"Copi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 229.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revisión da parte interior do globo ocular mediante o oftalmoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oftalmoscopia ou ao oftalmoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que consiste nun espello plano ou cóncavo cun burato no medio, que serve para explorar o fondo do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tubo de gas enrarecido que serve para detectar a presenza dunha diferenza de potencial e recoñecer o seu sentido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
orticón.
-
-
Propiedade de aqueles sistemas ópticos que dan imaxes de proporcións correctas, é dicir, sen aberracións xeométricas.
-
Exame do ollo mediante o ortoscopio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ortoscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento óptico que se emprega para examinar o ollo e que neutraliza a refracción da córnea por medio dunha capa de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para observar fenómenos físicos variables co tempo e que poden ser transformados nunha magnitude eléctrica variable. O compoñente esencial dun osciloscopio é o tubo de raios catódicos, xeralmente con deflexión electrostática asociada a catro circuítos electrónicos: o amplificador vertical, o amplificador horizontal, o amplificador de sincronismo e a base de tempo; ademais, están os circuítos auxiliares para o enfoque, o control da luminosidade ou os atenuadores de entrada e tamén unha etapa alimentadora. Os amplificadores vertical e horizontal producen cadanseus desprazamentos do punto luminoso na pantalla, a base de tempo xera unha onda en forma de dentes de serra simultaneamente ao desprazamento horizontal, e no amplificador de sincronismo esta simultaneidade está asegurada. Hai osciloscopios máis perfeccionados, como os de dobre trazo e os de memoria. Os de dobre trazo permiten observar simultaneamente dúas magnitudes variables, a través dun tubo de raios catódicos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame do oído que se fai por medio dun otoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para examinar a membrana timpánica e o oído medio.
-
-
Relativo ou pertencente ao periscopio.
-
Que ten un campo de visión moi amplo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento óptico que permite a observación de obxectos situados fóra do campo de visión directa. Esencialmente, está constituído por un anteollo provisto dun tubo vertical que, mediante un sistema de espellos ou de prismas de reflexión total, consigue que os raios que entran no instrumento a unha altura h1 cheguen a un observador situado a unha altura h2 inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame da cavidade peritoneal, insuflada con gas ou aire, mediante un endoscopio introducido a través dunha pequena incisión feita na parede abdominal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte da adiviñación a través da interpretación das chamas do lume. Adoita formar parte da piromancia, aínda que no antigo Exipto era unha disciplima autónoma que se baseaba na observación dunha folla de papiro mentres se consumía lentamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termómetro diferencial, cunha das súas dúas bólas prateada ou dourada, empregado para medir a calor radiante ou reflectida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame endoscópico da cavidade pleural, a través dunha incisión feita na parede torácica, pola que se introduce o pleuroscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Endoscopio que permite examinar a pleura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento médico que se emprega na medición do movemento torácico ou no mecanismo de respiración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que permite observar o estado de polarización dunha radiación luminosa e estudar as propiedades da luz polarizada.