"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi colexial de Fonseca, catedrático de Prima de Leis (1677) e de Prima de Cánons (1678) na Univesidade de Santiago de Compostela. En 1681 nomeárono cóengo catedralicio de Mondoñedo. Posteriormente, ocupou os cargos de chantre e bispo auxiliar da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación de pobreza e miseria máxima.

    2. lepra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Umia, que nace no monte A Gramela, na parroquia de Moimenta (Campo Lameiro) e desemboca en Laxe (Moraña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padecer laceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen carece do necesario para vivir.

    2. leproso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa habilidosa no manexo do lazo para apresar certos animais como touros ou cabalos.

    2. Persoa que caza con lazo.

    3. Persoa, xeralmente un empregado municipal, encargada de recoller os cans perdidos ou abandonados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se garda a lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado de lanza.

    2. Artesán que fabrica lanzas.

    3. Cada un dos cabalos que van enganchados á lanza dunha carruaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen mancha moito a cara cando come.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (800 m alt) situado entre as parroquias de Corvelle (Vilalba) e Castromaior (Abadín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación obreira secreta que naceu como unha escisión da Liga dos Proscritos en 1836, integrada por elementos radicais de orixe proletaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: liño manso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñece a algúns paxaros da familia dos frinxílidos, que miden aproximadamente 13 cm, presentan plumas de cor parda e viven en lugares de vexetación baixa.

    2. Ave duns 13 cm que presenta a plumaxe de cor ocre con raias negras e o peteiro amarelo. Aliméntase de grans e de certos insectos. Cría en Noruega, Irlanda e N de Reino Unido e atópase na Península Ibérica como divagante invernal pola zona do N, aínda que é moi raro atopalo en Galicia.

    3. Ave de 13 cm, que presenta o peteiro gris escuro, os bordos das primarias brancas ao igual ca os das rectrices externas, e as patas de cor carne. O macho reprodutor ten a cabeza gris pálida e a gorxa branca, con manchas encarnadas no píleo e no peito. No inverno o macho é moito máis apagado e, a miúdo, sen encarnado visible. A femia e o inmaduro son aínda máis apagados. É gregario a maior parte do ano e fai dúas postas, unha a mediados de abril e outra en xuño-xullo. En inverno forman bandos de ata 300 individuos que vagan sobre terreos baldíos, terras de cultivo e marismas. En Galicia habita en lugares de vexetación baixa e en descampados, xunqueiras, dunas e cultivos.

    4. Ave de 13 cm que presenta a plumaxe parda con raias negras, a testa vermella e a gorxa negra. O macho diferénciase da femia porque ten o peito e a parte máis alta da cabeza rosada. Aliméntase de sementes. De distribución holártica, é raro atopalo en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Monfero, Aranga e Guitiriz e que pertence ao sistema montañoso da serra da Loba. O seu cumio acada os 609 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fabrica ou vende louza.

    2. Armario para gardar a louza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Astro que brilla intensamente.

    2. Planeta Venus que se ve brillar ao amencer ou pola tardiña. Se se ve brillar pola mañá recibe os nomes de luceiro da alba, luceiro da mañá, luceiro da madrugada ou estrela da mañá, e pola tarde, luceiro da tarde ou estrela da tarde.

    3. vagalume.

    4. Figura que se representa por un cadrado coas puntas alongadas.

    5. Planta herbácea anual, de 10-50 cm de altura, que presenta follas laciniadas, flores solitarias terminais de cor azul ou branca e froitos globosos. Florece entre abril e xullo.

    6. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros e da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Alagoas, Brasil, situada na costa Atlántica (794.894 h [2000]). Destaca a industria de produtos alimentarios, tabaco e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore caducifolia de ata 12 m de altura, de follas ovais, serradas e tomentosas no envés. Presenta flores brancas e rosadas, dispostas en umbelas e o froito (mazá) de tipo pomo, carnoso e de coloración variada. É orixinaria de Europa oriental e Asia occidental, aínda que é cultivada desde tempos moi antigos. Existen máis de cen variedades. A madeira, densa e dura, é apreciada sobre todo como leña e para facer mangos de ferramentas.

    2. Árbore pequena, de 2 a 10 m de altura, máis ou menos espiñoso, de follas ovais, flores brancas ou rosadas dispostas en umbelas e de foito de tipo pomo, carnoso de 2 a 3 cm de diámetro, acedo ou doce. É unha árbore autóctona, escasa, que se pode atopar en fragas e bosques mixtos.

    VER O DETALLE DO TERMO