"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
AFLUENTES
Afluente do Limia pola dereita. Nace en Portugal, e entra en Galicia polas Fragas de Escuro Vermello, na parroquia de Venceáns, concello de Entrimo. Pasa pola parroquia de Entrimo e desemboca no lugar da Chan do Barco, na parroquia de Galez, no límite co termo municipal de Lobios, que vén marcado polo Limia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na vila de Castro Caldelas a partir do ano 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín pontevedrés nado en 1945, que rematou de publicarse en outubro de 1950, no número 72. Subtitulado “Boletín de divulgación de la Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra y Órgano de las Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos de la Provincia”, foi dirixido por César López Canabal.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación agraria aparecida en Pontevedra a principios do s XX, que en xaneiro de 1925 se fusionou con El Tea (1908) de Ponteareas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da parroquia de Esteiro, concello de Muros. Situada na enseada de Esteiro, na beira setentrional da Ría de Muros e Noia, entre a localidade de Creo e a punta Lontreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Negrelos, concello de Rodeiro (681 m de altitude).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Tremoedo (Vilanova de Arousa), fundada en 1988, polo conserveiro Manuel Otero. Conta con 13 hectáreas en propiedade e comercializa 300.000 litros de viño ao ano. Embotella viños con etiqueta Grambazán, ámbar e verde, como marca máis popular. Cada unha das etiquetas responde, respectivamente, á primeira e segunda prensada da uva, que é exclusivamente Albariño.
-
MONTES
Monte da parroquia de Armariz, no concello de Xunqueira de Ambía (573 m de altitude).
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio do Lacio, na provincia Latina, Italia, entre os montes Lepini e Ausoni e o mar Tirreno (800 km). Antiga albufeira afastada do mar por unhas dunas, converteuse nunha marisma. A partir do ano 1928, procedeuse á desecación da albufeira, actualmente convertida nunha veiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece tamén a Campagna Romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe e gratuíta do Ferrol publicada en agosto de 1988. Colaboran nela Francisco Martínez Rey, Mercedes Sánchez Rey e Manuel Rodríguez. Editada por Asfega (Ferrol), trátase dunha publicación divulgativa e acolle información sobre o gando vacún, o sector lácteo, as hortas, as flores e os invernadoiros.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal aparecida en Palas de Rei, substituta do semanario de Chantada La Voz del Agro (1928), clausurado por problemas coa censura. A finais de novembro de 1930, cando chegaba ao número 96, volve tomar o nome e o emprazamento necesario.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Marrube, no concello do Saviñao (611 m de altitude).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en xuño de 1988, editada pola Consellería de Agricultura e subtitulada “Revista de información agraria”. Xosé Ramón Barreiro, Luís Caramés, Francisco Díaz Fierros e Felipe Macías, entre outros, forman o seu consello asesor. Consta das seguintes seccións: “Información”, “Noticias”, “Carta aos lectores” e “Última hora”. Inclúe novas, avisos, ordes e decretos, xunto con estatísticas e gráficos do sector agrario.
-
-
Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.
-
Produto agrícola que foi acondicionado ou transformado industrialmente.
-
Conxunto heteroxéneo de industrias e empresas que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización dunha gran diversidade de produtos de orixe vexetal ou animal destinados á alimentación humana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias do solo en forma de bacilo, gramnegativas; teñen un ciclo biolóxico semellante ao xénero Rhizobium, pero non fixan nitróxeno libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949 no marco da reforma dos métodos de traballo agrícola. Concentra a poboación de varios kolkhoz ou sovkhoz co fin de incrementar a produción agrícola, elevar o nivel de vida e racionalizar e ampliar a oferta e calidade dos servicios. Co fracaso da economía planificada e o derrubamento do réxime comunista, deixouse de considerar este plano económico-urbanístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en 1975 en Esteiro (Muros) por Xosé Agrelo Hermo. Tentaba promover o uso da lingua galega no ensino e na sociedade e a defensa de propostas alternativas no tempo libre para os cativos. Entre os seus espectáculos atopamos desde un Auto dos Reis Magos (1975) ata Os vellos non deben de namorarse (1978).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia dos bolbitiáceos, de cogomelos de sombreiro carnoso con láminas e esporas da cor do tabaco e pé con anel presente só ás veces. En Galicia son frecuentes A. cylindrácea sobre troncos de árbores caducifolias e A. praecox do que aparecen os cogomelos en prados na primavera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia e tecnoloxía que pretende unha mellor utilización enerxética dos cultivos e produtos agrícolas co fin de aumentar a relación entre a enerxía consumida e a proporcionada pola biomasa.