada.

    3. Cada unha das partes en que se subdivide unha carreira de gran distancia, especialmente de ciclismo, automobilismo ou navegación marítima ou aérea. A chegada en primeira posición á meta en cada etapa considérase un triunfo parcial e adoita ter unha recompensa.

    4. Cada un dos circuítos dun aparello, dun amplificador, etc, formados por un tubo electrónico ou un transistor e polos elementos correspondentes de alimentación, de encaixe, etc. As diferentes etapas conéctanse xeralmente en fervenza. Segundo a súa función reciben nomes diferentes, como etapa osciladora, amplificadora ou de potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO