"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • Construción situada en Santiago de Cercio (Lalín). A súa planta é rectangular con escaleira exterior e solainas cubertas na fachada principal. Nun dos seus extremos engadiuse unha torre de planta cadrada cun brasón dos Deza, Varela, Arias e Suárez. A capela converteuse nun alpendre unido á torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paleobotánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto automobilístico brasileiro. Vencedor de 14 grandes premios, proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 en 1972 (Lotus) e en 1974 (McLaren). Entre 1976 e 1980 participou no campionato mundial de Fórmula 1 coa súa propia escudería. Despois pasou a competir na Indy CART, da que se proclamou campión en 1989. Ademais venceu nas 500 millas de Indianapolis en 1989 e 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, situado no sector meridional da illa da Palma (1.735 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os gravados rupestres do roque de Teneguía e a igrexa neoclásica de San Antonio Abad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, no val do Guadalquivir, río que forma o límite noroeste do termo municipal (9.711 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, legumes e oliveiras) e gandería (porcino), con industrias derivadas e do metal. Fundada en 1767, foi repoboada por católicos centroeuropeos. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Purísima Concepción e a casa do concello (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os sépalos soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, foi delegado de La Voz de Galicia en Ferrol, director e presentador dos programas Xente Nosa e Contrafío da TVG, xefe de informativos da cadea COPE en Vigo e director rexional de Onda Cero en Galicia. Obtivo o Premio Santiago ao mellor labor radiofónico, concedido pola Televisión Española en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de elementos moles e pequenos, como os de palla ou herba.

    2. Mestura de elementos moi diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de palla e doutros vexetais que se lle dá ao gando como alimento.

      1. Póla pequena que se corta dunha árbore ou arbusto.

      2. Parte dunha rama que ao cortala queda unida ao tronco.

    2. Filamento ou pequeno anaco de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha superficie que presenta imperfeccións e rugosidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Durango, México, situada no suburbio de Torreón, na beira do río Nazas (164.092 h [1990]). Fundada en 1898, do seu patrimonio cultural destaca a facenda de Santa Rosa (1863), ao redor da que se desenvolveu a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Empregou o pseudónimo de Matilde Lloria e colaborou nas revistas Vieiros e Posío. Da súa produción destaca Camino del cántico (1949), Caixiña de música (1971), Un fulgor que se apaga (Premio Ausias March 1981), Memoria anterior 1945-1965 (1992), Dou fe (1994), Irrepetible alondra (1996), Diario de una adolescente (1997) e Unha casa no tempo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arabista. É autor, entre outras obras, de Historia de la España musulmana (1925), Historia de la literatura hispanoarábiga (1928) e cinco volumes de Estudios histórico-literarios (1942-1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou arquitectura e cinematografía. Individualmente, expuxo a súa obra no Museum of Contemporary Hispanic Art de Nova York (1989), na Galería de Arte Contemporáneo de México (1991) e no Art Institute of Chicago (1991). Participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, na V Biennale de Artes Paiz de Guatemala (1987), nos Recontres Internationales de la Photographie de Arles (1991) e na V e VII Fotobienal de Vigo (1992 e 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á gripe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andazo de gripe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de edificios iniciados en Inglaterra polo cardeal Thomas Wolsey (1514). Obra mestra da arquitectura Tudor, foi palacio real de Enrique VIII de Inglaterra, que o ampliou e instalou nel o reloxo astronómico. En 1689 sir Christopher Wren iniciou unha reconstrución de ladrillo enriquecido con pedra de Portland, típico exemplo do Renacemento inglés tardío.

    VER O DETALLE DO TERMO