"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Político, duque de Medina de Torres (1626-1668) e marqués de Toral. En 1625 casou con María de Guzmán, filla do conde-duque de Olivares, o que o converteu en protexido deste. Foi tesoureiro do consello de Aragón, presidente do consello de Italia e vicerrei de Nápoles (1637-1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. O sentido tráxico da vida e a morte marcaron os seus primeiros volumes de poemas simbólicos, dos que destacan Blouznivy věř (O baldío delirante, 1926) e Triumf smrti (O triunfo da morte, 1930). A culminación da súa obra é Noc s Hamletem (A noite con Hamlet, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar a marca dunha cousa sobre outra, apertando unha contra outra.

      2. Deixar a marca en tinta, enriba dun papel, para facer presión contra un gravado ou molde na prensa.

    1. Tirar un texto por medio da prensa ou doutra máquina adecuada, para obter un ou máis exemplares.

    2. Fixar indeleblemente na memoria ou no ánimo.

    3. Comunicar ou transmitir a algo ou alguén un carácter ou certo estado.

    4. Fixarse algo na memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, dividido entre India e Paquistán (222.236 km2; 10.069.917 h [2001]). A súa capital é Srīnagar, aínda que no inverno a administración trasládase a Jammu. Os seus recursos máis importantes son a agricultura, a explotación forestal, a sericultura e a gandería de cabras produtoras de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Autor de traballos sobre musicoloxía, o seu pensamento descritivo e melodioso centrouse no home a na obra creadora. Escribiu L’ ironie (1936), Le mal (1947), Philosophie première (1954) e Le pardon (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación privada vinculada ao concello de Barcelona, creada por Joan Miró en 1971. O edificio que a acolle, obra de Josep Lluís Sert, está situado no Parc de Montjuïc e abriuse ao público en xuño de 1975. Dedícase ao estudo e difusión da obra de Miró e á promoción da arte contemporánea de vangarda. O pintor dotouna cunha colección integrada por pinturas, esculturas, practicamente a colección completa da súa obra gráfica, e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor grego. Fundador e director do conservatorio nacional de Atenas en 1926, está considerado un dos principais creadores da escola moderna de compositores gregos. Da súa obra sobresae a ópera O mestre de obras (1916), a composición sinfónica O vendedor ambulante (1922) e tres sinfonías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fibra téxtil natural da cabra de raza kashmiresa.

    2. Tecido fabricado con la e algodón, moi fino e suave ao tacto, xeralmente estampado con cores vivas, orixinario da rexión india de Kashmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de India, actualmente dividida entre India, no estado de Jammu e Kashmir, e Paquistán, no Kashmir “Azad” ou libre (222.236 km2; 7.818.700 h [1989]). Distínguense seis subrexións: as montañas do Karakorum, o val do Indo, as montañas do Himalaia, o val de Kashmir, as montañas do Pil Panjal e unha parte da chaira do Punjab. O clima é alpino nas zonas de alta montaña e tropical ao SL. Posúe unha poboación na súa maioría rural, que se divide en musulmáns, hinduístas e unha pequena parte budista. Como cidades destacan Srinagar e Jammu. Os seus recursos máis importantes son a agricultura, a explotación forestal, a sericultura e a gandería das cabras produtoras de lá. Foi colonizada polos arios, dominada por diversas dinastías hindús, integrouse no Imperio de Asoka (s III a C) e adoptou o budismo como relixión. Á morte deste monarca, o hinduísmo rexurdiu tomando a forma de numerosas sectas. Aliouse con China durante os ss VII e VIII buscando a protección fronte ás invasións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Kashmir ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Kashmir.

    3. Raza de cabras orixinarias do val de Kashmir. Moi resistente e prolífica, caracterízase pola ausencia de cornos e por ter un pelo longo, fino e sedoso, de cor branca ou marrón, que é moi apreciado na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kashmiri ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kashmir. 

    3. Pobo que  vive en Kashmir.

    4. Lingua indoaria falada en Kashmir e nas montañas veciñas. Utiliza o alfabeto Sharada, derivado do devanagari. Foi unha das linguas da literatura india.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1846 - Graz, Estiria 1940) Meteorólogo e climatólogo. Propuxo unha clasificación climática da Terra segundo a que cada zona ten unhas características climáticas propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Žhytomyr 1853 - Poltava 1921) Escritor ucraíno. En San Petersburgo mantivo contacto cos defensores das ideas populistas, viviu un longo período (1874-1885) de prisións, exilio e deportacións en Siberia. Da súa obra, en ruso, destaca Epizody iz žizni iskatelja (Episodios da vida dun buscador, 1879), Son Makara (O soño de Makar, 1883), que lle deu popularidade, e Slepoj muzykant (O músico cego, 1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillaume Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Zagreb 1893 - 1981) Escritor croata. Vicepresidente da Academia Iugoslava de Ciencia e Arte, director do Instituto Croata de Lexicografía e director da Unión Iugoslava de Escritores, da súa obra cómpre salientar a triloxía dramática Glembajevi (A familia Glembaj, 1932), a novela Povratak Filipa Latinovića (O retorno de Filipe Latinovic, 1960), e as escolmas de relatos Hrvatski bog Mars (O deus croata Marte, 1922) e Balade Petrice Kerempuha (Baladas a Petrica Kerempuh, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tambov 1899 - Moscova 1970) Director cinematográfico soviético. Preocupado pola montaxe cinematográfica, a súa obra é unha constante busca e experimentación de novas formas de linguaxe, desde xéneros diversos. Dirixiu Nakrasnom fronte (A fronte vermella, 1920) e Sibiriaki (Os siberianos, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sarajevo 24.11.1954) Realizador cinematográfico. O compromiso social e a realidade do seu país reflíctense na súa filmografía. Realizou os filmes Guernica (1978), Sjecas li se, Dolly Bell (Lémbraste de Dolly Bell, 1981), Otac na Sluzbenom putu (Papá está en viaxe de negocios, Palme d’Or de Cannes, 1985), Underground (Palme d’Or de Cannes, 1995), Crna macka, beli macor (Gato negro, gato branco, 1998) e Super 8 Stories (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1931 fundou as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Despois da fusión entre FE (Falange Española) e as JONS pasou a ser dirixente desta organización (1934), aínda que a abandonou en 1935, ao considerar que se alonxara dos ideais nacionalsindicalistas. Ao comezo da Guerra Civil Española foi detido e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario, teórico marxista e dirixente político ruso. De nome Vladimir Il’ič Ul’janov, estudiou dereito pero foi expulsado da Universidade de Kazan’ en 1891 pola súa relación con populistas e socialdemócratas. Marchou a Peterburgo (1893), onde organizou grupos obreiros e iniciou o traballo teórico. Discípulo de Plekhanov, ideólogo bolxevique, foi expulsado da Universidade de Peterburgo e desterrado a Siberia polas súas ideas políticas (1897-1900). Exiliouse en Suíza e fundou con Plekhanov o diario Iskra (A Chispa), órgano central do Partido Socialdemócrata Obreiro Ruso, e dirixiu a fracción bolxevique do partido, que propugnaba unha organización revolucionaria centralizada pola ditadura democrática dos obreiros e campesiños. A partir de 1902, coa publicación do seu escrito Cto delat? (Que hai que facer?, 1902), definiu unha postura diferenciada dos menxeviques. A apertura política posterior á Revolución de 1905 facilitou o seu regreso e dedicouse á estruturación...

    VER O DETALLE DO TERMO