"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia á oscilación do humor entre a euforia e a depresión. Adoita aparecer no biotipo pícnico, en persoas sociables e de sentido práctico, que se comunican facilmente co mundo. Cando se extrema pode desembocar na psicose maníaco-depresiva.
-
-
Relativo ou pertencente á ciclotimia.
-
Aplícase á persoa que presenta ciclotimia.
-
-
-
Acelerador de partículas circular de resonancia, no que unha partícula emitida por unha fonte central se curva por efecto dun campo magnético constante. Ideárono E. O. Lawrence e M. S. Livingston en 1932. Consiste en dous electrodos baleiros de forma semicilíndrica (chamados des), que crean un campo eléctrico E de alta frecuencia entre eles, e todo o conxunto atravesado perpendicularmente por un campo magnético B constante. No centro do cilindro que forman os dous electrodos des, hai unha fonte de partículas ou ións que se aceleran linealmente e describen unha traxectoria espiral por mor do campo magnético transversal. A frecuencia de rotación das partículas denomínase frecuencia de ciclotrón da partícula e vén definida pola ecuación v=qB/2πm, onde q e m son a carga e a masa, respectivamente, e B é o valor da indución magnética. O ciclotrón emprégase para acelerar partículas pesadas,...
-
Radiación electromagnética emitida por unha partícula cargada que se move nun campo magnético cunha velocidade non relativista. É o caso particular da radiación do sincrotrón para baixas velocidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ciclotrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica do turismo con bicicleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos meteorolóxicos que dan orixe á creación de ciclóns ou ben á intensificación doutros xa existentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘porco’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos cicónidos coñecidas co nome de cegoñas.
-
-
Relativo ou pertencente aos cicónidos.
-
Ave da familia dos cicónidos.
-
Familia de aves da orde dos ciconiformes á que pertencen as cegoñas, os tántalos, os marabús, os picotenaces e os xaribús.
-
-
-
Semellante a unha cegoña.
-
-
Relativo ou pertencente aos ciconiformes.
-
Ave da orde dos ciconiformes.
-
Orde de aves que comprende a familia dos ardeidos e a dos cicónidos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Sistema de Control da Información do Cliente é unha extensión do sistema operativo dos grandes ordenadores de IBM que permitía escribir programas para permitirlles aos usuarios introducir, recuperar e actualizar datos nas pantallas dos seus terminais. O CICS utilizouse con frecuencia en sistemas de terminais de vendas, sistemas de reserva de hoteis, sistemas de facturación e similares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cegude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coniína.
-
-
Relativo ou pertencente ao cinc.
-
Que contén cinc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao clímax.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico do grupo das tetraciclinas, illado do cultivo de Streptomyces aureofaciens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bilingüe que se editou en Santiago de Compostela en febreiro de 1989. Trataba temas relacionados co ciclismo, mesturados con abundante publicidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas, aos liques e a outras especies vexetais que viven sobre a codia de árbores ou arbustos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que, estruturalmente, pertence ao grupo das dicromonas. Inhibe a liberación da histamina e da substancia de reacción lenta da anafilaxe (SRS-A) dos mastocitos. Emprégase no tratamento da asma extrínseca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica fotográfica de análise de movementos cíclicos complexos baseada no emprego do cronociclógrafo.