"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
REXIÓNS
Rexión de Sudán (380.255 km2; 3.093.294 h [estim 1983]). A capital é Al-Ubayyib (229.425 h [1993]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima de Rusia, situada na beira esquerda do río Tobol (363.000 h [1997]). É un núcleo industrial de construción de máquinas e industria lixeira e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’de Rusia (71.000 km2; 1.102.300 h [1999]). A capital é Kurgan.
-
DINASTIAS
Dinastía tokharia establecida en Bactriana no s I fundada polo soberano Kujulakasa, que se enfrontou aos partos e conquistou o val de Kābul, Kāpīsā cara a 50 e Gāndhāra cara a 65. O seu fillo Vimakathpisa estendeu os seus dominios cara a rexión de Punjab e mantivo contactos con China e co Imperio Romano. O principal soberano da dinastía foi Kanishka que, entre 123 e 153, ampliou os seus dominios cara a Asia central e India setentrional, e favoreceu a expansión do budismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Kazakhstán (221.400 h [1999]), situada á esquerda do río Togol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhastán (113.900 km2; 1.019.560 h [1999]). A súa capital é Kustanaj.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kiev 1929 - Londres 1979) Escritor ucraíno. Publicou en ruso Prodolzenie legendy (Continuación dunha lenda, 1957) e o éxito chegoulle coa novela Babij Jar (1966), que máis tarde publicou novamente en Londres, sen as supresións da censura soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1939) Poetisa rusa. É autora de diversas coleccións de poemas, como Golos (Voz, 1970), Slog (Sílaba, 1973), Dve zari (Dúas mañás, 1978), Ten jabloni (A sombra da maceira, 1979) e Huso (1982).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos módulos especializados axustados á estación orbital MIR. O Kvant-1 estivo unido á estación en 1987 e converteuse no único módulo habitable de observación astrofísica. O Kvant-2 foi lanzado e 1989 e, pouco despois, engadiuse o Kvant-3, ou Kristal, para fabricar materiais en microgravidade. Está tamén o Kvant-4, dedicado á teledetección, e o Kvant-5, para estudios ecolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo bantustán da República Sudafricana situado no centro de Transvaal. Habitado principalmente polos ndebeles, acadou o status de bantustán autónomo en 1977 dentro da antiga provincia de Transvaal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bantú do río Cuando.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Ch "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: ǒ lla Meridional, República de Corea (1.350.948 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bantú do río Cuango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guangxi Zhuang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal de Angola (K). Divídese en 100 lwei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Bialogard, Koszalin 15.11.1954) Político polaco. En 1978 integrouse no Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado de Polonia, PZPR) e foi ministro de Deportes (1984) baixo a presidencia de Jaruzelski. En 1990 contribuíu á conversión do PZPR en Sojuszu Lewicy Demokratycznej (Alianza de Esquerda Democrática, SLD), do que foi nomeado o seu secretario xeral. En 1995 gañou as eleccións presidenciais e sucedeu a Lech Waéęsa (1996) como presidente da República, cargo no que foi reelixido en 2000 e desde o que impulsou o proceso de integración de Polonia nas estruturas políticas e económicas de Europa occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (10.512 km2; 2.970.929 h [2000]). A súa capital é Masan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (19.021 km2; 2.716.218 h [2000]). A súa capital é Taegu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vilnius 1835 - Petrogrado 1918) Compositor ruso. Foi un dos creadores da escola nacionalista rusa. Xunto con M. Bakarirev fundou o Grupo dos Cinco. Escribiu óperas, cancións e pezas para piano. Introduciu en Rusia a música romántica alemana.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Stewart Granger, comezou facendo papeis secundarios no cine, ata que se deu a coñecer no filme Caesar and Cleopatra (1945). Das súas películas destacan King Solomon’s Mines (1950), The Prisoner of Zenda (1952), Salome (1953), The Last Hunt (1956) e Hell Hunters (1986).
VER O DETALLE DO TERMO