"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Pintora e ilustradora. Coñecida como Lena Lemos, licenciouse na especialidade de pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Porto (1976). Colaborou como ilustradora na colección Descubrir Coruña (1986-1989), en La Voz de Galicia e na revista Luces de Galicia e realizou as portadas de Floriram Cravos Vermelhos (1993), Evadne (1998) e Entre próspero e calibán (1998). Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao filhelenismo.
-
Seguidor do filhelenismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político, de carácter relixioso (cristián) e cultural (herdeiro da civilización clásica), que buscaba a independencia grega fronte ao dominio turco. Iniciado a comezos do s XIX, contaba con apoio de destacadas personalidades europeas da época (Byron e Delacroix).
-
PERSOEIRO
Químico, discípulo de Wöhler e de Limpricht en Gotinga. Descubriu a reacción do pinacol e da pinacolona, estudiou os ácidos non saturados sintetizando as lactonas e o tolueno, introduciu a síntese dos hidrocarburos, co proceso coñecido como reacción de Wurtz-Fittig, e estableceu a estrutura da piperina e a do naftaleno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Editou a revista Ethische Kultur (1895-1899). Representou a tendencia moderada da renovación pedagóxica de principios do s XX. Escribiu, entre outras obras, Sexualethik und Sexualpädagogik (Ética sexual e pedagoxía sexual, 1907), Lebensführung (Arte da vida, 1909) e Religion und Charakterbildung (Relixión e educación do carácter, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mikhail Mikhailovic Fokine.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi profesor nas universidades de Clermont-Ferrand (1960-1968) e Paris-Vincennes (1968-1970) ata ser nomeado en 1970 membro do Collège de France. Influído por S. Freud, M. Heidegger e F. W. Nietzsche, foi un dos máis importantes representantes do estruturalismo no s XX. Analizou os problemas mentais desde unha perspectiva xenealóxica na liña de traballo de Nietzsche e mantivo que a separación entre loucura-desorde e razón-orde se produciu no s XVII. Posteriormente, estudiou a historia desde unha perspectiva descontinua, en que criticou o concepto de progreso na cultura, analizou a estrutura das prisións e realizou fortes críticas ao sistema educativo occidental. Na súa obra conflúen psicoloxía, historia, filosofía e socioloxía nun intento de superar as categorías impostas polas diversas escolas destas disciplinas. Entre as súas obras destacan Histoire de la folie a l’âge classique (1961), Les mots et les choses. Une archéologie des Sciences humaines (1966), L’archéologie...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras e escultor. De orixe borgoñona, traballou en Castela durante a segunda metade do s XII, onde introduciu o gótico nacido na Île de France. Por encargo de Afonso VIII fixo a cabeceira e o ciborio da catedral de Ávila (1170?). Na basílica románica de San Vicente de Ávila empregou as bóvedas de crucería con oxivas e esculpiu un apostolado gótico e os sepulcros dos santos Vicente, Sabina e Cristeta. Probablemente traballou na catedral de Zamora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Navalla pequena coa punta curvada que se usa para vendimar.
-
-
2 guincho.
-
Trunfo pequeno no xogo das cartas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhemar Adolphe Louis Martens.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma
FORMULA
A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e etnólogo alemán. Especializado en filoloxía románica, dedicouse aos estudios de folclore, lingüística vasca, relacións arábigo-románicas, música popular, etc. Dos seus traballos destaca a súa tese de doutoramento Waffen nach der spanischen Literatur des 12. und 13. Jahrhunderts, complementada máis adiante con outras investigacións sobre armamento da Idade Media en Catalunya, Portugal e Provenza. Dende 1974 foi membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Despois dunha estancia en Copenhaguen (1958-1960), onde fixo investigacións sobre física teórica, volveu aos EE UU e traballou sobre o modelo do campo electrodébil, que daría a coñecer en 1960. En 1979 compartiu con Steven Weinberg e Abdus Salam o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da teoría unificada das interaccións electromagnética e débil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. En Italia Wilhelm von Plüschow e Giovanni Crupi ensináronlle a aplicación da fotografía de paisaxes e de escenas típicas en tarxetas postais. Dende 1890 dedicouse a fotografar corpos nus inspirados na Antigüidade. As súas imaxes, baseadas na Arcadia e Homero, tentaban escenificar unha vida ideal, achegada ao culto andróxino. Os seus traballos foron destruídos durante a ditadura de B. Mussolini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hermann Wilhelm Göring.
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filoloxía Galega. Colaboradora de Dorna, Grial, Revista das Letras, Raigame e Anuario de estudios literarios galegos, da súa produción destacan Capital da dor (1997) e Luís Seoane, vida e obra (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Albert Bitzius.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Especializouse en xeografía económica. Escribiu Die Verkehrswege im Dienste des Welthandels (As vías de tráfico ao servizo do comercio mundial, 1880) e Historische Geographie (Xeografía histórica, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO