"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Canal de Francia que enlaza as concas do Sena e do Saône, construído entre 1775 e 1832. Esténdese dende a confluencia do Armançon e do Yonne, afluente do Sena, seguindo o curso do Armançon e despois o do río Ouche. Pasa por Dijon e desemboca no Saône, en Saint-Jean-de-Losne. Ten unha lonxitude total de 242 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo formado polo Franco Condado e as provincias dos Países Baixos (Brabante, Limburg, Luxemburgo, Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelanda, Namur, Anveres, Frisia, entre outras). É a zona do ducado de Borgoña que, trala morte de Carlos o Temerario (1477), quedou baixo a soberanía dos Habsburgo. O círculo acadou entidade xurídica no 1512, na dieta de Colonia, onde o Imperio foi dividido en dous círculos. En 1551 Carlos V cedeuno á rama austríaca española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe Biguerny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Exerceu a súa obra artística a partir de 1494, sobre todo en Toledo. Trala morte de Pedro Berruguete rematou o retablo maior da catedral de Ávila (1508). Na catedral de Toledo traballou na decoración da sala capitular (1509-1511); para a capela mozárabe pintou La conquista de Orán (1514). A súa obra representa a transición entre o Gótico e o Renacemento. Realizou encargos tamén para o cardeal Cisneros na Universidad de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión de Francia situada entre os Vosgos e o Jura, paso estratéxico entre os vales do Rin e do Saôna. Por este paso construíronse as vías de comunicación (estradas, ferrocarril, canle Rin-Rhône) que unen eses dous vales.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Borgoña, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Habitante ou natural da Borgoña.

    3. Dialecto francés que se estendeu pola antiga Borgoña, o Nivernais e parte da Champagne.

    4. Individuo do bando francés, inimigo dos armañagueses, que seguiu as directrices dos duques de Borgoña.

    5. Arte desenvolvida na rexión borgoñona. A historia da arte borgoñona debeuse iniciar na época galo-romana, aínda que sen unhas características locais propias baixo o dominio imperial. O establecemento dos burgundios supuxo a introdución da arte xermánica (sepulturas de Charnay-lès-Chalon). Do dominio carolinxio queda unha obra moi importante: as criptas de Saint-Germain de Auxerre (mediados do s IX). Co Románico xurdiu a verdadeira arte borgoñona. Os seus edificios dos ss XI e XII responden a tres esquemas construtivos: un primeiro grupo con Cluny III e as catedrais de Langres, de Autun, de Paray-le-Monial; o segundo coa Madeleine de Vézelay, Anzy-le-Duc, e Saint-Lazare e Saint-Martin-du-Bourg en Avallon; e o terceiro, Fontenay. Na escultura, un só estilo unifica capiteis (Cluny, Autun ou Saulieu) e tímpanos (Autun, Vézelay ou Anzy-le-Duc), caracterizada pola espiritualización da figura humana e o delicado sentido do movemento. A pintura presenta certas peculiaridades (murais de Berzé-la-Ville)...

    6. Arte musical de diferentes tendencias estéticas cultivada na corte de Borgoña no s XV. Compositores de diferentes países como Binchois, Dufay, Ockeghem e Busnois, encontráronse na corte de Borgoña e influíron na formación da linguaxe musical internacional propia da Europa do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Benin (51.000 km2; 816.278 h [1992]). A capital é Parakou (106.708 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Noruega, no fylke de Sogn og Fjordane, coñecida pola súa stavkirke (igrexa de madeira, 1150?), a máis antiga das conservadas no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca e fábrica alemá de vehículos automóbiles fundada no ano 1938 en Bremen por Carl F. W. Borgward e a empresa automobilística Hansa-Lloyd Werke. O modelo de máis éxito foi a Isabella, automóbil de turismo construído entre 1954 e 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de marsupiais fósiles propios da Patagonia. Eran plantigrados, de ata 1,5 m de lonxitude, corpo groso, cola longa e dentición similar á dos carnívoros placentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucrecia Borja González de Riancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pan’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao boro.

    2. Que contén boro.

    3. Ácido ortobórico. É empregado na fabricación de vidros resistentes á calor, esmaltes, en pinturas, como endurecedor do aceiro e na industria dos cosméticos; tamén como antiséptico suave e astrinxente. Forma parte de baños fotográficos. Foi empregado como produto fitosanitario.

    4. Antiga designación do óxido de boro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os mamíferos do xénero Borhyaena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero fósil da familia dos boriénidos.

    2. Familia de mamíferos marsupiais fósiles, carnívoros e propios de America do Sur, que inclúe os xéneros Borhyaena e Cladositis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (14.863 km2; 164.900 h [estim 1995]). A capital é Paksane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidruro de boro. Ácido de Lewis moi forte, denominado monoborano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do Porto de Lastres, no concello asturiano de Colunga. En Galicia establecéronse en Cesantes, concello de Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino de orixe eslava, procedente do ruso ou do búlgaro Borís ‘loita’. Algúns autores pensan que quizais se trate dunha contracción do antigo Bogoris, derivado de Bog ‘deus’, mentres que outros cren que pode ser un nome correspondente a Bernardo. San Boris (s X-XI), príncipe de Kiev, foi asasinado e canonizado; actualmente, é o patrón da Igrexa rusa. Xa no s X este era nome de soberanos búlgaros, entre os que destaca Boris I, responsable da autonomía e evanxelización do seu país. Tamén foi nome de varios tsares rusos, entre os que sobresae Boris Godunov, sucesor de Iván o Terrible a finais do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO