"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo. Traballou en numerosas montaxes de grupos galegos como Teatro da Mari-Gaila, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, así como no Centro Dramático Galego. Entre as súas escenografías poden contarse as dos espectáculos Woyzeck (1984), Xoana (1985) e Rei Lear (1990). No ano 1997 recibiu o Premio María Casares á mellor escenografía polo espectáculo Noite de Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre canteiro. Traballou nas obras da capela maior no santuario da Nosa Señora do Corpiño, en Santa Baia de Losón (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, agrónomo e intelectual ilustrado. Estudiou medicina nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, onde ocupou unha cátedra de Física Experimental e Agricultura. Defendeu o racionalismo, a observación e a experimentación fronte á filosofía escolástica e peripatética, feito que lle ocasionou problemas coa Inquisición; así mesmo, amosou unha gran preocupación polo ensino das ciencias utilitarias e a súa aplicación á realidade económica galega. Centrou a súa análise na industria do liño e achegou importantes recomendacións para o seu desenvolvemento; así, propuxo reformas técnicas, como a difusión da roda de fiar, o branqueo anterior ao tecido, o emprego do liño para lenzos finos e non para panos, etc. Escribiu, entre outras obras, Memoria sobre el conocimiento de las tierras, verdadero y económico método de cultivarlas (1786), Ensayo sobre hidráulica rústica (1788) e Memoria físico-económica sobre el mejoramiento de los lienzos gallegos por todos los medios conocidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e fidalgo. Na primavera de 1810 foi elixido deputado suplente pola provincia de Mondoñedo para as Cortes de Cádiz. Despois dun novo proceso electoral, celebrado en agosto dese mesmo ano, foi elixido Manuel Freire Castrillón, mentres que Francisco Cora foi nomeado novamente deputado suplente. En 1813 morreu Antonio Abadín, elixido nas primeiras eleccións de 1810, polo que as Cortes reclamaron a súa substitución; sen embargo, Cora solicitou a súa exención por razóns de saúde e a súa actividade política como deputado galego en Cádiz foi escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada fóra das murallas, construíuse en 1262 e foi parcialmente demolida en 1589 para evitar que as tropas de Drake a empregasen como parapeto. En 1651 foi arrasada polo estoupido da torre de pólvora da fortaleza da cidade. Integrada trala desamortización na Maestranza de Artillería, usouse como prisión e despois foi propiedade particular. En 1963 trasladouse xunto ao monte de Santa Margarida, prolongouse a súa nave e construíuse unha torre. De estilo gótico, ten planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas cubertas por bóvedas de crucería. As ruínas da anterior igrexa foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Traballou na igrexa de Santo André de Zarracóns (1747) e no palacio do bispo de Ourense frei Agustín Cura (1750). Por estas datas, traballou en Cortegada un mestre canteiro do mesmo nome que realizou a igrexa parroquial de San Martiño de Valongo (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libreiro e filósofo. Foi profesor de lóxica e psicoloxía nas universidades de Sevilla e Santiago de Compostela. En 1849 adquiriu a librería de Rey Romero. Ademais das súas colaboracións na prensa, publicou Programa de la asignatura de psicología y lógica de la Universidad de Santiago (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo con Camilo Nogueira. Entre outros materiais empregou o ferro, a pedra, a madeira, o papel, o cartón e a cerámica. Nas súas obras, de carácter abstracto aínda que cun fondo figurativo e próximas ao minimalismo, buscou traballar coa materia. Realizou exposicións individuais, entre as que destaca a celebrada na Sala de Arte Caixavigo (1985), e participou en mostras colectivas, entre elas a colectiva ao aire libre da praza da Princesa de Vigo (1970), a Bienal de Pontevedra (1981) e I Mostra Unión Fenosa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra de temática relixiosa caracterízase polo dominio do debuxo. No santuario de Las Ermitas (Astorga) consérvase a decoración da bóveda e dous lenzos que representan a Entrega do rosario e o Triunfo da Fe. Realizou tamén os altares da Fuxida a Exipto e Santo Antonio de Pádua, en San Vicente de Coeo (Lugo), e unha copia da Virxe do Socorro que fixera Claudio Coelho para a capela de Mondragón da catedral de Santiago de Compostela (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frei (? - 1769?) Mestre de obras e leigo dominicano. Chegou a Santiago de Compostela en 1717 para dirixir as obras da biblioteca da Universidade, que se estaba a construír a carón dos colexios de Fonseca e San Xerome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Baixo a dirección de Domingo Antonio de Andrade traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela (1671-1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, debuxante e ceramista. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid. Foi profesor de debuxo. En 1926 realizou a súa primeira exposición en Santiago de Compostela. A súa obra, de raíces expresionistas e con temática galega, mostra un gran dominio técnico con ritmos e escorzos atrevidos e cun equilibrado colorismo. En 1943 creou unha industria de decoración cerámica e realizou decoracións de fachadas de edificios. Nestas obras están presentes as incisións, os relevos e a investigación, sobre todo nos esmaltes cerámicos. Ilustrou Sanos y enfermos de Eduardo Pérez Hervada (1962). En 1969 celebrouse unha exposición antolóxica na Coruña. Obtivo a primeira medalla na Exposición de Pintores Coruñeses (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa actividade pictórica en 1980. A súa obra é naïf e reflicte de xeito detallista temas folclóricos e populares de Galicia. Dende o ano 1988 expuxo en Madrid, Málaga, Asturias e en distintas mostras colectivas en Galicia. Obtivo a mención honorífica no Concurso de Pintura Naïf da Fundación Barrié de la Maza en 1982. Ten obras nos museos internacionais de arte naïf en Luzara (Italia) e Guimarães (Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo (1781-1797). Licenciouse en Dereito Canónico e foi provisor en Ciudad Rodrigo e cóengo doutoral e deán en Ávila, onde fundou unha academia de leis canónicas. Durante o seu bispado realizou diversas obras na catedral mindoniense, como a prolongación do cruceiro e o peche da capela maior mediante unha reixa de bronce. Construíu tamén parte do palacio episcopal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, onde participou na construción do tabernáculo do Apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, escritor e xornalista. Emigrou a Arxentina moi novo, e colaborou asiduamente co xornal La Capital de Rosario. É autor de varios libros de poesías publicados entre 1886 e 1888 co título de Impresiones, La Babel argentina e Ecos de mi laúd. Tamén tirou do prelo varias pezas teatrais como Esdrújula (1894) e Mieles y amarguras (1894), e unha recompilación de diversos artigos humorísticos titulada Rasgos de pluma (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO