"Lot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 289.

  • holoturoideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos holoturoideos.

    2. Equinodermo da clase dos holoturoideos.

    3. Animal da clase dos equinodermos eleuterozoos formada por animais de forma alongada, xeralmente cilindroide, coa abertura bucal e anal nos extremos opostos do corpo e unha coroa de tentáculos ao redor da boca; son suspensívoros e detritívoros. Xeralmente son bentónicos, pero tamén hai algúns poucos peláxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos, de 8 a 20 mm de lonxitude, que se alimentan de madeiras resinosas xa traballadas como mobles ou librerías. Se entran en contacto co papel pode ser prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Penedo rodeado de mar.

      2. Pequena illa deshabitada.

    1. Grupo illado de células, xeralmente cunha función común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á articulación pulmonar. OBS: Oponse a exectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á curva que une os puntos da superficie da Terra onde as variacions de temperatura do aire son iguais no mesmo intervalo de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás isalotermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que en 1911-1912 enfrontou a Italia e Turquía, e rematou coa anexión de Tripolitania e a Cirenaica a Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: quilotón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Típico expoñente da cultura de Port-Royal, manifestada na súa Grammaire générale et raisonnée. Reformador do ensino, divulgou o coñecemento do latín, do grego e doutras linguas nos seus manuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación do nome francés Lancelot, onde se aplicou o dobre diminutivo -el-ot ao nome xermánico Lanzo, derivado da raíz landa ‘país’. Presenta a variante Lanzarote. Este nome xa se usou na Idade Media como consecuencia da popularidade que acadaron as novelas de cabaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabaleiro da Táboa Redonda, da mítica corte do Rei Artur de Britania, nas narracións da materia de Bretaña. Discútese a orixe deste personaxe lendario, que, segundo algúns críticos, ten antecedentes nas antigas literaturas célticas. Non obstante , documéntase por vez primeira no poema narrativo alemán Lanzelet (1194-1204?), do suízo Ulrich von Zatzikhoven, quen afirmou que se baseou nun libro francés, actualmente perdido. Este libro descoñecido, quizais fonte orixinal do personaxe, influíu no Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181), novela en verso de Chrétien de Troyes que narra a aventura de Lancelote, amante de Xenebra, muller do Rei Artur. Nesta obra reúne as máis prezadas virtudes cabaleirescas (coraxe, honor e submisión amorosa) e grazas á última converteuse nun dos prototipos medievais do amor cortés e no mellor dos cabaleiros. Conta a lenda que foi amante fiel da Raíña Xenebra, esposa de Artur, aínda que unha noite, víctima dun encantamento,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Grupos de células ovais ou esféricas, illadas, que se atopan dispersas polo páncreas dos vertebrados. A función máis importante é a produción de insulina e de enzimas dixestivos. Foron descritas histoloxicamente polo médico patólogo alemán P. Langerhans (1847-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, bailarina e actriz. De nome Karoline Wilhelmine Charlotte Blamauer, o seu encontro co círculo de artistas en Zúric e Berlín, entre os que estaban Frank Wedekind, Kurt Well -co que casou en 1925- e Bertolt Brecht, foi decisiva na orientación da súa carreira. É recordada polos seus papeis en filmes alemáns e estadounidenses, como Die Dreigroschenoper (A ópera dos tres peniques, 1931), From Russia with Love (1963) e Mahagonny (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Aquitania, Francia, afluente do Garonne pola dereita. Nace no monte Losera e desemboca en Agulhon, ao S de Tonencs, tras 480 km de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, na rexión de Midi-Pyrénées (5.217 km2; 160.197 h [1999]). A súa capital é Cahors.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico que o libro da Xénese presenta como sobriño de Abraham, a quen acompañou a Canaán. Foi o único que, coa súa familia, foi salvado da destrución de Sodoma, aínda que a súa muller quedou convertida nunha estatua de sal polo feito de ter mirado cara a atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, situado en Aquitania (5.361 km2; 305.380 h [1999]). A súa capital é Agen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO