"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Título equivalente ao de soberano utilizado orixinariamente polas hordas turcas e mongolas. En tempos de Xenguis Khan tiña un grao inferior ao de gran khan ou xefe supremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou función do khan.

    2. Territorio sometido á xurisdición do khan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da cidade de Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Madhya Pradesh, India (145.111 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Creta, Grecia (2.376 km2; 133.774 h [1991]). A capital é Khanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós homónimo de Creta, Grecia (50.077 h [1991]). Correspóndese   coa antiga Cydonia. Conquistada en 1204 polos venecianos e fortificada en 1252, quedou baixo o seu dominio ata a conquista otomana (1646). En 1912 cedeuse a Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug autónomo de Rusia (523.100 km2; 1.383.600 h [estim 1999]). A súa capital é Khanty-Mansijsk (34.462 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Estudiou e foi profesor na Universidade de Moscova. Con Kolmogorov é considerado un dos fundadores da escola de Moscova relativa á teoría de probabilidades. Estudiou tamén con N. Luzin a teoría de funcións, xeneralizou a integral de Denjoy e estableceu a teoría xeral dos procesos aleatorios estacionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de rochas cristalinas en China setentrional, con dirección SO-NL, ao longo da fronteira con Mongolia. Ten 2.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas khoisan.

    2. Phylum de linguas africanas, faladas ao SO, S e L de África polos khoikhois, os sans, os hadzapis e os sandawes (en Tangañika). Caracterízase pola presenza de consoantes implosivas ou clics, con catro puntos de articulación diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á etnia khoisánida ou aos seus representantes.

    2. Individuo da etnia khoisánida.

    3. Etnia que habita no deserto de Kalahari nas rexións estépicas veciñas e que está formada por dous grupos de poboacións: os khoikhois (impropiamente chamados hotentotes) e os sans (impropiamente chamados bosquimáns). Os seus representantes son dolicocéfalos ou mesocéfalos, de talla pequena, pel amarela ou parda, cabelos moi crespos, labios carnosos, orellas moi pequenas ás que lles falta o lóbulo, curvatura vertebral á rexión sacrolumbar e sofren de esteatopixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Moscova 1804 - Ternovskoe, Kazan’ 1860) Teólogo e filósofo. Representante do eslavofilismo, propugnou unha interpretación do desenvolvemento cultural ruso independente do individualismo occidental que, en eclesioloxía, se traduciu na unidade libre (sobornost’) da Igrexa rusa, ante a unidade soa do catolicismo ou a liberdade do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Raipur 1922) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Punjab (Lāhaur) e na de Liverpool, onde se doutorou en 1948. Sintetizou moléculas pequenas de ARN e participou no desciframento do código xenético, razón pola que en 1968 lle outorgaron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con con R. Holley e M. Nirenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do NL de Pérgamo. Conquistada polos árabes en 646, conservou unha independencia relativa de Bagdad coas dinastías safávida e samánida, ata que formou parte dos reinos gaznévida (994), seléucida (1037) e dos xas de Corasmia. Á morte de Nādir Shāh, foi invadida por A Palatino; ḥ mad Shāh Durrānī (1147) e anexionada a Afganistán ata 1893. Repártese entre Irán, Turkmenistán e Afganistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do zizhiqu de Xinjiang, China (134.000 [1975]). Foi un centro cultural e relixioso sumamente cosmopolita entre os ss III e VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Khotān, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Khotān.

    3. Lingua afín ás falas iránicas arcaicas da que os seus principais documentos escritos se atoparon en Khotān. Os textos que se conseguiron descifrar están relacionados co budismo, con fragmentos importantes de orixe sánscrita e textos de carácter médico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1215 - 1294) Gran khan mongol (1259-1294). Fundador da dinastía mongola yuan en China. Neto de Xenguis Khan e irmán e sucesor de Möngke, acabou a conquista do Imperio Song (1276). Conseguiu a submisión de Corea, do reino khmer de Camboxa e do reino malaio de Champa. Trasladou (1276) a capital a Cambaluc (Pequín), onde acolleu a Marco Polo. Hábil administrador, industrializou China e protexeu a cultura chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (63.213 km2; 4.366.057 h [estim 2001]). A súa capital é Ahvāz. A base da súa economía baséase nos xacementos de petróleo e nunha refinería na cidade de Ābādān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos perisodáctilos que é unha subespecie do hemión, pero de maior tamaño e peso. É propio da rexión do Himalaia. OBS: Tamén se denomina asno do Tibet.

    VER O DETALLE DO TERMO