"ISS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Akademie der Wissenschaften.
-
PERSOEIRO
Físico polaco. Trasladouse coa súa familia en 1899 a EE UU. Estudou física na Cornell University e doutorouse na Columbia University en 1927, cunha tese sobre as propiedades magnéticas dos cristais, e obtivo a nacionalidade estadounidense. Traballou sobre as propiedades magnéticas e eléctricas do átomo, e ideou o método da resonancia magnética nuclear. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número que indica os milímetros de álcali 0,1 normal que neutralizan os ácidos graxos volátiles e solubles en auga (butírico, caproico) de 5 g de graxa. É importante na análise da manteiga e dos seus sucedáneos.
-
PERSOEIRO
Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Licenciada en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968), doutorouse coa tese Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (1973). Foi profesora na facultade de Filoloxía da universidade compostelá e, desde 1981, catedrática de instituto de lingua e literatura galegas. En 1983 foi nomeada primeira inspectora (extraordinaria) de lingua e literatura galegas do distrito universitario de Santiago. Sensibilizada coa difusión da lingua galega, participou e ocupou cargos directivos na asociación O Galo e desenvolveu o seu labor de investigación no ILG, colaborando na redacción dos métodos Galego 1, 2 e 3 e na primeira fase do Tesouro lexicográfico galego; tamén colaborou na elaboración do Atlas Lingüístico de los marineros peninsulares, dirixido por M. Alvar. No campo do léxico publicou Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces, con anotaciones etimológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Penúltima glaciación do Cuaternario situada baixo a de Würm e sobre a de Mindel, que comezou fai aproximadamente 200.000 anos e rematou fai 125.000. Está constituida por un ciclo con dúas fases frías ou máximos glaciares e una fase temperada intermedia. Correspóndese coa glaciación americana de Illinois e de Saale no N de Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos láridos, coa plumaxe gris cunha franxa negra no extremo das ás e o ventre, as ás e a cola brancas. Presentan o peteiro fino e amarelo, as patas negras e a cola lixeiramente gallada, cunha franxa negra no extremo. A este xénero pertence a gaivota tridáctila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica dedicada ao estudo das matemáticas, ciencias naturais, filoloxía, historia e ciencias técnicas, que foi fundada en 1846 en Leipzig co nome de Königliche Sächsische Gesellschaft der Wissenschaften e procedente da Fürstlich Jablonowskische Gesellschaft, fundada en 1768.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Savoia e marqués de Saluzzo. Pasou ao servizo de Austria e obtivo a vitoria de Zenta, que lles permitiu aos austríacos impoñerse a Polonia e Hungría. Tras a Paz de Rastatt (1714) comandou unha expedición contra os turcos, sobre os que tamén se impuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou e traballou na Universidade de Berlín ata que, en 1935, abandonouna forzado polos nazis. Fixo contribucións en teoría de grupos, de matrices, ecuacións alxébricas e ecuacións integrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter político e satírico, fundada en Múnic en 1896 por A. Langen e Th.Th. Heine. No ano 1944 deixou de editarse. Volveuna editar en 1954 O. Iversen e desapareceu definitivamente no ano 1967.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burkina Faso (13.736 km2; 153.560 h [estim 1997]). A súa capital é Léo (10.012 h [1985]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria suíza fundada en 1872 con sede en Basilea. En 1997 fusionouse coa Union des Banques Suisses no Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade suíza de transportes constituída en 2002, como unha transformación de Swissair e a partir da rexional Crossair. Cobre liñas de longa, media e curta distancia entre 60 países diferentes.
-
PERSOEIRO
Metereólogo. Fundou e dirixiu o observatorio de Trappes. As súas investigacións mediante globos sonda levárono ao descubrimento da estratosfera en 1899. Escribiu Les bases de la météorologie dynamique (1898-1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral persa. Sátrapa de Lidia e Caria (413), foi substituído por Ciro II de Persia (407). Durante a rebelión deste contra seu irmán, axudou a Artaxerxes II na Batalla de Cunaxa e volveu novamente a ser sátrapa de Lidia. Na guerra entre Persia e Esparta foi vencido preto de Sardes por Agesilan’ (395). Destituído por traidor, foi levado a Colosas e executado polo sátrapa Titraustes por orde de Artaxerxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Observou os dous tránsitos de Venus por diante do Sol (1874 e 1882), en Xapón e Santo Domingo, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e orientalista francés. Sacerdote (1907), ensinou linguas orientais no Apollinare de Roma (1908-1913) e foi conservador da Biblioteca Vaticana (1908), da que foi prefecto (1930). Cardeal (1936) e bispo de Ostia (1937), foi secretario da Congregazione per le Chiese Orientali (1936-1959) e desde 1951 decano do Collegio Cardinalizio. Das súas publicacións destaca a colección Specimina codicum orientalium (1914).
VER O DETALLE DO TERMO