"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

    1. Labra de madeira que se desprende ao rachar leña.

    2. Taco de madeira.

    3. Anaco de leña que se obtén despois de abrir un tronco e se emprega para queimar no fogar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ponteareas que emprega tamén a forma Cavaco. As súas armas levan, en campo de goles, unha cavaca de leña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aníbal António Cavaco Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Covo que se fai nun terreo ao cavar.

    3. Terreo sen cultivar que se ara ata convertelo en labradío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Os nomes de lugar Cavada e Cavadas remiten ao sintagma latino terra(s) cavata(s), procedente do verbo cavare ‘cavar’. Tamén se rexistra coa mesma orixe o apelido Cavado, pero neste caso o adxectivo cavatu modificaría un substantivo masculino como agro, eido, monte, etc. Este último apelido documéntase no s XVIII: “Geronimo Cavado” (doc ano 1762 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 191).

    2. Liñaxe de orixe castelá procedente do lugar santanderino de La Cavada, en Riotuerto. Unha rama pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra, Vigo, O Condado e A Paradanta. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con tres paos, de sinople; segunda partición, en campo de prata, cun carballo de sinople e un lobo ao natural empinado ao tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Filosofía e Letras e profesora de historia antiga na Universidade de Vigo, onde dirixiu o departamento de Historia, Arte e Xeografía. Especializada en numismática antiga, escribiu numerosos artigos en diversas publicacións como Boletín Auriense, Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia e Minius, así como en diferentes libros colectivos. Publicou ademais, Galicia romana: circulación monetaria (1973) e La crisis económico-monetaria del s. III, un mito historiográfico? Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre dos tesorillos de la Provincia de Lugo (1994). Membro numerario do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Sociedade Española de Estudios Clásicos, da Sociedade Antiguidade, Relixión e Sociedade, da Asociación Numismática Española e da Societat Catalana d´Estudis Numismatics.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Cava pouco coidadosa, realizada na superficie da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, situado ao N de Portugal, preto de Braga. Nace na serra da Cabreira e desemboca no Océano Atlántico en Esposende, logo dun percorrido de 110 km (12 son navegables para pequenas embarcacións). O afluente máis importante é o río Homen, que nace na serra do Gerês.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza formado por unha pa de ferro, máis longa ca a da aixada, colocada de forma perpendicular con respecto ao mango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apeiro de labranza constituído por unha peza metálica con dúas pugas e unida a un mango, utilizado especialmente para sachar a terra e remexer o esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cava.

    2. Persoa que cava ou que ten por oficio cavar a terra.

    3. Máquina para traballar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Terra que é capaz de cavar unha persoa nun día.

    3. Medida agraria que se emprega nas áreas vitivinícolas e que equivale á cantidade de terreo que unha persoa pode cavar nun día.

    4. Primeiro labor que se lle fai á terra para convertela en terreo cutivable. A ampliación de superficie cultivada obedece a diversos factores: crecemento demográfico, obras de infraestrutura, novas tecnoloxías agrícolas, exencións fiscais, etc. En Galicia, a conquista de novos terreos rematou practicamente no s XVIII cando se cavou un terzo da terra cultivada por primeira vez. A ampliación de terras de labor estivo dificultada fundamentalmente polo accidentado do relevo e polo sistema de propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Foi ministro de Guerra despois da revolución de febreiro de 1848, e reprimiu duramente o levantamento de xuño do mesmo ano. Máis tarde nomeárono xefe do executivo e instaurou un réxime ditatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático francés. Estudiou a teoría dos conxuntos e os problemas derivados da súa axiomatización; tamén se interesou pola xénese das teorías científicas. Participou na Resistencia e foi fusilado polos nazis. Entre as súas obras cómpre destacar Méthode axiomatique et formalisme (Método axiomático e formalismo, 1937) e Remarques sur la formation de la théorie abstraite des ensembles (Notas sobre a formación da teoría abstracta dos conxuntos, 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico e produtor. Residiu en París, onde contactou coa vangarda artística dos anos vinte e, posteriormente, marchou a Inglaterra (1939-1949) e Austria, onde adaptou ao cine a obra de B. Brecht Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956). Anos máis tarde volveu a Brasil, onde se converteu nun dos inspiradores do “novo cinema” brasileiro. Traballou realizando programas para televisión en diversos países e impartiu clases na UCLA de California. Dirixiu, entre outras películas: Le train sans yeux (O tren sen ollos, 1926), Les vacances du diable (As vacacións do diaño, 1931), Coal Face (Faciana de carbón, 1936), The First Gentlemen (O primeiro cabaleiro, 1945) e Yerma (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO