"Chan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • PERSOEIRO

    Limnólogo. Os seus estudios sobre a distribución vertical dos gases disoltos en lagos de Wisconsin, efectuados en 1911 coa colaboración de E. A. Birge, así como sobre a hidrografía, a morfoloxía e o plancto destes lagos, supuxo unha contribución fundamental á síntese limnolóxica actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (19.483 km2; 733.255 h [2000]). A súa capital é Kanchanaburi (52.119 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sycyna, preto de Radon 1530 - Lublin 1584) Poeta polaco. Representante do Renacemento polaco, foi un dos iniciadores da literatura nacional polaca. Tradutor da Biblia e dos clásicos, é tamén autor de diversos ensaios, como Szachy (Os cadros, 1566) e Muza (Musa, 1567).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo das Nacións Unidas integrado polos organismos internacionais Biosfera, Xeosfera e Sobre Dimensións Humanas do Cambio Ambiental. A sede está en Barcelona. Dedícase ao estudo da relación entre o uso do territorio e o cambio global, entre o sostemento e o uso do territorio, e entre o uso do territorio, bioxeoquímica e o clima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños, situada entre as puntas Redonda e do Boi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Foi oficial de infantería de Mariña desde 1889, e explorou diversos territorios de África Occidental e a rexión do alto Níxer, no interior de Costa de Marfil. En 1898 protagonizou o incidente de Fāshōda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Mademoiselle Dumesnil, foi unha das actrices dramáticas máis célebres do s XVIII e unha das figuras da Comédie-Française entre 1737 e 1776. Traballou en obras de Voltaire e Racine, como en Iphigénie en Aulide (1737). En 1800 publicou Mémoires, en resposta ao libro homólogo precedente de Hyppolite Clairon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comerciante ambulante, especialmente o que trata con gando.

    2. Comerciante de obras de arte.

    3. Individuo con quen mantén relacións amorosas unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiáceas.

    2. Hepática da familia das marchantiáceas.

    3. Familia de hepáticas, da orde das marchantais, que presentan cámaras aéreas delimitadas por tabiques e con filamentos asimiladores no seu interior. É a familia principal da orde das marchantais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiais.

    2. Planta da orde das marchantiais.

    3. Orde de hepáticas talosas de ramificación dicotómica, con gametanxios pediculados e esporanxios sésiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiópsidas.

    2. Briófito da clase das marchantiópsidas.

    3. Clase de briófitos, coñecidos comunmente como hepáticas, que se caracterizan por ter un protonema reducido, un gametófito taloso ou folioso, folíolos dispostos en dúas fileiras, esporanxio sen estomas e que carecen de eláteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía mercantil inglesa. Fundouse en Londres (1407), e no período de máximo desenvolvemento (ss XV e XVI), conseguiu controlar case todo o comercio inglés. Derrogados os seus privilexios polo Parlamento en 1689, foi disolta en 1806.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do sistema bancario inglés, especializada en servizos financeiros, como o know-how. A súa actuación inclúe a emisión de accións, obrigas e préstamos a longo prazo normalmente asegurados, fusións e adquisicións, OPA, xestión e administración de carteiras, xestión de fondos de investimento, asesoramento empresarial ou enxeñaría financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei). O seu cumio acada os 890 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Ulster (1.295 km2; 51.313 h [1996]). A súa capital é Muineachán (6.047 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Jiangxi, China, situada na rexión do Centro-sur (1.086.124 h [1990]). Ten industrias de papel, de tecidos, industria química e de aceite, construcións mecánicas e maquinaria agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa de Nova York. É a primeira do mundo e coñécese tamén como Wall Street por estar instalada nesta rúa desde 1792. Está organizada desde 1817 en forma de asociación privada, pero regulamentada e controlada polo Federal Reserve Board. O seu índice bolsista más coñecido é o Down Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Naturalizada francesa, coñeceu a G. Apollinaire e os cubistas, e na súa obra tratou a figura humana con estilizacións segundo o espírito cubista. A súa escultura é de formas alongadas e elegantes, e destacan L’homme à la pipe (1924), Mon fils-marin (1927) e La danseuse (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO