"Lucí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
-
Relativo ou pertencente aos merlúcidos.
-
Peixe da familia dos merlúcidos.
-
Familia de peixes da orde dos gadiformes. Son depredadores, nadan en cardumes e a gran maioría das especies son comestibles. O seu representante máis destacado é Merlucius merlucius, coñecido comunmente co nome de pescada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos merlúcidos, ao que pertence a pescada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cambios, fundamentalmente na acción da selección natural, que teñen lugar nunha poboación no transcurso dun número de xeracións relativamente pequeno e a escala intraespecífica. Conduce á especiación.
-
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Marguerite Moreno, actuou na Comèdie Française e con Sarah Bernhardt, e fundou en Bos Aires un conservatorio francés de estudos dramáticos. A súa última representación foi La folle de Chatllot. Da súa filmografía destacan Vingt ans après (1922), Carmen (1945) e Mademoiselle Modiste (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Director do Institut Pasteur, investigou os mecanismos de transmisión da información xenética, especialmente o papel do ARN mensaxeiro ao citoplasma. Publicou a obra Azar et sarkis (1979). En 1965 recibiu, xunto con F. Jacob e A. Lwoff, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus descubrimentos das actividades reguladoras dos xenes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político boliviano fundado en 1941 por Víctor Paz Estenssoro. De ideoloxía de centro dereita, en 1971 uniuse, entre outros, á Falange Socialista Boliviana no Frente Popular Nacionalista (FPN). Deu lugar ao nacemento de numerosos partidos como resultado das escisións e pugnas dos seus líderes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo revolucionario de ideoloxía marxista-leninista fundado en Perú o 1 de marzo de 1982. Naceu como resultado da unión do Partido Socialista Revolucionario Marxista Leninista (PSR ML) e do Movimiento de Izquierda Revolucionaria El Militante (MIR EM), -aos que se uniu, en 1986, o Movimiento de Izquierda Revolucionaria Voz Rebelde (MIR VR)- e tomou o seu nome en memoria do rebelde peruano José Gabriel Condorcanqui Noguera (Túpac Amaru). Contrario aos elementos imperialistas, denunciou a política económica gobernamental e motivou ao pobo á loita para rematar coa súa opresión. Organizouse en tres eixes: político, militar e a fronte de masas, e a súa acción levouse a cabo nas fases de acumulación de forzas, de propaganda armada e na propiamente guerrilleira. Para iso creou o Ejército Popular Tupacamarista, -que se complementou coas Fuerzas Especiales- baixo o modelo convencional da guerrilla latinoamericana e cuxos ataques consistiron en bombardeos, asasinatos, roubos a bancos e secuestros....
-
PERSOEIRO
Xeneral e político. Foi pretor en 143 a C e cónsul en 146 a C. Comandou a guerra contra as cidades gregas e destruíu a Liga Aquea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor informalista. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu con Antonio López e Julio López Hernández. Recibiu influencias do expresionismo e do cubismo. En 1955 viaxou a París, onde entrou en contacto coa obra dos informalistas europeos, especialmente de J. Fautrier e J. Dubuffet. En 1962 realizou un mural para o Arantzazuko Santutegia, en Gipuzkoa. Traballou o soporte da pintura en madeira, baleirada e queimada, enchendo de pintura as fisuras e as fendas. A partir de 1960, a súa obra tendeu cara a unha harmonía de formas dinámicas e informalistas, como en Estrutura verde y negra (1961), La ventana (1963) e Crucifixión (1964). A partir de 1980 a súa pintura volveuse máis lírica. Foi autor de dous murais para o edificio da Unión Europea en Bruxelas e do mural La ciudad inacabada (1998), para o edificio da Asamblea de Madrid en Vallecas. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e estratega romano. Gobernador de Asia, provocou a segunda guerra contra Mitridates VI do Ponto (83-81 a C) e, logo de recibir a axuda de Lucio Cornelio Sula, conseguiu o triunfo. O seu fillo Lucio Licinio Murena deulle o nome á Lex Licinia Iula sobre a notificación das propostas de lei.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo e regado polo río Pusa, afluente do Tajo (2.721 h [2001]). É unha zona de bosques con aciñeiras, sobreiras e matas. A agricultura e a gandaría son recursos económicos básicos. A industria maioritaria deriva do sector primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás noctilúcidas.
-
Alga da familia das noctilúcidas.
-
Familia de algas, da división das dinófitas, formada unicamente polo xénero Noctiluca.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Tras ordenarse presbítero, marchou a Portugal e dedicouse ao ensino. Dirixiu a obra de homenaxe a santa Catarina de Boloña La Santa sulla storia, nella lettere e nell’arte (1912), no segundo centenario da súa canonización. Publicou, entre outras, El mes de San Antonio y otras devociones al gran Taumaturgo franciscano (1899), Novena al Sagrado Corazón de Jesús e Los Trece Martes en honor a San Antonio, para los niños.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista do Estado español creado, en 1969, como froito da radicalización do grupo obreiro católico Acción Sindical de Trabajadores, que existía en Madrid desde 1963. Foi unha organización maoísta, prochinesa e antisoviética e, desde 1977, impulsou o Sindicato Unitario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Sánchez Gómez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada en xullo de 1976 aglutinando diversos núcleos andalucistas xurdidos en 1965 e que, en 1973, se estruturaron na Alianza Socialista de Andalucía (ASA). Partindo dun rexionalismo popular-proletario que asociaba a idea de autonomía, a de reforma agraria e o retorno da emigración, desembocou nun nacionalismo que responsabilizaba as zonas ricas de España do empobrecemento andaluz. Baixo a dirección de Alejandro Rojas Marcos, adoptou o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA) e foi membro da Federación de Partidos Socialistas. En 1984 cambiou o nome polo de Partido Andalucista, acentuou o seu carácter nacionalista e renunciou ao socialismo e ao marxismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política mexicana creada en 1929 por Plutarco Elías Calles co nome de Partido Nacional Revolucionario. En 1946 tomou a denominación de PRI. A partir da presidencia de Cuauhtémoc Cárdenas (1934-1940), todos os presidentes de México foron membros ou gozaron do apoio deste partido. O PRI conseguiu que México desenvolvese unha política exterior independente e que tivese un papel destacado dentro do Terceiro Mundo. O elevado grao de corrupción da política mexicana debilitouno, cuestionado pola marcha de C. Cárdenas, que fundou o Frente Democrático Nacional (1988), e pola insurrección guerrilleira de Chiapas (1994).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Andalucista.