"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1613-1645). Primeiro soberano da dinastía Romanov, concertou con Suecia a Paz de Stolvobo, que devolveu Novgorod a Rusia, pero pechoulle o paso ao Mar Báltico. Durante o seu reinado instituíuse definitivamente a adscrición dos homes á terra e impulsouse a colonización de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Serbia (1839-1842 e 1860-1868), fillo pequeno de Miloš I de Serbia. Sucedeu a seu irmán Milan II. Foi asasinado polos sicarios dos Karadjordjević. Sucedeuno o seu neto Milan IV, que se converteu no primeiro rei de Serbia co nome de Milan I de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1034-4101). Subiu ao trono pola vontade de Zoé, a emperatriz viúva de Romano III, coa que casou o mesmo día que morreu violentamente o emperador. Home incapaz para o exercicio da política, deixou todos os asuntos de goberno nas mans do seu irmán Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1295-1320), fillo primoxénito de Andrónico II. Asociárono ao trono en 1295. Combateu sen éxito á fronte do exército bizantino contra os otománs, que se estableceran xa definitivamente en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1669-1673), sucesor de Xoán II Casimiro. Deixou os asuntos polacos en mans do partido austríaco e perdeu Podolia e Ucraína pola Paz de Buczacz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Traballou no Hospital Real, na capela de santa Catarina e na caixa dun órgano da catedral de Santiago de Compostela. Tamén realizou un retablo para a capela de Santa Mariña Dozo de Cambados e unhas reixas de madeira para unha das capelas de Santa María a Maior de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1041-1042). Subiu ao trono á morte do seu tío Miguel IV, que o fixera adoptar pola Emperatriz Zoé. De xeito inmediato, tentou retirar á emperatriz nun convento, pero o pobo rebelouse. Foi cegado e recluído nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1259-1282), fillo de Andrónico Paleólogo e sobriño de Aleixo III Anxo de Bizancio. Á morte de Teodoro II Ducas Láscaris, emperador de Nicea, apoderouse do goberno e fíxose coroar emperador, xunto con Xoán IV Ducas Láscaris. Para lexitimar a súa usurpación ante os gregos, reconquistou a cidade de Constantinopla (1261). Para liberarse de Xoán IV, fíxoo cegar e volveu coroarse. Loitou contra Guillerme de Villehardouin, príncipe de Morea, e derrotouno. Enseñorouse desta rexión e ocupou os dominios de Mistra. En 1269 pediu axuda a Xaime I de Aragón para defender Terra Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcanxo. No Antigo Testamento é presentado como defensor do pobo e na Apocalipse loita cos seus anxos contra o dragón. En Occidente identifícase co que acompaña e pesa as ánimas. O seu culto difundiuse na Idade Media por todo Occidente a partir, sobre todo, das aparicións que lle foron atribuídas no monte Gargano (s VI), sobre a tumba de Adrián no castelo Sant’Angelo en Roma (950) ou en Mont Saint-Michel (708). A iconografía dos primeiros séculos representábao cunha túnica branca, lanza e escudo; como o acompañante das ánimas ou no momento de pesalas. Un dos temas máis frecuentes é a súa loita co dragón. Os seus atributos persoais son unha espada na man dereita que brande cara a un demo monstruoso asoballado baixo os seus pés, e unha balanza na man esquerda para pesar as ánimas ou un escudo no que se pode ler Quis ut Deus (Quen coma Deus?). A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do hebreo Mikha’el, nome teofórico que reproduce a frase mi kha ‘El quen coma Deus?’; pasou ao grego e ao latín coma Michael. Este nome deu lugar aos apelidos Míguez, Migues, Miguenz, Miguens, Miguéns e ás formas castelás Miguélez e Migueles. O arcanxo san Miguel celébrase o 29 de setembro. É o patrón dos concellos de Campo Lameiro e Monterroso onde se celebra o día 30 de setembro, e de Pontedeume, que o celebra o 8 de maio. Ademais, é titular de 149 parroquias. San Miguel González celébrase o luns seguinte á oitava de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Especializado en temas relixiosos e colaborador habitual da revista Encrucillada, participou no proxecto de tradución da Biblia ao galego. Da súa obra cómpre salientar Graciñas, La Teología de la Liberación y su método: estudo en Hugo Assmann y Gustavo Gutiérrez (1976), Temos carta de Deus (1994) e Profecía dun capitán Trono: quén coma Deus (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Estudou filosofía, teoloxía e diversas disciplinas musicais mentres permaneceu no mosteiro de Poio. Cultivou a música galega e deixou publicadas máis dun cento de obras entre motetes, vilancicos e himnos. Dominaba un gran número de linguas, entre elas as orientais, o que lle permitiu profundar no estudo das Sagradas Escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga e política. Foi alcaldesa de Ares (1983-1987), deputada ao Parlamento de Galicia (1989-1993), membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE (1987-1994) e secretaria de Movementos Sociais e Participación Cidadá (1988-1995). Foi asesora na delegación social española no Parlamento Europeo (1995-1999) e deputada europea desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha variedade de ameixas e figos que maduran a finais de setembro, coincidindo coa celebración de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política absolutista dos partidarios de Miguel I de Portugal, enfrontada á tendencia liberal dos partidarios de Pedro I e a súa filla María II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao miguelismo.

    2. Partidario do Rei Miguel I de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Comezou escribindo en revistas humorísticas, como La Ametralladora, ata que fundou en 1941 La Codorniz. Tamén tivo presenza no mundo do cine, con colaboracións nos guións dos filmes Bienvenido Mr. Marshall (1953) ou Viva lo imposible (1958). Escribiu comedias en que introduce unha renovación do xénero cómico, cun humor suave, entre patético e desencantado. O seu primeiro éxito teatral foi Tres sombreros de copa (1932), estreada en 1952, ao que seguiron Sublime decisión (1955), Maribel y la extraña familia (1959) ou Ninette y un señor de Murcia (1964). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1964), dúas veces o Premio Nacional de Teatro e foi membro da Real Academia Española (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Desde 1854 loitou contra os liberais, e participou na Guerra da Reforma (1858-1860), onde acadou os primeiros éxitos contrarrevolucionarios. Exiliado en Cuba e en Europa, volveu en 1863 e colaborou co Emperador Maximiliano I. Capturado en Querétaro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO